Galicia Nomeada, a ferramenta dixital para salvar dous millóns de topónimos
21/12/2019A Real Academia Galega, en colaboración coa Xunta, vén de poñer en marcha Galicia Nomeada
Un portal e unha aplicación móbil (xa dispoñible para iOS e Android) nos que gardar un patrimonio inmaterial vasto, único. E sobre todo, moi vivo.
É un chamado a colaborar a dous millóns e medio de galegos, que poden achegar ao rexistro a microtoponimia da súa zona.
¿Queres colaborar?
Podes participar na elaboración desta grande obra sobre o noso patrimonio colectivo. Fai as túas achegas cos topónimos que mellor coñezas rexistrándote nesta plataforma. Unha vez que accedas ao sistema, poderás seguir o estado dos topónimos novos que nos envíes e suxerir correccións aos xa recollidos na túa aldea ou parroquia.