VIª Volta ó Cabo Prioiro de Cobas
11/08/2019
A Sociedade Cultural Columba xunto coa Asociación Mestura organizan a VIª Volta a pé ao Cabo Prioiro
Distancia aproximada de 13,5 Km con unha dificultade media-baixa
Saída domingo 11/08/2019 ás 10:30 do aparcadoiro de Santa Comba, pasando pola praia de Santa Comba, o Porto, o Faro, a 3ª Batería,
os Túneles de Proyectores, a 6ª Batería e volta pola estrada da Cova.
Remate no aparcadoiro de Santa Comba (14:30 horas aprox.)
Asistencia libre
Hora aproximada de chegada as 14:30 horas
Opcionalmente, no restaurante Beceiro poderá comerse un churrasco o prezo de 12,5 euros (Churrasco, cachelos, ensalada, criollo, xeado, bebida e café)
Para apuntarse á comida:
616393125 - 653526167
correo@sociedadecolumba.com