Subvención da Deputación da Coruña

08/01/2014

O pasado mes de decembro recepcionouse o mobiliario que tiñamos encargado para mellorar o acondicionamento da biblioteca que esta asociación xestiona na parroquia de Covas. Esta actuación foi motivada pola concesión por parte da Deputación de A Coruña dunha subvención que tiñamos solicitada a tales efectos. Grazas a esta axuda poderemos continuar rexistrando e ubicando parte dos libros que temos acumulados sen poder ofrecelos.