A Sociedade Cultural Columba está a recompilar a lista de naufraxios producidos nas costas de Covas que se ten constancia de forma oral ou escrita.
Cada un deles está referenciado polas súas coordenadas GPS sobre o mapa da localidad así como unha breve explicación.
Se coñecedes máis información sobre os naufraxios recollidos ou outros novos, e queredes compartila para que a incorporemos á web, podedes poñervos en contacto con nós no correo que podedes localizar na nosa web: www.sociedadecolumba.com