Toponimia de Valón (parroquia de Doniños)

12/06/2010, Xabier Monteiro Graña

Pasando o tempo imos dándonos conta da importancia que ten o conservar o máis posible o noso patrimonio etnográfico, vale a pena facer un esforzo. No caso da tradición oral é si cabe moito máis feble e doado de que se esqueza e perda. Hai xa anos entre 1973 e 75, por mor de recoñecer onde estaban situadas as propiedades familiares decidín ir anotando pacientemente os nomes dos diversos lugares (microtopónimos) da zona de Valón, contando claro está coa valiosa axuda dos familiares, os meus veciños do Pereiro para contrastar dúbidas e en especial do meu tío Ramón gran coñecedor de toda a parroquia (Doniños). Os veciños máis vellos sempre tiñan presente como algo moi significativo e de carácter case “sacro” os lindes (marcos) que desde tempos inmemoriais acoutaban o territorio, tanto dos lugares, parroquias, como das antigas xurisdiciós que se foron configurando a través do tempo. Xa desde neno ensináronme onde estaba “A Extrema” de Montecuruto que separaba Valón de Serantes (Xurisd. ant. da.Graña). Tomei en conta para anotar os topónimos aproximadamente uns lindes antigos que comezaban no mar (Barca de Abaixo), subindo ata a “Extrema”, situada no camiño que vai de Montecuruto aos Currás, desde aquí ao Castro dos Pucheiros (Vilasanche), sube ao monte Pico das Xestas, segue cruzando o monte ata a Fonte de Mougá, da a volta por Campaíñas, As Lamas ata baixar a Fonte do Regueiro. Desde aquí sube pola Costa ata o lugar de Ponte (Vila Boíde) continua por monte ata a Pena do Loureiro, desde aquí ao Porto do Río baixando xa polo Valán para Santo Antón da Cabana (capela) ata o mar. Quedando sorprendido da abundancia de nomes en tan pequena zona.

Actualmente levamos coñecido e rexistrado por escrito unha boa parte da toponimia do concello en canto á cultura material se refire –construccións tradicionais.- O feito de ter ido repetidas veces a catalogar en paciente labor un a un, hai xa anos: 54 muíños, 40 igrexas, capelas e ermidas, 109 lavadoiros e 202 fontes do noso concello, ensinoume a ver cantos “tesouros” etnográficos hai nos lugares (rurais) de tódalas parroquias, todos eles de idéntica importancia. Podendo comprobar tamén que moitos dos nomes (topónimos) se repiten, e como tamén algúns deles por perder a súa función ou deixar o seu uso se van alterando (e esquecendo) co paso do tempo, porque as novas xentes xa non coñeceron o seu significado, poño por caso en Valón “os Corgos” e “So os Corgos”, onde miña bisavoa Avelina ía a apozar o liño da casa, figurando en escrituras relativamente recentes como soscorbos/vos, ou orxeira onde se cultivaba o orxo (hordeum/cebada) como urxeira, Manteiguiñas por Mateiguillas, etc.; e a mellor maneira de evitar estas alteracións e deixar na medida do posible un rexistro “por escrito”, co nome e a súa ubicación nun mapa accesible a todo o público.

Figura 1 - A Extrema de Montecuruto
 
Así como vimos coñecendo dos traballos dos señores: Xosé Lois Vilar Pedreira e Roberto Rodríguez Álvarez sobre a talasonimia (Os nomes do mar-topónimos da beiramar, desde Miño a Panxón), que os pescadores teñen un “mapa mental memorizado” do mar, das pesquerías e a costa, tamén podo dicir anque nun medio de maior bonanza, que temos algo semellante “en terra”, os maiores da familia ensináronnos (por transmisión oral) os lindes antigos dos lugares, e das propiedades, os “soutos” onde tiñámolos dereitos para “petelar” as castañas, os prados e canos da rega para virar os seus cursos cada certos días. O muíño e a tanda que nos correspondía, ídem do uso das fontes e lavadoiros. As toxeiras onde ir buscar a estralla. Os diferentes lugares onde medraban varias especies de herbas usadas na mediciña da casa e veterinaria: celidonia, chantá, herba moura, mexos (dente de león), correola, leiterella, menta, couselos, chifles, ortigas, nébeda, etc.), ou as velenosas para o gando: felgos, amargos, etc. A ubicación das colmeas nos montes (abelleiros), as mellores zonas para a caza. Os lugares onde medraban algunhas especies de arbores máis escasos mantíñanse con certo segredo, os freixos, a acacia negra -melanoxilon-(para carros, eixos, arados, etc.), ou onde eran máis dereitos e grosos os viouteiros e abeleiras para facer os mangos máis lixeiros e lisos, as vimbieiras, etc. Así tamén as zonas onde había o mellor barro (barreiras), para a construcción dos muros, fabricación de tellas, para enxertar ou o branco para refregar as tarteiras. As veces para o desgusto dos seus lexítimos donos. Os lugares (pedrerías) de extracción de pedra. Por non falar ase mesmo das leiras máis axeitadas a diferentes tipos de cultivo (liñares, milleira, orxeira, etc.). Todo esto e máis, estaba presente na memoria da vida cotiá no mundo rural e constituíu un xeito de economía de supervivencia agora xa practicamente esmorecida.

O conxunto dos topónimos dun territorio describe moi ben como está planificado o mesmo, ensinando moito máis do que a simple vista parece. A riqueza toponímica aporta aos investigadores datos de indudable valor en diferentes eidos, lingüístico, histórico, etnográfico arqueolóxico, etc. Como di o sr. Elixio Ribas (Comisión Top. Xunta G.) da toponimia, “E tan importante para coñecer o noso pasado como a mesma arqueoloxía”. Tamén comentou que existen máis de 35.000 nomes de entidades de poboación e topónimos menores que nomean lugares, fincas, barrios ou recunchos e que en total poden calcularse máis dun millón deles (A voz de Galicia).

É o caso que no lugar de Valón, de nenos, xogabamos a meternos nas lagoas e as covas de Campaíñas e do monte de Chá (Cha do Lago, Lago, Cova dos Patos…) deixadas polos ocos de violación das mámoas dos buscadores de tesouros de séculos pasados e que as máis das veces no inverno quedaban anegadas de auga. As campiñas (mámoas) que levan aí ergueitas enseñorando a nosa paisaxe durante aló menos 4000 anos, hoxe tristemente moitas delas derrubadas nun intre co circular dos potentes tractores, sen que a ninguén pareza interesar. Antes ben, foron coñecidas e respectadas por constituír un bo número delas os lindes das propiedades e do territorio. Aos nosos poboadores antigos non se lles escapou o coñecemento de ningún destes túmulos xa que todas elas teñen aquí (en Valón) seu nome propio que as caracteriza, a saber: As Campaíñas, (Campaíñas), Os Castelos, (O Castelo), As Furocas, (Furocas), As Lagoas, A Lagoa, a Cova , As Coviñas, A Coviña, Os Coutos, A Modia. Cova da Moura, e Cerca da Cruz. Un bo número delas que se podían ver nas décadas dos 60-70 (1970) hoxe xa desaparecidas para sempre. E como non tamén os castros, Casa dos Gafos ou Castelo dos Mouros (O Castillo-Pereiro de Valón), Castro dos Pucheiros =Os Pucheiros = Montiño Mouro (Vilasanche). A Torre de Valón Vello (construcción valada de pedra coa súa torre, que foi a que deu orixe ao poboamento de Valón) Un turris tardo-romano ou unha fortificación medieval...? Os maiores da familia aínda a recordaban enteira en pe, que lástima da perda de dito monumento. A cruz co seu pedestal de pedra que levaba aí cristianizando o cemiterio das mámoas (prehistóricas) quizais máis de 1000 anos, do lugar da Cruz, e que os poboadores naturais de Valón o respectaron desde a súa orixe durante 4000 anos; onde os nosos antigos ían levar ofrendas a deuses (antigos) que quizais xa non coñeceran por esquecidos pola cristianización e só porque sempre fixérase así e resultaba reconfortable, a pedir saúde, a quitar os meigallos ea pousar o cadaleito (pregando unha oración pola alma do seu defunto) camiño do novo cemiterio xa cristián. Hoxe está tamén desaparecido. Todo esto actualmente é patrimonio arqueolóxico da cultura galega e está protexido pola lei, claro está so na teoría. Non está demais unha boa limpeza ea declaración destas zonas como “zonas protexidas”, parque arqueolóxico con carteis e vixilancia, como é o caso noutros lugares da Europa que coidan con moita sensibilidade, primor e agarimo.

“Tu dices: que Galicia es muy pequeña. Yo te digo: Galicia es un mundo. Cada tierra es un mundo entero. Podrás recorrerla en poco tiempo de norte a sur y de este a oeste; podrás volver a recorrerla una y otra vez; no conseguiras andarla del todo. Y cada vez que la recorras encontrarás cosas nuevas. (…) Puede ser ella pequeña en extensión, pero en hondura, en entidad, es tan grande como quieras.”

Vicente Risco.

A toponimia é unha paixón, é como escoitar aos avós dos avós»

Fernando Cabezas Quiles

Figura 2 - Campaíña fronte a Ría de Ferrol (Mámoa)
 
Como xa deixara posto na páxina web de S.C. Columba, nos anos 1997/98, nunhas breves notas para iniciar o contido da mesma, xa que partíamos de cero; que a maioría dos topónimos explícanse por se mesmos, pero o estudio da toponimia en profundidade corresponde aos especialistas en lingüística das linguas antigas, xa que ao ser Galicia unha rexión poboada desde o Paleolítico polas súas boas condicións para a supervivencia humana, é poseedora dun substrato de linguas antigo-europeas, proto-indoeuropeo, proto-celta, celtibero, latino, xermánico, etc. dos nosos poboadores desde tempo ancestral.

Non procede poñer aquí as miñas notas sobre os nomes tomadas de campo “in situ”, nin o mapa de ubicación, pero si podo poñer un exemplo do meu sistema de traballo levado a cabo naqueles anos, como mostra, para a curiosidade do lector. Exemplo. Cortiña (A). -Abaixo dos Pedreiros e detrás da casa de Chiruca. Cortiña (A). -Baixando para A de María (unha leira) desde Vila Boide. Cortiña (A). -Por detrás da Fragua de Valón. (Son tres lugares distantes entre si e co mesmo nome). Cerca dos Velos. –Monte arriba do camiño do Cal (de Valón). Corredoira do Roxo. -Camiño desde o Alto de Valón que vai por detrás do Curro Grande. Milleira (A). -Preto de Lavandeira. Pasando a casa de Lata. O Beque.- No inicio do camiño real desde Porto do Río a Brión a má esquerda. E así tódolos demais. Sei por experiencia que sempre queda algo pero esto é inevitable. Estas notas dos nomes de lugares acadan hoxe un certo valor etnográfico, xa que familiares e veciños daquel entonces, xa non están connosco. Nin que dicir ten, a conveniencia de que tódalas parroquias fixeran unha colleita toponímica e quen mellor que os veciños naturais de cada lugar que son claro está, quen mellor a coñecen.

Figura 3 - Lomba do Pereiro-(Castro-Casa dos Gafos)

Listado dos topónimos por orden alfabético

Abelleira (Pena)

Abelleiros (Os)

Alto de Valón

Acarroado

Ares (Os)

Arella (monte)

Bárbora (Campo de)

Barca (A)
/de Arriba /de Abaixo

Barreira (A) (de Abaixo)

Barreira (A) (de Arriba)

Barreiro (O)

Barranqueira

Baterías (As)

Beque (O)

Beques (Os)

Bico da Costa

Brixerías (As)
/A Brixería

Bullas (As)

Cabana (A)

Cabreira (A)

Cal (O).(dúas veces)

Cal da Lomba

Cal dos Pegos

Calexón (O)

Campo de Bárbora
( Bárbora)

Campo (O)

Campo do Monteiro

Campo das Monxas

Campo dos Mouros

Campo da Pulga

Campo de Prado

Campaíñas (As)

Campeira (A)

Camiño do Cal

Camiño do Pereiro

Camiño do Rancaño

Carballal (Monte)

Carballás (Os)
(dúas veces)

Casa do Cereiro

Casa do Ferreiro

Casa dos Gafos

Casa Vella (A)

Casal (O)

Casal de Ponte

Castelos (Os)

Castelo (O)
(dúas veces)

Castelo dos Mouros

Castro (O)

Castro das Lamas

Castillo

Cerca de Cruz

Cerca dos Velos

Cemiterio de Nenos sen Bautizar

Cemiterio dos Ingleses

Cemiterio (O)
(de Doniños)

Cerca Nova

Conde
(tres veces)

Corgo

Corgos (Os).
/So os Corgos/Soscorgos
/Soscorvos/Escorvos./b/

Corredoira de García

Corredoira do Pereiro
/A Corredoira

Corredoira do Roxo

Cortiña (A)
(tres veces)

Costa Brava

Coto da Pena

Coto do Ferreiro

Coto da Piona

Coto de Ponte

Coto do Pereiro

Coto de Valón

Coto de Vilar (O)

Coval (O)

Cova da Moura

Cova dos Patos

Coviña (A)

Costa Brava

Costa de Lavandeira

Costa do Regueiro

Coutos (Os)

Cuartelillos

Cuartelillo (O)

Curro de Pedras

Curro da Lagoa

Curro Grande

Curro Pequeno

Curro (O)

Curuxa (A)

Cruz (A)

Cruce (O)

Cruceiro (O)

Cha (Monte)

Chafariza (A)
(dúas veces)

Cha do Lago

Chousa (A)
(dúas veces)

Chaira

Doniños (A Parroquia)

Encima da Fonte
(dúas veces)

Extrema (A)

Ferrallas (As)

Ferro do Arado

Ferreixoa

Fondón (O)
(dúas veces)

Fonte (A) - (deValón)

Fontes (As)

Fonte Cega

Fonte da Corredoira

Fonte de Foxo no Val

Fonte da Galiña
(dúas veces)

Fonte de Lavandeira

Fonte do Pereiro
/Fonte dos Velos

Fonte da Pradela

Fonte do Regueiro

Fonte de Valón

Fonte de Valón Vello

Fonte do Valán

Fonte da Varcia
(F. de Mougá)

Fonte de Vilasanche.
(Fonte da Pancha)

Fonte de Vila Boide

Foxonoval

Fragua (A) (Fragua de)

Furocas (As)

Iglesiario (Monte)

Lagoa (A)
(tres veces)

Lago. No monte de Cha

Lamas (As)

Lamela (A)

Lamelas

Landroves
(dúas veces)

Lavandeira

Laxe (A)

Leiriña (A)

Licaina (A)

Mateiguillas /Manteiguillas

María (A de).
Leira de María

Martices

Mehá (Monte)

Milleira (A)

Modia (A)

Monte Castelo

Monte Vello

Monte do Coto

Monte dos Coellos

Monte de Penas Chas

Montecuruto

Montiño Mouro

Morcegas (As)

Mougá.

Mougá de Arriba

Muíños (Os)

Muíño do Valán

Muíño de Valón

Muíño da Lousa.

Muro Novo

Muro da Filgueira

Muxía (A de)

Outeiro

Penas Chas

Pitocán (O)

Porto do Río

Ponte

Ponce

Porta de Sixto

Pucheiros (Os)

Pumar (O)

Pradela (A)
(dúas veces)

Prado Redondo

Rancaño

Redonda

Regoña

Regueiro (O)

Regueiro de Abaixo

Regueiro da Auga

Regueiro de Pedreira

Ríos (Os)

Río de Valón. (Lavadoiro)

Río de Valón Vello(Lavadoiro)

Río de Lavandeira (Lavadoiro)

Río do Regueiro (Lavadoiro)

Río do Valán

Rexidoiro (Marco)

Roxadoiro (Río)

Roza (A)

Salgueiro (O)

So Cuartel

Souto (dúas veces)

Souto do Cal dos Pegos

Souto do Regueiro

Souto do Valán

Souto de Valón

Soscorgos
/So os Corgos/Os Corgos
/Soscorvos/Escorvos.

Terreo (O)/Tarreo.

Torre (A)

Torreiros (Os)

Tras da Milleira

Tralachousa /Tras da Chousa/

Tralatorre /Tras da Torre

Treuma

Valán (O)

Valgada

Valón

Valón Vello /Valonvello

Varcia (A)

Vilasanche

Vila Boide /Vilabuide
/Villa Boide/

Viso

Volta de Topete

Xiralde /Giralde/

Zancada (A)
(dúas veces)

Son 209 microtopónimos sen contar os nomes que se repiten.

Notas: Sobre algúns topónimos de rueiros habitados.

(1)-Barca A. –De base precelta, barc/barg. Costa; concavidade en costa ou depresión en altura.

(2)-Pereiro/Lomba do Pereiro.-Da raíz preindoeuropea pett/pitt= altura, elevación, prominencia, pico. Relacionado mais ben con pirario-lu/pirariu>pereiro, tamén pirulo/a, = picudo. Lugar ou monte de certa elevación as veces pedregoso. Para outros que eu penso menos adecuado, de petra-petrariu, lugar pedregoso, abundante en pedras. Xa que Os Pedreiros están moi abaixo deste monte perfectamente definidos na toponimia. Non ten significado de arbore frutal-pereiras).

(3)-Mougá.- Da raíz preindoeuropea mok/muk= altura, elevación, prominencia, pico-(F. C. Quiles). Aínda que eu penso que está máis ben relacionado con Varcia. Hidrónimos de lugares en depresión regados con auga (Do río de Mougá ou Río Ruxidoiro, polo ruído que fai no seu paso). En latín vacuus, galego vougo/a que indica vacío. En galego lles chamamos “vacías”. Aínda hai outra posibilidade que derive dun hidrónimo antigo, vouga "vacua" = río, /auga/. Para meu entender sería un hidrónimo e non un orónimo. Xa que as alturas de Mougá están perfectamente nomeadas e definidas e Mougá queda nunha bagoada entre os montes máis altos da zona regada por un río.

(4)-Valón/Balón. Balone= vallun (valado/cast. vallado/ trinchera) + one (sufixo aumentativo)=Lugar valado. Do antigo lugar valado de pedras da Torre deValón Vello.

(5)-Vila Boide/Vila Buide/Villabuide. Buide=boniti. Do latín Uilla boniti.

___________________________

-(1 e 3) Fernando cabeza Quiles.Os nomes da terra.Os nomes de lugar

-(2 e 5) A. Moralejo Lasso, Toponimia gallega y leonesa.

-(4) Luís Monteagudo García, Etimologías de topónimos coruñeses.

Por se alguén quixera afondar no significado dos nomes de lugares galegos déixolles unha pequena bibliografía que levo consultado habitualmente, onde están explicados a maioría dos nosos topónimos:

- Toponimia gallega y leonesa. A. Moralejo Lasso.

- Etimologías de topónimos coruñeses. Luís Monteagudo García.

- Os nomes de lugar.- Os nomes da terra. Fernando Cabezas Quiles.

- Toponimia del concejo de Pontedeume y cartas reales. Isidoro Millán González Pardo.

- Hidronimia y Léxico de origen paleoeuropeo en Galicia. Edelmiro Bascuas

- Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega. Edelmiro Bascuas

En Ferrol.- Outono de 2009 - Xabier Monteiro Graña

<< Volver