Os nosos cabazos

17/01/2026, Paulino Gasalla

​​

Estamos afeitos a ver esas pequenas construcións que se atopan na maioría de casas labregas, onde gardabamos para curar e secar produtos agrícolas como espigas de millo, fabas, chícharos etc., co obxecto de preservalas dos ratos e as humidades. Case sempre as chamamos a todos hórreos.

Pero non, na zona do Prioiro, temos ademais dos hórreos, a os cabazos. E é tamén certo que cada vez menos persoas son capaces de dicir cales son hórreos e cales cabazos. Por suposto trátase da denominación que aquí lle damos, independentemente da gran cantidade de diferentes tipos de cabazos que hai por toda Galicia, Asturias e norte de Portugal, aínda que cada vez e por desgraza en menor cantidade.

A diferenza entre os nosos hórreos e cabazos son fundamentalmente dúas. Os hórreos teñen a base pechada en toda a súa extensión, salvo que dentro haxa algún almacén, ou un pozo, ou un lavadoiro. Sobre ela atópanse as rateiras ao longo de toda a base do pe. Os cabazos teñen dous pés e sobre cada un deles as rateiras.

Fig. 1 -  Hórreo da Casa do Santo
Fig. 1 - Hórreo da Casa do Santo

 

As cámaras dos hórreos son nalgúns casos totalmente de pedra ou só as columnas como na maioría, e os balagustos, cintas, tesoiras, soleiras, cumes e piques de madeira (ou materiais modernos: ladrillos, bloques, cemento…). As cámaras dos cabazos son sempre na súa totalidade de madeira, incluídas as trábes que soportan a cámara.

Polo xeral atópanse en bastante mal estado ou case totalmente derruídos, hoxe unicamente imos comentar os de Esmelle, onde só quedan seis máis ou menos enteiros e os restos dos pés doutros cinco.

O da casa de Mercedes de Agapito en Esmelle ten os pés e as rateiras de cemento, a cámara é totalmente de madeira e o tellado de tella do país. Foi reconstruído polo seu propietario fai uns 30 anos.

Fig. 2 - Cabazo da Casa de Mercedes de Agapito
Fig. 2 - Cabazo da Casa de Mercedes de Agapito

 

O da casa de Higinio en Os Mighés atópase en bo estado, os pés e as rateiras son de cemento, a cámara totalmente de madeira co tellado de tella do país.

Fig. 3 - Casa de Higinio en, Os Mighés
Fig. 3 - Casa de Higinio en, Os Mighés

 

O da casa Reitoral próxima á Igrexa Parroquial, ten os pés de pedra recebada e as rateiras de lousa, a madeira da cámara atopase en mal estado, o tellado é de lousa e tella.

Fig. 4 - Casa da Reitoral
Fig. 4 - Casa da Reitoral

 

O da casa de Lucas en Moughá ten os pés de pedra recebada con rateiras de lousa, a cámara ten madeira en mal estado, o tellado é de tella do país.

Fig. 5 - Casa de Lucas, en Mougá
Fig. 5 - Casa de Lucas, en Mougá

 

O da casa de Pichón en Chá da Mariña ten os pés de pedra con restos de recebo, as rateiras son de lousa, a cámara totalmente en madeira en moi mal estado, o tellado en tella do país case totalmente derruido.

Fig. 6 - Casa de Pichón, en Chá da Mariña
Fig. 6 - Casa de Pichón, en Chá da Mariña

 

O da casa do Banco na Castiñeira, ten os pés de pedra recebada e as rateiras de lousa, a cámara ten a madeira en bastante bo estado e o tellado de lousa e tella.

Fig. 7 - Casa do Banco, na Castiñeira
Fig. 7 - Casa do Banco, na Castiñeira

 

O da casa de Pepe de Colasa en O Peirón Lodeiro, só conserna os pés de pedra e as rateiras de lousa, así como unha trabe.

Fig. 8 - Casa de Pepe de Colasa, en O Peirón, Lodeiro
Fig. 8 - Casa de Pepe de Colasa, en O Peirón, Lodeiro

 

O da casa de Rafa e Susana (antiga casa do Tiburón) na Castiñeira, só conserva os pés de pedra e as rateiras de lousa, as trabes son novas xa que atopase en fase de restauración.

Fig. 9 - Casa de Rafa e Susana (antiga Casa do Tiburón) na Castiñeira
Fig. 9 - Casa de Rafa e Susana (antiga Casa do Tiburón) na Castiñeira

 

O da casa de Silvar na Cortiña, só conserva os pés de pedra e as rateiras de lousa.

Fig.10 - Casa de Silvar, na Cortiña
Fig.10 - Casa de Silvar, na Cortiña

 

O da casa de Gerardo en Moughá, só conserva un pé de cemento con rateira de lousa.

Fig.11 - Casa de Gerardo, en Moughá
Fig.11 - Casa de Gerardo, en Moughá

 

O da casa da Cascarilla en Lodeiro, só conserva un pé de pedra con rateira de lousa.

Fig.12 - Casa da Cascarilla, en Lodeiro
Fig.12 - Casa da Cascarilla, en Lodeiro

 

Este pequeno resumo habería que facelo tamén nos cabazos de Covas e Marmancón. Con todo comezamos polos de Esmelle. Espero que non se me esquecese ningún, se así fose pido desculpas.

 

 

<< Volver