O pecio descoñecido de Santa Comba

25/03/2015, José López Hermida / Fernando Patricio Cortizo

Dende moi pequeno escoitei falar do barco de Santa Comba ó meu pai, e sobor de todo a dúas persoas xa falecidas, o meu avó Pepe e a Jean de Pita. Todos me contaban “que había un barco soterrado na area da praia de Santa Comba” que era de madeira e que tiña que ser moi antigo, pois non tiña cravos nin ningún elemento metálico; tamén contaban que cando o mar o desenterraba, sacábanlle táboas e ía desaparecendo como si o comeran os ratos.

Meu avó, con algunha desas táboas recuperadas do barco, fixo unha cabaneta pegada á casa donde nacín, cabaneta que eu aínda recordo.

 

Foto 1. Situación do pecio

 

Alá polos anos setenta do século pasado, puiden ver o “dichoso barco” por primeira vez, somentes a natureza deixou á vista un par de cuadernas e algo dun costado, pero foi unha confirmación do que tantas veces escoitara e que até ese preciso intre semellaba un misterio para mín; dúas veces máis puiden ver asomar esas cuadernas que sobresaían da area despois de certos temporais. Pero no ano 2014, o día catro de xaneiro, chamoume Alfonso Montero del Río, para dicirme que aparecera de novo o barco. O día seguinte fumos a velo os dous, e efectivamente alí estaba o descuberto, pois a praia estaba completamente descarnada (Foto 1) e nalgúns sitios semellaba un coidal; isto llo debemos a un fenómeno denominado cicloxénese explosiva, algo novo para mín (aquí coñecido por temporal), cicais sexa o intre de pensar que o mar está subindo de nivel, poidendo ser por un ciclo natural ou polo preocupante cambio climático, pero a verdade é que os que nacimos no ano 1950, notamos grandes trocos nas praias dende entón.

 

Foto 2. Eslora

Foto 3. Alfonso Montero medindo a eslora

 

Todo isto semella un sono, pero como tal, desaparece o espertar, pois ós poucos días a cicloxénese que nos ensinou o barco de Santa Comba, levouno, o mesmo día que a Xunta de Galicia comisionou a unha empresa arqueolóxica para o seu estudo, sen que se poidese facer nada xa polos restos da embarcación, pois nós despois de varios intentos por recuperalo, só acadamos unhas reportaxes fotográficas e videográficas que xuntamente co publicado na prensa e nesta revista, poden manter aínda vivo ese soño.

Os estudos realizados sobre o tipo de embarcación que pode ser o pecio de Santa Comba, non aportan a claridade desexada para a súa identificación (análise da madeira, formas, medidas, comparación con outras embarcacións coñecidas, opinións de museos extranxeiros, etc.); o que sí nos parece é que se pode datar o redor do século Xvi, pois vese con claridade que o seu casco está construido a tope.

 

Foto 4. Detalle do pecio

Foto 5. Detalle do pecio

 

Temos varias hipóteses sobre esta embarcación; unha delas foi a aportada por Alfonso Montero del Río, basada, en parte, en varias publicacións atopadas grazas a súa investigación. Unha desas publicacións que leva por título El Comercio marítimo vizcaíno y guipuzcoano en el Atlántico peninsular (Asturias, Galicia, Portugal y Andalucía) y con los archipiélagos de Canarias y Madeira al principio de la Edad Moderna, cuxo autor é Barkham Huxley Michel, traballo que foi editado por el Unzi Museo Naval, Donostia de San Sebastián, no ano 2003, na súa páxina 145 nos di: “(…) Una de las zabras fue la Trinidad, de 60 toneladas, (…) (…) El 1 de marzo de 1573 Hubilus la fletó de nuevo para transportar 27,2 toneladas métricas de hierro y 55 << flexes de arcos de palo>> a Andalucía desde donde debía de navegar a Terra Nova para la pesca del bacalao (…) (…) pero la zabra naufragó en la costa de Ferrol a la ida (…).” O descobrimento deste texto pode dar pe a un estudio posterior sobre dito pecio.

 

Imaxe 1. Recreación de la embarcación de 13 metros E.T. y 4,25 de manga

Imaxe 2. Detalles de la estructura y varengas acodadas

 

A zabra era unha embarcación que se empregaba como mercante e coma corso, pero tamén para a pesca, cuxa eslora adoitaba ter entre 11,5 e 17 metros e o seu porte abaneaba entre as 30 e as 60 toneladas, aproximadamente. Empregábase para a navegación nos mares de Biscaia e na Edade Media e a principios da moderna.

Outra hipótese, sempre dentro das embarcacións atlánticas, pode ser a pinaza, de semellante envergadura, cunha eslora entre 10 e 12 metros. Tamén se baralla a opción de que a perda desta embarcación, fóra producida por unha varada voluntaria na praia, pois na época a falla de instalacións portuarias obrigaba á construcción deste tipo de cascos de pouco calado, que permitiran a varada para descanso ou para cargar e descargar mercadoría. Básome nunhas construccións de pedra que están aparecendo moi preto de onde aparecíu o barco (Uns 70 metros). Todas as hipóteses poden ser o comezo dun novo estudo arqueolóxico da zona, onde ademáis seguen a aparecer soterramentos dos que seguimos sen saber, tanto a súa antigüedade, coma a súa tipoloxía.

 

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

 

Aínda lembro a visita que fixen á casa Benito López Díaz, a tarde do 15 de maio do 2013 no lugar de Prior, en Cobas, na compaña do seu neto Javier. Foi este veterano mariñeiro o que me contou historias de naufraxios dende a zona de Campelo a San Xurxo. Sobre os restos do barco que dan título ó artigo do noso traballo, foi testemuña da súa existencia o propio Benito López Díaz, cando aló pola década do 1940-50 o temporal sacou á luz o seu casco, que até ese preciso intre ficara soterrado na area no final da praia de Santa Comba, preto dos crebadoiros. Algúns veciños da zona sacaron moita madeira deste pecio, principalmente os que as súas casas se atopaban máis preto del, incluso o propio Benito fala de que seu pai fixera un cabanote cos anacos desta embarcación, que aparecíu semisoterrada paralela á praia e coa súa proa mirando á ermida de Santa Comba. Tamén se sabe que do seu interior extraíuse louza, e que existen viviendas nos arredores que conservan ditas pezas, as cales sería de vital importancia estudialas, para datar con máis exactitude a cronoloxía deste pecio, dato do que xa nos adiantou información nas anteriores liñas, José López Hermida.

 

Foto 6. Piedra de sílex

 

Na praia de Santa Comba onde se perdíu a embarcación que xenera dito estudo, existe unha gran cantidade de pedras de sílex, pedras de lastre que eran empregadas nas embarcacións antigas para manterse adrizadas e que cando arribaban o seu destino, sustituían a carga por dito lastre que se guindaba ó mar. Obviamente ditas pedras, non son orixinarias de Galicia. Non se voltaron a ter novas desta embarcación, até que José López Hermida e o seu fillo Javier, fillo e neto de Benito, respectivamente, vanse a atopar de novo cos restos deste pecio e van a ter a sorte de “experimentar” o que era un naufraxio soterrado completamente na area e en seco, a finais da década dos setenta do século pasado. O barco todavía conservaba a súa quilla e parte das súas cadernas. Entre os sus restos foron achadas abundantes pedras de pedernal. Púidose observar nesta ocasión que había pezas da súa estructura que encaixaban noutras por medio de grosos espichos de madeira.

Case que 35 anos despois, e por terceira vez, en concreto no mes de febreiro de 2014, transcurridos tres meses de terribeis e sistemáticos temporais que azoutaron a costa galega neste durísimo inverno, (o pior que lembraban os vellos mariñeiros na súa vida), o descoñecido e misterioso pecio de Santa Comba voltou de novo a estar de actualidade, por mor a que o mar por vez primeira que se teña constancia, o excavou por compreto até deixalo íntegramente o descuberto, coméndose as fortes mareas e os temporais tres metros de altura de area da praia de Santa Comba.

Sobre os restos deste barco, Alfonso Montero del Río sostén unha teoría de que se pode tratar dunha chalupa baleeira de 12 metros de eslora; cortando un groso tronco de carballo en forma de “v”, construíanse as cadernas nos 2,5 primeiros metros, tanto na proa como na popa, á que se lles unía unha longa quilla de 10 metros, sobre a que se colocaban as cadernas e sobre éstas, de quilla a regala, os baos con grandes pasadores de madeira que encaixaban na súa fila inferior. A madeira empregada na obra morta era piñeiro, mentres que na obra viva empregouse carballo. A proa da embarcación miraba para Santa Comba e foi precisamente nesta sección do pecio, onde Alfonso Montero localizou unha barra de ferro, da cal afirma que pódese tratar dos restos dun arpón para a captura de cetáceos. O pecio posuía un dobre forro, tanto pola súa parte exterior, coma pola súa parte interior, coas táboas cruzadas para dotar de máis resistencia e flexibilidade ó casco.

A tardanza e a indecisión do goberno da Xunta de Galicia, con respeito ós restos deste pecio que se estaban a destruir polo temporal, provocou neste mes de febreiro de 2014, un acalorado debate na páxina de facebook, Naufragios, onde os mellores e máis cualificados expertos en arqueoloxía subacuática do país, lamentaban o abandono da administración galega ó non actuar para protexer dito barco, co inminente risco de perderse para sempre, como finalmente aconteceu. Os medios de comunicación escritos:

Diario de Ferrol, https://www.diariodeferrol.com/texto-diario/mostrar/2487185/restos-pecio-santa-comba-estan-deteriorando-efecto-mareas,

La Voz de Galicia, http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2014/02/22/columba-lamenta-fal-ta-medidas-conservar-pecio-santa-comba/0003_201402F22C5992.htm, e

La Opinión, o día 22 de febreiro de 2014, sacaban as súas respectivas reportaxes dando cobertura á nova, e anunciando o achádego doutros pecios e de áncoras líticas que tras os fortes temporais quedaran tamén ó descuberto dende a Costa da Morte a Ribadeo.

No blogue http://arqueotoponimia.blogspot.com.es/2014/02/santa-combina-bendita-ten-un-navio-no.html, escribíase:

“La Sociedade Cultural Columba, antes de haber notificado la aparición del pecio, había recogido numerosas leyendas populares que narraban el naufragio de Santa Comba y su amado San Silvestre en la costa do cabo Prior (Cobas - Ferrol). No puede dejar de evidenciarse la coincidencia entre realidad y ficción, por lo que creo que los restos de este y otros naufragios (frecuentes en la costa de Cobas), que los naufragios atlánticos en general, tendrán que estudiarse a partir de ahora como potentes generadores de la mitología celtoatlántica que describe la llegada de santos por vía marítima.

Una pequeña muestra del folklore recogido pola Sociedade Cultural Columba respeito o naufraxio de Santa Comba, en combinación co pecio recentemente descuberto polo mar, pon de manifesto ó trasfondo real que subxace tras o patrimonio inmaterial construido polas lendas…

  • Foron navegando, navegando, ata atoparse cun temporal moi grande no que naufragaron, desaparecendo o irmán, e eles apareceron na illa.
  • Se di que algúns días dependendo de cómo traballe o mar, aparece un sartego de pedra soterrado na praia das fontes, e outros din que onde se aparece é no areal que hai baixo a mesma ermida.”

 

Imaxe 3 y 4. Rexistro de entrada do Parlamento de Galicia con unha pregunta sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia para evitar o deterioro dos restos arqueolóxicos correspondentes ao pecio aparecido na praia de Santa Comba ...

 

As elevadas e reiteradas queixas dos membros da páxina de facebook Naufragios, nas redes sociais e especialmente dalgúns socios da propia S.C. Columba, fixeron que a presión mediática provocara que finalmente acudira ó lugar do achádego do pecio un arqueólogo contratado pola propia Xunta de Galicia para facerse cargo do caso, despois de que tamén o BNG formulara no Parlamento de Galicia con data do 23 de abril de 2014, dúas preguntas ó goberno para instar á conservación dos restos do antigo naufraxio. Algunhas das pezas deste barco, que foron esparexidas polo mar ó longo do areal de Santa Comba, foron recollidas e entregadas por un socio da S.C. Columba a un afamado arqueólogo para o seu estudo e posterior conservación.

Nestes días de inquedanza pola non actuación do goberno galego para protexer o pecio, e fronte a dúbida que sementaba a procedencia da embarcación de Santa Comba, un dos socios da S.C. Columba enviou un correo electrónico ó Museo dos Barcos vikingos de Oslo, para pedir a opinión dos seus expertos sobre o achádego destes restos. Ésta que reproducimos a continuación, foi a resposta que obtivo por un dos arqueólogos noruegueses, somentes ás dúas horas de enviarlle o correo electrónico:

Dear Fernando Patricio Cortizo

Thank you for your email with the interesting information about the shipwreck at Santa Combo.

I am convinced that although the wreck may be ancient, it is not of Viking origin. The Viking ships were built in lapstrake technique, that is, with the planks in the hull overlapping each other and fastened together along the edges. Further the frames were spaced quite far apart (75-100 cm), in order to produce a light and flexible vessel.

On the pictures I see that the wreck from Santa Combo is built in carvel technique, that is, with the planks lying edge to edge and only being fastened to the framing, not (generally) to each other. Also, I see that the frames are placed very closely, sometimes even side by side. Non of this is something that we find in Viking shipbuilding.

Carvel building was used in the Mediterranean and along the Atlantic shore since Antiquity, and were in use up to modern times. It is thus not possible - for me at least - to date the Santa Combo wreck from the pictures, but certainly experts on ship archaeology from France, your own country, or Italy can help you with this.

Yours
Jan Bill

 

--------------------------------------------------------------------

 

Querido Fernando Patricio Cortizo

Gracias por su correo electrónico con la interesante información acerca del naufragio en Santa Combo.

Estoy convencido de que si bien el naufragio puede ser antiguo, no es de origen vikingo. Los barcos vikingos eran construidos en técnica lapstrake (ingladillo), es decir, de forma que las tablas del casco se superponían una a otra y se fijaban por los bordes, técnica denominada ingladillo. Además, los marcos se separaban bastante (75-100 cm), para conseguir una embarcación ligera y flexible.

En las fotos se aprecia que la embarcación naufragada en Santa Combo está construida con técnica de carabela, de modo que las tablas se yuxtaponen y se fijan a la armazón y (generalmente) no una a otra. Además, puede verse que los marcos se colocan muy cerca, a veces incluso de lado a lado, lo que no es propio de la construcción naval vikinga.

La técnica de carabela se utilizó en el Mediterráneo y a lo largo de la costa Atlántica desde la Antigüedad, y siguió empleándose hasta los tiempos modernos. Por lo tanto no es posible —al menos para mí— datar el pecio de Santa Combo por las imágenes, aunque sin duda los expertos en arqueología marítima de Francia, italia o de su propio país, podrían ayudarle con esto.

Suyo
Jan Bill

<< Volver