O centro agricultor de San Martiño de Covas

10/04/2005, Manuela Santalla

​​

O igual que o Centro Campesiño de Cultura, o Centro Agricultor, xurde no ano de 1913, na parroquia de Covas, no antigo concello de Serantes; aínda que a diferencia do primeiro, o Centro Agricultor manterá os seus fins sociais e nome dez anos máis, ata 1936, ano que se inicia a Guerra Civil española, que transformará profundamente a historia recente do noso pais.

Serán estes anos, a década de 1919, de gran confianza no futuro industrial e socioeconómico tanto no concello de Ferrol, como no concello de Serantes, tralo arrendamento do estaleiro e unha parte do arsenal á Sociedade Constructora Naval en 1909. Anos de gran inquedanza asociativa que favorecería un importantísimo tecido cultural e político en toda a comarca.

Cara a década de 1920, o concello de Serantes está composto 110 aldeas e un “lugar” os Corrais, que viría a se a “capital”, onde se atopa o concello. A parroquia de San Martín de Covas, ten 1.078 habitantes e consta de 240 edificios, deles 47 de planta baixa e 193 cun piso, repartidos entre os lugares de Aldea, Cobarradeiras, –que presenta o maior número de habitantes–, Pedreira, Prioiro, Raxón e Soagraña. Terá San Martín dúas escolas nacionais, un posto de carabineiros adicados a vixilancia da costa, unha sociedade de gandeiros, un sindicato vinculado á Unión Xeral de Traballadores (UGT), que agrupa os oficios varios –albaneis, carpinteiros, canteiros, etc. –, e dúas sociedades instrutivas e recreativas: o Cento Campesiño de Cultura (1913-1927) e o Centro Agricultor (1913-1936).

Imaxe 1. Selo do Centro Agricultor de Cobas
Imaxe 1. Selo do Centro Agricultor de Cobas

Segundo o regulamento aprobado polo goberno civil da Coruña en 1913, baixo a presidencia de Juan Pedreiro Prieto, e secretario Eleuterio Leal Rodríguez; a sociedade instrutiva e recreativa, “Centro Agricultor” de San Martín de Covas, ten o seu local social provisional nunha casa sen número, contigua á estrada, no sitio de Faiña, lugar de Aldea.

 Este regulamento consta de máis de 60 artigos, destacaremos os máis importantes para subliñar a súa actividade.

No 1º artigo, destaca que o seu fin “es agrupar en su seno a todos los individuos de ambos sexos que observen una correcta conducta, al objeto de proporcionar a los mismos no solo los adelantos modernos en todo lo que se relaciona  con la agricultura para el mejoramiento de sus cultivos, sino también evitar riñas, pleitos viciosos y todo cuanto redunde en perjuicio a sus intereses, como también a facilitar cuantos beneficios puedan obtenerse en favor de las pérdidas inevitables de cada socio pueda tener y atender a la instrucción de los mismos y sus hijos en la forma que se considere más oportuna. Y para su solaz y distracción, se organizarán diversos festivales, tales como veladas musicales, funciones teatrales, espectáculos, bailes, etc.”

No 2º, contempla que se “prohíbe en absoluto toda clase de juegos que sean ilícitos y discusiones sobre política y religión dentro del local”.

Para a instrución dos seus asociados, o artigo 3º di: “Se establecerá una escuela diurna y nocturna en el local, para los socios y sus hijos, con recursos facilitados por los mismos, para cuyo efecto se llenarán los requisitos que determinen diversos reales decretos (refírese á lexislación do estado en materia de ensino)”

En canto ao horario escolar, segundo o 4º: “serán las que convenientemente se designen buscando siempre las más libres de las faenas agrícolas”

No 5º, destaca que: “las clases nocturnos solo serán de noviembre a marzo inclusive de cada año, por ser estas noches las más largas del año”

Sobre o lecer, diranos no 6º que: “Todos los domingos y días festivos estará el local del centro abierto, al objeto de que sus socios y familias, que vivan dentro de sus casas puedan pasar sur ratos de ocio en todo lo que sea lícito y enterarse e instruirse en las revistas científicas y agrícolas, que al efecto estarán de manifiesto por el conserje destinado a dicho fin”.

Os fins sociais e benéficos se contempla no 7º: “A todo socio o socia que la junta considere en justificada necesidad se le facilitará un socorro en metálico, según sus circunstancias lo exijan y los fondos de la mismo lo permitan”.

Como curiosidade, a información sobre os diversos actos, se establece a través do izado de bandeiras. No artigo 8º, dinos que: “las juntas generales que se celebren, además del aviso verbal que pueda darse para fijar día y hora, se anunciarán también por medio de la bandera nacional, que se izará en el local de la misma, desde la mañana hasta el anochecer”.

Cambiará a bandeira, segundo o artigo 9º “en la celebración de festivales, de los que dará conocimiento verbal y se anunciarán por medio de una bandera blanca, izada desde la mañana hasta el anochecer”.

Como todas as asociacións de semellantes fins sociais, contempla diversos tipos de socios: protectores, honorarios, permanentes e eventuais.

Segundo os artigos 10 e 18, os socios protectores, son os que contribúen con donativos en metálico, libros e outros efectos para o seu sostemento e progreso. Os socios honorarios son os que prestan servicios de vital importancia para a sociedade

Os socios permanentes, admitidos pola xunta directiva é imprescindible que estean aveciñados na parroquia de San Martiño de Covas, San Xoán de Esmelle, San Xurxo e Marmancón e todos eles contribúen o sostemento do centro cunha cota mensual de 0,50 céntimos de peseta. Serán os únicos socios que teñan dereito a voz e voto.

Por último, os socios eventuais serán aqueles, que en datas concretas como verán, residan en Covas, e para optar os festivais ou bailes organizados pola sociedade, pagarán unha cota extraordinaria fixada pola xunta directiva.

Esta xunta directiva, está composta, segundo o artigo 36, por un presidente e o seu vicepresidente; un secretario e un vicesecretario, un contador depositario e catro vocais.

Os socios terán que acatar as normas de bo comportamento que se estipulan no regulamento. Así no artigo 32, está prohibido que “el socio de cualquier clase, no podrá entrar con palos, garrotes, armas blancas o de fuego, excepción hecha de un paraguas o de un bastón de buena forma”.

No artigo 49: “en los festivales se prohibirán terminantemente las malas formas en el bailar y todo aquello que se considere grotesco, impropio de una sociedad modelo”. Anos máis tarde a este artigo se lle engade que “en caso de no asistir el conserje se nombrará una comisión de jóvenes para el cuidado del orden moral de los festivales”.

E no 50: “se prohíbe en los festivales el pedir baile a las jóvenes ya comprometidas o que se hallen bailando con otro”.

Os beneficios que o Centro ten cara os seus socios, sempre os socios permanentes, se agrupan no epígrafe “Deberes de la Sociedad”, recollidos nos artigos 52 ó 58. Así no 52, recolle como se fará a axuda mutua que caracteriza ó Centro: “Siempre que un socio se encuentre en completa y justificada necesidad, están los demás socios en el deber de socorrerle mutuamente, aparte del socorro que por los fondos de la misma se acuerden darle”.

No 53, se contempla que no caso de superávit, a sociedade mercará ferramentas mecánicas agrícolas.

O Centro Agricultor será o lugar onde redimir as diversas disputas que entre os socios podan xurdir; así o artigo 58: “no podrá ningún socio querellarse con otro sin antes dar aviso a la sociedad, por si esta, en el terreno amistoso, puede conseguir un arreglo”.

O lecer dos asociados se contempla no artigo 55, polo que a sociedade se compromete a dar un baile mensual gratuíto, e anos máis tarde se contempla que: “los individuos que por luto dejen de asistir a festivales solo se cobra la cuota mensual de 25 céntimos durante dicho tiempo y cuando asistan a los festivales 50. Los que no acaten esta consideración y se den de baja, en caso de ingresar, abonarán todas las mensualidades”.

E no artigo 54: “la instrucción de los socios, además de la escuela primaria, el Centro se subscribirá a revistas científicas y agrícolas modernas”.

A xunta directiva está obrigada a renovarse anualmente, e os cargos son rotativos. Os designados, a non ser por unha causa importante, están obrigados ó seu cumprimento. Destas modificacións anuais, teñen que dar conta ó goberno civil da Coruña, igualmente do estado de contas da sociedade.

 

Imaxe 2. Certificado de cambio de xunta directiva o goberno civil da Coruña. Xaneiro de 1936
Imaxe 2. Certificado de cambio de xunta directiva o goberno civil da Coruña. Xaneiro de 1936

 

No ano de 1917, a xunta directiva está formada polos seguintes cargos directivos, cos seus enderezos e serían:

Presidente: Fernado Rodrígez López, da Pedreira

Vicepresidente: José Rodrígue Docampo, da Aldea

Secretario: Serafín del Río Iglesias, de Soagraña

Tesorero-Contador: José Mª Pérez Díaz, de Cha, Esmelle

Vice-contador: José Santiago Fernández, de Buide, Esmelle

Vocal 1º: Pastor Otero Saavedra, da Pedreira

Vocal 2º: José López Couto, da Aldea

Vocal 3º: Ramiro Dopico Rodríguez, da Pedreira

 

 

Seguidamente mostramos os ingresos e gastos que o Centro Agricultor tivo durante o período de 1914 a 1935. Sería:

  AÑOS  

  INGRESOS  

     GASTOS     

1914 958,55 829,60
1915 768,35 747,95
1916 594,00 522,00
1917 625,50 633,90
1918 887,00 812,00
1919 907,50 873,00
1920 874,50 986,00
1921 1.465,00 1.465,00
1922 1.406,00 1.894,00
1923 1.764,00 1.764,00
1924 1.612,00 1.605,00
1925 1.457,50 1.456,70
1931 1.385,00 1.129,45
1933 3.088,90 2.230,50
1935 2.158,00 2.118,00

NOTA: para cotexar os datos, podes consultar o artígo correspondente o Centro Campesiño de Cultura

 

Cotexando os ingresos e gastos do Centro Agricultor cos do Centro Campesiño de Cultura, é significativo destacar, o Centro Agricultor nunca tivo unha partida especial para mercar un edificio social, senón que durante este período, pagaban un aluguer, durante os primeiros anos a 10 pesetas mensuais, máis tarde, a partir de 1929, de 20 pesetas. E entre os seus gastos fixos, figura o conserxe, que mensualmente recibía 7,50 pesetas e a partir do ano 1922, baixa a 4 pesetas.

Outros gastos fixos, serían o pago dos músicos nos bailes, carburo e material de oficina. Igualmente estarían as cantidades como “donativo” os socios permanentes que puntualmente precisen recorrer os fondos do Centro para paliar unha situación económica adversa, pero nas contas presentadas ante o goberno civil non se contabiliza a porcentaxe dedicado a “axuda mutua” entre os asociados polo risco de ser consideradas a maneira dos sindicatos con as súas “caixas de resistencia”.

As dúas sociedades, o Centro Agricultor e o Centro Campesiño de Cultura, presentan no ano de 1917, algunha diferencia en canto os seus ingresos e gastos.  O Centro Campesiño, terá uns ingresos de 992,15 pesetas e gastos de 990,65. O Centro Agricultor, terá menos ingresos (indicativo de un menor número de socios permanentes que paguen cota), e sería de 625,5 e gastos de 633,9 tal como amosa a táboa anterior.

No ano de 1926, en cambio, o Centro Agricultor está no punto álxido de socios e ingresos, con 1.475,5 e de gastos 1.456,7 mentres que o Centro Campesiño de Cultura presenta 661 pesetas de ingresos e 654 de gastos, ademais, de solicitar ese ano o goberno civil a disolución da sociedade.

Observando os ingresos e gastos do Centro Agricultor durante este período de 1914 a 1936, é destacar a precariedade económica deste asociacionismo de tipo popular, que durante anos mantén unha cota de 50 céntimos, pasando no ano de 1933 a 1 peseta, indicativo dos baixos salarios dos seus asociados.

As contas entre ingresos e gastos como non debía ser de outra maneira, cadran entre o que “entra” e o que “sale”, a excepción dos anos de 1920 e 1922, anos que presentan unha elevada carestía dos produtos de primeira necesidade e a incidencia da epidemia da gripe (que na comarca de Ferrolterra), trala aplicación do artigo 7º do regulamento do Centro Agricultor, antes citado, que prevía o socorro en metálico ós socios e socias en “justificada necesidad”.

 

Manuela Santalla

 

<< Volver