Muíños do concello de Ferrol. 1939-1970

12/06/2010, Manuela Santalla

No presente artigo faremos un breve percorrido polos muíños de auga ou hidráulicos (de río ou de regato), existentes no Concello de Ferrol. O noso punto de partida será o período histórico que segue a Guerra Civil, en 1939, coñecido como Franquismo. Nesta etapa, o Concello de Ferrol duplica con moito a súa extensión territorial coa anexión do Concello de Serantes, de características mais rurais.

A partir de 1939, o novo estado franquista aposta por unha política agraria intervencionista de signo autárquico, na que os prezos dos productos agrarios se fixaban por decreto, deixando ó marxe as leis do mercado.

Para acadar estes obxectivos, en plena Guerra Civil, no 1937, se crea o Servicio Nacional del Trigo, organismo que tiña como obxectivo levar a cabo a reforma económica basada na revalorización da producción trigueira, asegurando ó trigo prezos mínimos remunerados, ordenando a producción e distribución do mesmo e dos seus derivados, como o pan, alimento imprescindible na dieta alimenticia de gran número de galegos.

O Servicio Nacional del Trigo nos anos de 1939 a 1953, regulou ata os detalles mais pequenos sobre a producción, comercio e consumo de cereais, leguminosas e pensos. Todo elo, amañado co Grupo Harinero del Sindicato Nacional de Cereais, dependente do Sindicato Vertical. Son os anos da cartilla de racionamiento del pan. O resultado de todo esto foi contraproducente, caracterizado pola depresión productiva e a súa consecuencia, os anos da fame para a maior parte da poboación, a aparición do mercado negro, o estraperlo favorecido pola desacertada actuación gobernamental.

Entre os diversos factores do descontento campesiño, imos destacar dous: os baixos prezos que a taxa do Servicio Nacional del Trigo impón ó trigo e os cupos de entrega obrigatoria a prezos inferiores aos que se pagaban polo cupo excedente e os vixentes no mercado negro. Ante este estado de cousas, o goberno opta por aumentar as regulamentacións, os controis e as sancións económicas.

As respostas campesiñas ante este intervencionismo sancionador, serán cultivar menos trigo e adicarse a outros cultivos. Todas estas actuacións provocará na poboación española e galega, nos productos relacionados cos cereais (entre eles o pan, imprescindible na maior parte das dietas): escaseza, carestía, perda de calidade, necesidade de importar trigo (ó trigo da Arxentina de Perón), comercio negro e estraperlo e por último, corrupción dos sectores implicados.

A calidade da producción trigueira deteriorouse ante a primacía de producir mais ó prezo que fora. Aí o pan negro e a dependencia do exterior que manifesta a autarquía do franquismo.

Será coa paulatina liberación da economía española a partir de mediados dos anos 60, cando este estado de cousas muden. As autoridades do ministerio de agricultura deciden elevar os prezos do trigo (mais acorde coas necesidades do mercado), aumentase a producción e por pura lóxica, desaparece o mercado negro. Se anula a cartilla de racionamiento del pan. Todas estas medidas en cambio, non modificarán as prerrogativas que o Servicio Nacional del Trigo e o seu sucesor o Servicio Nacional de Cereais en 1967, durante os 40 anos do período franquista.

No concello de Ferrol, coa anexión do concello rural de Serantes, os muíños de auga (río, regatos, etc.), adicados a moenda de trigo, centeo, millo ou cebada; situados maioritariamente nas parroquias de Brión, Doniños, Esmelle, Serantes, Mandia, etc., dependen na súa actividade do Servicio Nacional del Trigo e das súas directrices expostas mais arriba.

Durante estes anos, serán múltiples as peticións dos campesiños de Ferrol, ó Servicio Nacional del Trigo, solicitando permiso para instalar muíños eléctricos, ante o avance da eléctrificación, en zonas como en San Xurxo ou Covas, onde a súa topografía non favorecia os muíños hidráulicos. Destacamos entre outras peticións, a formulada por Arturo Niebla Sanz, campesiño de San Xurxo da Mariña que o 20 de marzo de 1954 solicita o xefe provincial do Servicio Nacional del Trigo e acompañado de diversos informes favorables do alcalde da cidade. Basa a súa petición Arturo Niebla, en que a súa parroquia conta con mais de 650 habitantes, situada a 10 quilometros do núcleo urbano. Que: “no existio nunca ni pudo haber existido molino de ninguna clase por haber carecido hasta ahora de medios naturais e industriales que favoreciesen su instalación y funcionamiento. Pero próxima la fecha de inauguración de la eléctrificación de esta alejada zona y la necesidad de un molino para la molturación de harinas panificables y piensos para el ganado…, y no efectuar desplazamientos de hasta 7 km, para molturar productos de sus propias cosechas, realizadas a píe con la carga sobre a cabeza, o en caballerías o bien en carros del pais. (Solicitando) esta importante mejora tan ansiada por el vecindario”.

 

Imaxe 1. Autorización de funcionamento dun muíño de Esmelle, o de Rosendo Santiago Díaz
Imaxe 1. Autorización de funcionamento dun muíño de Esmelle, o de Rosendo Santiago Díaz

A resposta da xefatura provincial do Servizo Nacional do Trigo da Coruña, é que non, cunha prohibición absoluta da moenda de cereais panificable e a instalación de toda clase de muíños, segundo o artigo 9 do Decreto-Lei de Ordenación Trigueira e o seu regulamento.

Os muíños hidráulicos e eléctricos do Concello de Ferrol teñen polo Servizo Nacional do Trigo, durante este período, a categoría de Molinos maquileros para piensos. E dicir, esta prohibido taxativamente a moenda de trigo e por tanto, a instalación e funcionamento de moas albeiras.

Todo muíño para moer tiña que ter nun lugar visible a autorización de funcionamento expedida polo Servicio Nacional del Trigo e a súa Jefatura Provincial de La Coruña, onde aparece o número do muíño (neste caso o 1136 do censo provincial), situado no lugar de Longra, na parroquia de Esmelle e Ayuntamiento de El Ferrol del Caudillo. Aautorización que a estamos comentando, esta a nome de Rosendo Santiago Díaz, a quen se autoriza: continuar sus operaciones de maquila en el molino que, como propietario explota, en tanto cumpla las disposiciones vigentes en la materia.

Como aparece na parte esquerda: Autorizado solo para moler piensos. Pares de Piedras autorizadas, Trigo NADA. Para piensos se autoriza 1 piedra de 1,25 metros (a moa negreira). A autorización leva a data de 19 de maio de 1954, e por último a sinatura do xefe provincial e o chumbo do Ministerio de Agricultura e o Servicio Nacional do Trigo.

Na Táboa nº 1 destacamos a relación de muíños e muiñeiros do concello de Ferrol neste período. Excepción do muíño de Dolores Soutullo de Serantes, arrendado a José Rivas Camiño, todos os muíños están dirixidos polos seus propietarios. Son, en total, 25 muiños e por parroquias, neste concello.

Táboa Nº 1

Muíños maquieiros do concello de Ferrol 1956. Só para piensos (uso público)

Parroquia

Propietario

Moas

Diametro m/m

Enerxía motriz

Doniños Agustín Pereira Brea 1 890 Hidroeléctrica
Doniños Serafín Niebla e outros     Eléctrico
Doniños José Martinez Méndez 1 1100 Eléctrico
Doniños José Pla García 2 900/1000 Hidroeléctrica
Covas José Serantes López 1 1300 Eléctrico
Covas José Santiago Montero 1 1300 Eléctrico
Brión Francisco Martínez Horjales 1 1000 Hidroeléctrica
Brión Ramón Riande Vázquez 1 950 Hidroeléctrica
Brión Antonio Seijido 1 1000 Eléctrico
Esmelle José Varela Rodriguez 2 950/950 Hidroeléctrica
Esmelle José Santiago Díaz 2 750/750 Hidroeléctrica
Esmelle José Serantes López 1 1000 Hidroeléctrica
Esmelle Rosendo Santiago Díaz 1 1250 Hidroeléctrica
Esmelle Abelardo González Ferrin 1 1180 Hidroeléctrica
A Graña José García del Río 1 1000 Hidroeléctrica
Trasancos Juan González Carballeira 2 900/700 Hidroeléctrica
A Mariña (San Xurxo) Balbina Rey Gomez 1 1000 Eléctrico
A Mariña (San Xurxo) María Cid Romero 1 900 Hidroeléctrica
Serantes Dolores Soutullo Cebreiro 2 1000/1000 Eléctrico
Serantes Jose Barros Espantoso 2 1000/1000 Hidroeléctrica
Serantes Justo Gómez Rey 2 900/700 Hidroeléctrica
Serantes Tomasa Casal Filgueira 2 650/650 Hidroeléctrica
Serantes Ricardo Saavedra 1 1000 Hidroeléctrica
Serantes Benigno Breijo Santalla 1 1000 Hidroeléctrica
Mandiá José Piñeiro Filgueira 2 1200/1200 Eléctrico

 

No ano de 1964, segundo as estatísticas do Servicio Nacional do Trigo, no concello de Ferrol funcionan 22 muiños, trala baixa de 3 muiños, dous de Brión, os de Ramón Riande e de Antonio Seijido e o muíño de A Graña, o de José García.

Nas estatísticas do ano de 1969, hai algúns cambios. O número de muíños de caracter público redúcense a 16 e aparecen 3 muiños de caracter particular. O muíño de Juan González de Trate ano de 1956, se distribúen así: Serantes ten o maior número, seis e deles, un eléctrico; en Esmelle existen cinco hidráulicos; en Doniños existen catro, deles 2 eléctricos; en Brión existen tres, e un deles eléctrico; en Covas 2 eléctricos; en San Xurxo dous, un deles eléctrico; na Graña e Trasancos existen 1, respectivamente, e en Mandiá un muíño eléctrico.sancos, transformouse en muíño eléctrico. Aparece un molino maquilero para pienso, de carácter particular en Serantes, na Cooperativa de Productos del Campo que é eléctrico. Igualmente baixo o epígrafe de carácter particular pasan o muíño de Benigno Breijo de Serantes e o de Serafín Niebla e outros de Serantes.

Durante estes anos o concello de Ferrol carece de muíños autorizados para a moenda de trigo, só poden moer grans con destino ó alimento do gando, os “piensos”. Unicamente esta autorización de moer trigo a teñen uns poucos muíños da ría ferrolá, pero esta e outra pequena historia que deixamos para mais adiante.

<< Volver