Ferrol e Ortegal forman o chamado “Norte da provincia da Coruña” e agrupan no seu territorio a municipios rurais e urbanos, o que conforma unha comarca heteroxénea e diversa. A comarca ferrolá situase ao noroeste da comunidade galega e limita ao norte co Oceáno Atlántico, ao leste coa serra da Capeada e ao sur coa serra do Forgoselo. A comarca do Ortegal conta co punto mais setentrional da Comunidade Autónoma: Estaca de Bares e esta atravesada polo río Sor. A capitalidade desta área osténtaa Ferrol.
A ría de Ortigueira-Ladrido, cun dos humidais mais importantes de Galicia, conxuga val, río, mar e ría, por certo, a mais ampla de todo o norte de Galicia. A tradición muiñeira no Ortegal é moi importante como destaca Begoña Bas nos seus estudos sobre o muíño de marés e os muíños de vento (o Campo da Torre, os tres de Espasante, os de Céltigos, os de Loiba).
Neste artigo destacaremos o gran número de muíños de río que poboan as augas do río Mera, do Maior, do Baleo e os diversos regatos, que hoxen forman os concellos de Cariño e Ortigueira. Ó falar da industria muiñeira é de destacar a súa materia prima, os cereais que utilizan, polo que destacamos brevemente, que os cereais en Galicia documéntase nos inicios da cultura castrexa (séculos XVIII-XVII a. C.), graos de trigo, de millo miúdo, ao que se sumarán especies de cebada, avea, fabas e verzas. No período da romanización, nos castros aparece o centeo. Ao longo da idade Media produciuse un aumento na extensión do espazo cultivado e unha mellora das técnicas agrarias e das ferramentas. Coa introdución dos produtos americanos no século XVII, o millo e a pataca, se producirán importantes cambios nos sistema de cultivo en Galicia.
A primeira noticia do cultivo do millo en Galicia, é do ano de 1604, que é cultivado en Mondoñedo, entendéndose a continuación por toda a Galicia costeira e supuxo a recuperación económica e demográfica de Galicia no século XVIII.
Con respecto ó trigo, é o cereal mais importante das zonas temperadas do planeta. O seu cultivo en Galicia se xeneralizou no século IV a.C. Desde tempos remotos o trigo foi o cereal mais utilizado para a elaboración de pan e outros produtos alimenticios, como galletas, pastas, papas, doces, etc. A características mais salientábel do trigo é a elasticidade do seu glute, o que fai que sexa moi axeitado para a elaboración do pan. Os trigos clasifícanse segundo a súa calidade en: finos ou de forza (20% de glute), duros (15% de glute), brandos ou correntes, semibastos e bastos.
Na Galicia prehistórica os muíños mais antigos que se coñecen son os “muíños chairos”, que eran dúas pedras, unha grande coa cara superior lisa e outra pequena que se movía coa man sobre a primeira, esmagando o gran. Nas escavación arqueolóxicas dos castros, ademais destes muíños chairos se atoparon gran cantidade de “muíños de man circulares”, introducidos polos romanos.
Ó longo da idade Media, a nosa xeografía cóbrese de pequenos muíños que aproveitan os rios e regatos permitíndolles os nosos campesiños conseguir a enerxía precisa para moer os seus cereais sen unha gran inversión. O seu emprazamento na maior parte dos casos esta afastado dos núcleos de poboación, en lugares de gran beleza pero de moita humidade, rodeados dunha vexetación exuberante o que conleva un gran esforzo na limpeza e mantenemento dos edificios onde están aloxados os muíños. Muíños que durante mais de mil anos se adicaron a transformación do gran —centeo, millo, trigo, cebada— en fariña que servirá para a fabricación do pan, alimento cotiá para persoas e animais.
A localización dos muíños depende da enerxía hidráulica producida pola corrente de auga dos rios. Así, case todos os muíños atópanse na beira dos rios ou regatos e poucas veces nos cotos aproveitando as augas que servían para regar os prados. Muíños que son unha das mostras mais significativas da cultura popular galega, dende punto de vista do patrimonio industrial, arquitectónico, inxeneril, histórico e etnolóxico.
O muíño é un instrumento técnico, unha ferramenta de traballo que aproveitando distintas forzas motrices, serve para moer grans de cereais e convertelos en fariña, aínda que tamén pode moer outras materias como casca de árbores, olivas, papel, vidro, landras de carballo, etc.
Trala recolección dos grans, estes lévanse os muíños de onde sae a fariña coa que se prepara, entre outros alimentos, a masa para facer o pan e cocelo mais tarde nos fornos.
Os muíños mais abundantes en Galicia son os que utilizan coma forza motriz a auga, os hidráulicos. Este aproveitamento das augas polo home adquiriu en Galicia unha grande importancia, tanto como medio de produción nos eidos agrícola, industrial, de transporte e piscícola, como a utilización destas augas como forza hidráulica, directamente relacionada coa transformación de produtos do agro — cereais e liño—, gandeiros —lá e coiro—, etc. Esta importancia a reflexa no século XVIII, Lucas Labrada quen constata no ano de 1797 a existencia de 8.278 muiños e 166 batáns en Galicia.
Trala Guerra Civil, 1936-1939, a política agraria intervencionista se caracteriza en que os prezos dos produtos agrarios se fixaban por decreto do goberno, deixando ó marxe as leis do mercado. Para se crea o Servicio Nacional del Trigo, organismo que tiña como obxectivo levar a cabo a reforma económica basada na revalorización da produción trigueira, asegurando ó trigo prezos mínimos remunerados, ordenando a produción e distribución do mesmo (e dos seus derivados, o pan); ademais de regular a súa adquisición e mobilización. Deste xeito, o Servicio Nacional del Trigo, a SNT, adquiría todo o cereal que os campesiños (produtores) estaban obrigados a entregarlle a prezo de tasa. Este prezos tasados era moi baixos polo que non era rendible a venda do trigo o Servicio, sobre todo cando este no diferenciaba entre aquelas producións de bon ou mal trigo.
A consecuencia deste intervencionismo foi a aparición dun mercado negro e do “estraperlo”, de productos non controlados polo Servicio trigueiro. Ao mesmo tempo, reafirmarse o intervencionismo con decretos regulando o mercado do millo, do centeo, se declaran de interese nacional a realización de labores de sementa e outras medidas chamadas “decretos ordenadores de campaña”, que suporán o total e absoluto control por parte do Servicio Nacional do Trigo, sobre todos os cereais e leguminosas en todas as súas fases: produción, transformación, comercialización e consumo.

Lugar: Molino nuevo; Parroquia de Loiba; Ayuntamiento de Ortigueira.
Declaración jurada D. C-5 de Dolores Pena Maragoto, y le autoriza a continuar sus operaciones de maquila en el molino que, como propietario, explota en Loiba en tanto cumpla las disposiciones vigentes en la materia. La Coruña 11/11/1953
Durante este período, os muiñeiros e muiñeiras para continuar coa súa actividade, teñen que solicitar ó SNT, calquera cambio, como nos di a Muiñeira de Casón en 1949, quen dende S. Pedro de Feas, Angustias vilar Albelo, vª de 52 anos, solicita ó SNT, como propietaria dende tempo inmemorial dos muíños de Casón, situados en S. Adrián da veiga, a legalización do traslado de moas para o novo muíño que esta construíndo en S. Pedro de Feas, no río Susavila (Seixo), porque o servicio que ofrecen é tan deficiente que no estiaxe, están obrigados os campesiños a trasladarse grandes distancias para efectuar a moenda. O novo muíño seria maquileiro, dedicado a moenda de millo, cebada e avea.

Lugar: Rio; Parroquia de Espasantes; Ayuntamiento de Ortigueira.
Propietario: Eva Pumar Insua
Clase de fuerza: Electricidad; para trigo y piensos
Ou o caso do muiñeiro David Duran, do muíño da Ponte do Baleo en Ladrido, quen dende 1950 ten un muíño de pienso, solicita a súa ampliación. Basase en que en Ortigueira existen 40 muiños maquileiros mixtos, 31 para piensos, e 1 aparceria Todos cunha capacidade de molturación en 24 horas de 157.250 kg., escaso segundo el, porque Ortigueira conta con 22.489 habitantes distribuídos en 27 parroquias, con 6.305 cabezas de gando maior, 1.350 de gando menor, 30.000 aves de curral. A súa produción anual é de 10.000 quintais de trigo, 1050 de centeo e 35.000 de millo. Se lle otorga esta ampliación do seu muíño, porque segundo a xefatura de Ortigueira, hai 66 muiños clandestinos, deles 10 maquileiros e 56 de aparceria, que se desmontan en canto teñen coñecemento dunha inspección do Servicio Nacional do Trigo, pero ningún deles esta enclavado en Ladrido.
Relación de muíños en Ortigueira
Número de muíños segundo a estatística do SNT, en 1956, é a seguinte:
| SITUACIÓN | PROPIETARIO | MUÍÑOS PARA TRIGO INSTALACIÓN POR MOAS |
MUÍÑOS PARA PIENSOS USO PÚBLICO |
ENERXÍA MOTRIZ | ||
|---|---|---|---|---|---|---|
| pares moas | diámetro m/m | pares moas | diámetro m/m | |||
| Barbós | Andrés Couto Pena | 1 | 1.050 | Hidráulica | ||
| Cariño | Hdeiros. de José Rguez. Losada | 1 | 900 | Hidráulica | ||
| Cariño | José orjales Fraguela | 1 | 800 | Hidráulica | ||
| Cuíña | Jesús Piñeiro Pía | 1 | 1.000 | 1 | 970 | Hidráulica |
| Cuíña | José Rguez. García | 1 | 1.000 | 1 | 1.200 | Hidráulica |
| Cuíña | Jesús Piñeiro Pía | 1 | 1.150 | G. O. | ||
| Devesos | Florentino Soto Castrodeguedas | 1 | 1.500 | 1 | 1.150 | G. O. |
| Devesos | Generoso Cao Sueiras | 1 | 800 | Hidráulica | ||
| Espasante | Eva Pumar Insua | 1 | 1.100 | 1 | 1.100 | Eléctrica |
| Espasante | Jose Mª Lage Galdo | 1 | 830 | 1 | 1.000 | Hidráulica |
| Espasante | Jesús Martinez Gomez | 1 | 840 | 1 | 1.000 | Hidráulica |
| Espasante | Vicente gomez Fustes | 1 | 870 | Hidráulica | ||
| Espasante | Arcadio Fajón Pumar | 1 | 80 | Hidráulica | ||
| Feás | Hdeiros. de Olimpia Pérez | 1 | 1.000 | 2 | 1.050 | Hidráulica |
| Feás | Angustias Villar Alvelo | 1 | 800 | Hidráulica | ||
| Freires | José Lois Rguez. | 1 | 800 | 2 | 900 | Hidráulica |
| Insúa | Vicente Bellas Pita | 1 | 1.000 | 2 | 1.000 | Hidráulica |
| Insúa | Jose Bellas Mouriz | 1 | 1.000 | 1 | 1.000 | Hidráulica |
| Insúa | Francisco Castelo Seoane | 1 | 1.000 | Hidráulica | ||
| Insúa | Josefa Armada Ferro | 2 | 1.000 | Hidráulica | ||
| La Piedra | Dolores Galán García | 1 | 900 | 1 | 900 | Hidráulica |
| La Piedra | Agapito Pazo Suárez | 1 | 950 | 1 | 800 | Hidráulica |
| La Piedra | Carmen Armada Aneiros | 1 | 1.000 | 1 | 1.000 | Hidráulica |
| La Piedra | Argimiro Cobelo García | 1 | 900 | 2 | 1.000 | Hidráulica |
| La Piedra | Maria García Armada | 1 | 1.000 | Hidráulica | ||
| La Piedra | José Ferro Fernandez | 1 | 900 | Hidráulica | ||
| La Piedra | Antonio Díaz Santiago | 1 | 1.000 | Hidráulica | ||
| La Piedra | Hdeiros. Ramón Rico Crego | 1 | 950 | Hidráulica | ||
| La Piedra | Manuela García Aneiros | 1 | 900 | Hidráulica | ||
| La Piedra | José Pena Teijeiro y otros | 1 | 800 | Hidráulica | ||
| Ladrido | David Durán Sanjurjo | 2 | 1.150 | Vapor | ||
| Landoi | Josefa García Pérez | 1 | 830 | 1 | 1.000 | Hidráulica |
| Landoi | Carmen Martínez Fraguiela | 1 | 830 | Hidráulica | ||
| Loiba | Dolores Pena Maragoto | 1 | 900 | Hidráulica | ||
| Loiba | Basilia Vidal Pumar | 2 | 1.100 | Hidráulica | ||
| Loiba | Manuel Aguilar Castrillón | 2 | 1.200 | G.O. | ||
| Mosteirón | Hdeiros. Pedro Ramíl Sierra | 1 | 1.000 | 1 | 1.200 | Hidráulica |
| Mosteirón | Alonso e Elena Pita Pita | 1 | 830 | 2 | 830 | Hidráulica |
| Mosteirón | Hdeiros. María Gaula | 1 | 1.000 | 2 | 1.000 | Hidráulica |
| San Adrián | Constantino López Pérez | 1 | 1.000 | 2 | 1.200 | Hidráulica |
| San Adrián | Marcelino Montero | 1 | 950 | 1 | 950 | Hidráulica |
| San Adrián | Vª e Fillo de José Salgueiro | 1 | 1.000 | 1 | 1.000 | Hidráulica |
| San Adrián | Magdalena Salgueiro | 1 | 1.000 | Hidráulica | ||
| San Claudio | Jesús Teijeiro Piñon | 1 | 800 | 1 | 800 | Hidráulica |
| San Claudio | Juan Alonso Milia | 1 | 1.000 | Hidráulica | ||
| San Claudio | Argimiro Fraguela y Hermano | 1 | 900 | Hidráulica | ||
| San Claudio | Manuel Díaz Caudales | 2 | 1.000 | Hidráulica | ||
| San Claudio | Andrés Serra Sienra | 1 | 870 | Hidráulica | ||
| San Cristobal | Hdeiros. José Peña Fdez. | 1 | 940 | 1 | 1.150 | Hidráulica |
| San Cristobal | Hijos de Rivero | 1 | 700 | Hidráulica | ||
| San Salvador | Hijos Ramón Sierra Dovale | 1 | 900 | 2 | 800 | Hidráulica |
| San Salvador | Angustias Lage Pego | 1 | 1.000 | 2 | 800 | Hidráulica |
| San Salvador | Manuela Oca Martínez y otros | 1 | 1.000 | 2 | 800 | Hidráulica |
| San Salvador | Vicente Pédre Trasancos | 2 | 1.000 | Hidráulica | ||
| Sta. Mª de Mera | Sucesores de Juan Pita Yañez | 1 | 920 | 1 | 950 | Hidráulica |
| Sta. Mª de Mera | Elena Aneiros Pardo | 1 | 950 | Hidráulica | ||
| Sta. Mª de Mera | Juana Martínez Soto | 1 | 800 | Hidráulica | ||
| Sta. Mª de Mera | José García Martínez | 1 | 500 | Hidráulica | ||
| Sta. Mª de Mera | Vª Florentino Covelo Fdez. | 1 | 1.000 | Hidráulica | ||
| Santiago de Mera | José Ares Mariño | 1 | 1.000 | 1 | 1.000 | Hidráulica |
| Santiago de Mera | Hdeiros. José Díaz Gómez | 1 | 1.000 | 1 | 1.000 | Hidráulica |
| Santiago de Mera | Enrique Fraga Fdez. | 1 | 1.000 | 1 | 830 | Hidráulica |
| Santiago de Mera | José López Cornide | 1 | 1.000 | 2 | 950 | Hidráulica |
| Serra | Constantino Lage Gonzalez | 1 | 830 | 2 | 1.000 | Hidráulica |
| Serra | Hdeiros. Vicente Pérez M. | 1 | 1.000 | 1 | 1.000 | Hidráulica |
| Serra | José Gomez López | 1 | 1.000 | 1 | 1.000 | Hidráulica |
| Serra | Antonio García Lage | 1 | 1.000 | 2 | 1.000 | Hidráulica |
| Serra | Hdeiros. Guillermo Yáñez Patiño | 1 | 900 | 2 | 900 | Hidráulica |
| Serra | Hdeiros. de Juan Piñeiro Maseda | 1 | 1.000 | 1 | 1.000 | Hidráulica |
| Yermo | Viuda de Avelino Fernández Cheda | 1 | 1.000 | 2 | 1.000 | Hidráulica |
| Yermo | Vicente Fernandez Vil.lasuso | 1 | 1.000 | 1 | 1.000 | Hidráulica |
| Yermo | Balbino Prado Pajón | 1 | 1 | 1.000 | Hidráulica | |
A crise da muñeira tradicional
Este estado de cousas non cambiarían ata os anos de 1960, coas medidas liberalizadoras da economía española e a subida do prezo do trigo co que este experimentou un incremento na súa produción. No ano de 1967, o Servicio Nacional do Trigo pasa a chamarse Servicio Nacional de Cereais e amplía a súa actuación ós cereais forraxeiros.
Esta política intervencionista do Servicio Nacional do Trigo impuxo ós muiñeiros un canon para continuar coa moenda. A súa finalidade era controlar toda a produción de fariñas dos agricultores da zona. O pago do canon daba ós muiñeiros unha autorización para “molturar durante una campaña”, é dicir, un ano. Esta autorización tiña que estar no lugar mais visible do muíño, levaba ademais o número de autorización, a firma do xefe provincial do Servicio, etc.
No ano de 1971, a produción de trigo, centeo e millo na area actual de Ferrol-Ortegal (expresado en quintais), é a seguinte:
| CONCELLO | PARROQUIAS | HABITANTES | PRODUCIÓN ANO 1971 | ||
|---|---|---|---|---|---|
| TRIGO | CENTEO | MILLO | |||
| Ferrol | 15 | 70.254 | 450 | 468 | 10.300 |
| Fene | 7 | 9.291 | 1.200 | 461 | 2.210 |
| Mañón | 5 | 4.778 | 2.562 | 1.152 | 5.448 |
| Neda | 4 | 8.984 | 136 | 202 | 255 |
| Cerdido | 3 | 3.245 | 1.680 | 9.216 | |
| Ortigueira | 27 | 26.638 | 5.408 | 1.200 | 33.000 |
A crise da muñeira tradicional comprende dúas fases. Unha delas ven dada pola utilización da enerxía eléctrica sobre os anos de 1950 (introdución do muíño eléctrico individual). Unha segunda fase, na década de 1970, pola crise da agricultura tradicional, cunha redución do cultivo do trigo e en menor medida do millo, onde a súa fariña pasa a ser utilizada como penso.
Para finalizar este breve artigo sobre os muíños de Ortigueira, destacar que os muíños en Galicia constitúen unha ampla fonte de estudios sobre diversas disciplinas: historia, arquitectura, características construtivas e mecánicas, costumes e códigos creados arredor deles, a moenda, aspectos xurídicos sobre a propiedade e sistema de uso do muiño, o oficio de muiñeiro e de muiñeira, a súa función como catalizador de relacións sociais e por último, un rico folclore e costumes creados arredor do labor que desempeñan.
Bibliografía
Bas, Begoña, 1991, Muíños de mares e de vento en Galicia, Fundación Barrie de la Maza, A Coruña.
Santalla López, Manuela, 2011, Muíños, fornos e pan de Neda, Edicións Embora Ferrol.