Medicina e sabiduría popular tradicional na antiga terra de Serantes (II)

08/04/2017, Xabier Monteiro Graña

​​

Vén de:  Medicina e sabiduría popular tradicional na antiga terra de Serantes (I)

 

Medicina e sabiduría popular, remedios. Tradición oral por orden alfabético

Anemia

Para a mellora de estados anémicos. Comer habitualmente lentellas, espinacas,carne, e fígado. Usar moito pirixel nas comidas.

Para a desgana de comer, tomar aceite de fígado de bacallau. Tomar unhacopiña de viño doce quinado ou aromatizado con herbas (Sansón, Quina SantaCatalina ou Kina San Clemente /1885)

Reconstituinte, para dar forza: O viño doce (quinado) xunto con caldo degaliña, os filetes de carne ou de fígado. O caldo de verzas (nabizas, repolo)con carne, utilizábanse moito como reconstituinte para estados de debilidade efatiga. Aceite de fígado de bacallau. Tamén mel o ou mellor aínda xelea real.

Ademais: Ovo pasado por auga con ponche, coñac, ou viño tinto e azucre. Leitecon canela e mel. Para o decaemento ou prevenir as agulletas e bo tomarauga con azucre. Para estados febrís, floxedade e decaemento usouse moito oponche de venta comercial.

 

Borrachera

Para non emborracharse cando se vai de festa tomar antes de beber dúas culleresde aceite de oliva virxe. Para mellorar da borrachera tomar café só consal. Tomar café só (de pota) pero moderadamente. Ferver en auga pirixel picadoe unha cortiza de laranxa e tomar pola mañá en xaxún dúas tazas. Tomarpara a resaca unha taza de manzanilla con limón. Tomar durante a mañá tresvasos de auga con zume dun limón. Beber moita auga e líquidos naturais senazucre. Tamén se recomenda sempre comer antes de beber. Durante a resacatomar alimentos lixieros, sopas, etc.

Fig. 1. Medicina tradicional popular
Fig. 1. Medicina tradicional popular

Catarros, resfriados, gripes, garganta

Meu pai tódolos outonos recollía as flores da cerdeira na lúa minguante deagosto, e as gardaba para os catarros do peito e tamén para a barriga. Asusaba para case todo. (Veciña de Ferrol, Ánxela Platas. 1980)

Para aliviar a dor de garganta (amigdalites) e bo facer gárgaras con auga,zume de limón mesturado cunha culleriña de bicarbonato. Ou simplemente facergárgaras con bicarbonato. Tamén auga quentada con zume de limón e unhaculleriña de mel. Cortar rodaxas de limón cubrilas con azucre e deixar macerar algún tempo, logo tomalas deixándoas na gorxa o maior tempo posible,repetir varias veces. Macerar rodaxas de cebola con mel durante varias horase despois tomar este zume cada dúas horas.

Deixar nun pratiño unha cebola crúa partida pola mitá sobre a mesiña denoite ou debaixo da cama, axuda moito a mellorar e recuperarse de resfriadosou gripe. Tomar un caldo de galiña e meterse na cama.

Para a desconxestión nasal e catarros bronquiais, tomar vahos de vaporde auga soa con limón ou da cocedura dunhas follas de eucalipto poñendo unhatoalla tapando a cabeza e os ombros.

Para aliviar a bronquites poñer un pouco de sebo dirritido en papel de estrazae así quentiño aplicalo no peito e renovar, remedio tamén usado na barrigapara a dor de barriga. Tomar en tisana ou infusión follas de chantá (correola/llantén). Colocar un pano quente no peito e outro na espalda.

Para a carraspera beber a modiño unha copiña de licor de guinda, caña,anís, ou un "sol e sombra" (anís con coñac). Para resfriados, constipados ecatarros: Tomar unha taza de leite quente con coñac, ou mel ao deitarse. Tomar"un carajilllo" café con leite quentiño cunhas gotas de coñac. Tomar zumede laranxa con limón. Sempre abrigarse ben.

 

Calvicie

Para evitar ou mellorar a caída do pelo se cocen ourizos secos de Castiñeiro e se aplica o auga na cabeza facendo refregas. Tamén cocer unha follas de buxoe dar fregas con esta auga. Antigamente o buxo foi moi usado para combatera calvicie en infusión antópica (uso externo) das follas cocidas. Hoxe este usose perdeu e caeu en desuso o que esta moi ben polo perigroso que é súa utilización,xa que o buxo é moi velenoso. Aplicar no coiro cabeludo fregas conpetróleo.

Para a caspa e bo quentar morno aceite de oliva, mollar un pouco a cabezae logo masaxear co aceite e deixalo tapado cun gorro media hora, logo lavarsea cabeza. Tamén e bo dar fregas con zume de limón en auga tibia. Parao fortalecemento do pelo e bo restregar o pelo recen lavado con xema de ovo,para outros, facer esto mesmo pero coa clara; tamén dar fregas de auga convinagre.

Para aclarar o pelo darlle brillo e coidalo e bo lavalo con cervexa ou clarade ovo. Tamén con tisana de manzanilla.

 

Chagas na boca

Facer enxaugues de auga con sal varias veces o día, ou aplicar cun algodón.

Facer o mesmo con bicarbonato sódico, ídem con infusión de manzanilla.Aplicar auga oxixenada cun algodón.

 

Diarrea

Para curar a diarrea, tomar auga de arroz e dicir cocer un pouco de arroznun litro de auga, colar e tomar este auga en varias veces. Tomar mazá raiada;zume, puré ou pastel de cenoria membrillo. Tamén e bo tomar: unhas cuncasde viño tinto, chocolate, te con limón, ou abundante zume de limón.

Pero ollo co viño a un veciño que lle apretaba moito pretendendo cortar omal de raíz bebeu viño tinto sen control e colleu unha melopea de moito coidado.

 

Dor de cabeza

Existen moitos remedios en todo o mundo para este mal tan común, so apuntareias recollidas de familiares, veciños e xente máis próxima. Amarrar un panona cabeza cintando a fronte. O mesmo pero un pano branco empapado en vinagreou auga con vinagre a partes iguais. Aplicarse nas sens dúas rodaxes depatacas crúas e cortadas amarradas cun trapo branco, noutros sitios cun traporoxo, ou tamén pódese facer o mesmo con dúas follas de Limoeiro, outamén dúas follas de verza nas sens na fronte e na noca (Trad. oral, veciños deCovas) (*1)o mesmo remedio faise en Rusia). Poñer na fronte (ou noca) unpano empapado en acohol ou colonia.

Se cortan catro rodaxes de pataca e se poñen: unha na fronte as outrasdúas unha en cada sen ea outra na noca e se vendan para que non se caiancun pano branco limpo de húmido. Tamén se poñen panos de auga fría nafronte para a dor de cabeza e para baixala febre. Aplicar panos fríos na noca.

Meter os pes nunha tina con auga quente con sal mariña durante un tempoe renovar cando se enfríe. Tombarse na cama nunha habitación con pouca luz.

Tomar unha infusión de café ou café con zume de limón. Aplicar panos húmidosda cocedura de follas de menta (mentraste, menta de burro=menthasuavelonis), ou outro tipo de menta, spicata, piperita, arvensis, etc.

Para protexerse das dores en xeral pero sobre todo do de cabeza e bo levarno bolsillo unha castaña de indias hai quen di que tamén vale unha das nosas.A castaña de indias xa e moi coñecida contra o mal de ollo e para atraer aboa sorte.

 

Dor de barriga, estómago e vexiga

O señor Francisco collía so dúas folliñas de Herba Moura, cando estaba maldo estómago ou da barriga non o recordo ben, e as tomaba en infusión. (Tra.familiar, Ramón G. Valón 1973)

Para a dor de barriga cócense unhas follas de Parietaria e se toma a infusión.Tamén a infusión de manzanilla con anís, ou herbaluisa, menta. Tomarunha copa de xenebra ou caña de herbas. Para dor de barriga ou de rilesaplicar na zona unha bolsa de auga quente.

Indixestión: Tomar zume de limón (con auga) ou o coñecido bicarbonatosódico. Para o empacho e bo tomar unha infusión de manzanilla con unas gotasde zume de limón as que se lle pode engadir un pouquiño de canela; taméninfusión de te con limón ou Reina Luísa. Para a dor de estómago faise unhainfusión con Reina Luísa ou con Menta.

Para a dor de vexiga e afección de urina ou retención, se toma unha infusiónfeita con Barbas de Maínzo ou Mexos (Mexacán / Dente de León). Taméntisana de Cola de Cabalo, pirixel cocido. Para os males de estómago acidez,pesadez, indixestión, infusión de anís (estrelado), ou de fiúncho, amenta, xarxa,Reina Luísa (herbaluisa/verbena/cidrón).

Para a gastrite e bo tomar lentamente un vaso de leite cun pouquiño deazucre favorece a inflamación das paredes do estómago.

 

Dor de moas

Foron moitos os remedios populares de este incomodo mal.

Poñer no furado da moa picada unhas xebras de tabaco. Poñerlle clavillo sobre a encía (especie aromática para cociñar). O mesmo aplicar un dente deallo cortado. Botarlle auga oxixenada aplicar con algodón ou facer buchos.

Mesturar pementa e sal con auga e aplicar na zona afectada. Ou simplementefacer buchos de auga con sal. Masticar unhas follas de pirixel na zona afectadavarias veces o día. Aplicar externamente panos de cousas frías:: auga frescada fonte recen collida, a sola dunha prancha, froitas cortadas, follas deplantas, un filete de carne fresco. Antigamente o "xeo" era moi difícil de conseguirpolo que se usaban outros remedios.

Cando hai flemón (inflamación) e bo poñer fomentos de auga quente nazona afectada. Meter no oco da moa afectada una bola de algodón empapadaen coñac ou caña. Facer buchos con caña, coñac ou xenebra. Beber un sorbode calquera licor e deixalo durante un tempo na boca na zona dorida.

 

Dor de oidos

Quentar dúas culleriñas de aceite de oliva ou amendoa deixar enfriar ata queeste morno a temperatura corporal, e logo aplicar dúas ou tres gotas no condutoe tapar cun algodón; para aplicar o aceite deitar o doente de lado. Facero mesmo si entrou algún bichiño e non pode saír, sen o algodón claro está.

Tamén poñer na zona panos quentes secos repetir varias veces ou aplicar unhacompresa de auga quente sobre o oído afectado durante cinco minutos e renovarata que a dor desapareza.

 

Estreñimento

Antigamente cando cultivabamos o liño na casa se tomaban sementes de liño,deixábanse a remollo toda a noite unha cullerada de sementes nun vaso de augae pola maña en xaxún se bebía todo. Axuda beber auga tódolos días. Osadultos cando están estreñidos untan un canoto dunha verza en aceite que seintroduce polo ano, e si son nenos esto faise cunha pola de Pirixel.Tomar unhaculleriña de aceite de rícino. Tomar unha taza de auga morna con zume dunlimón mesturada cunha cullerada de aceite de oliva virxe, (ou unha culleradade mel) tres veces o día.

Como purgante para o estreñimento faise unha infusión con sementes deHerba Rateira ou Pos de Jalapa (ollo moi perigoso). Sempre nos contaban ocaso que llos deran a un veciño sen que el se enterara e que lle foi moita horaque case acaban coa súa vida.

Frotar a barriga en movementos circulares con aceite de oliva virxe. Tomarunha infusión de follas de freixo dúas veces o día. Tomar cirolas, pasas,figos pasos ou mazás raiadas ou asadas. Había quen facía lavativas.

Febre

Gardar repouso descansar ou deitarse e non abrigarse en exceso. Ir bebendodurante todo o día dous litros de auga co zume dun limón. Poñer na fronte unhacataplasma de follas frescas de verza. Axuda a baixar a febre excesiva empaparun pano con auga fría mesturada con vinagre e algo de alcol e aplicalona fronte, (tamén nas, monecas, axilas, barriga ou pernas) renovar cando opano se vaia quentando. Tamén dar fregas polo corpo con esta mestura. Tomarun baño de auga morna. Tomar infusión de manzanilla.

 

Flebitis

De cando cultivabamos o liño na casa. Ferver en dous o tres litros de augatres ou catro culleradas de sementes de liño durante aproximadamente mediahora filtrar e colar apretando ben as sementes; lavar con este líquido a zonaafectada e aplicar directamente en compresa, repetir varias veces.

Aplicar externamente un emplasto con follas de Árnica, renovar varias veces.Dar baños coa decoción de cola de cabalo (equisetum arvense) mellor sipode ser fresca; unha libra de herbas por tres litros de auga. E bo camiñar efacer algo de exercicio; hai que moverse.

A flebite se refire a inflamación das venas neste caso as superficiais, pretoda pel nas pernas.

 

Fracturas. Osos

Remedio moi coñecido e famoso na nosa zona para mellorar os males dososos, é o uso da Solda (Soldaconsolda ou Consolda), aplicando emplastosdesta herba. Foi moi usado antigamente na miña familia tamén a árnica.

Para o cansazo de pes e pernas, chagas, gretas, durezas e uñas infectadase bo tomar baños quentes de auga con sal. O mesmo para as pernas alternandoauga quente e fría. Se pode ser mellor é o auga de noso mar batido. Hoxe aTalasoterapia e moi recomendada aínda que na nosa terra a usamos desde tempoinmemorial.

 

Golpes, mazaduras e feridas

Para mazaduras e golpes, se quenta unha mestura de auga e vinagre e sal quese aplica en fomentos e logo cunha prenda de abrigo (de la) se cubre a zonaafectada para gardar o calor. Tamén simplemente e bo dar baños de augaquente con sal. Para quitar a inflamación e bo poñer por riba da zona unhafolla de verza en forma de cataplasma.

Para torceduras, esguices, tendóns, músculos, golpes, etc. Se dan fregas(masaxe) con aceite de oliva frío na zona afectada, e vendar. Para torceduras de nocellos (tobillos) e talón, xunto co anterior ponse no solo un carozo ou unhamazaroca (espiga) de maínzo e faise rodar a planta do pe repetidas veces.

Para curar os moratóns e bo aplicar cousas moi frías, un cacho de carnecru, rodaxa de pataca. Hoxe faise con xeo.

Espiña cravada na garganta: Sacala cunhas pinzas. Comer pan duro. Tragarunha bola de miga de pan sen masticar.

Para as feridas quéntase nunha tixola con aceite unhas follas de Chantá(Correola/Llantén) e ponse na ferida. Poñer follas de "xesta" machucadas.

Tamén e bo aplicarlle "tea de araña" que axuda a cortar a hemorraxia. Foimoi usado para as feridas como antiséptico e desinfectantes o uso de barro,mexos e saliva éo zume de algunhas plantas, a parte claro está da auga oxixenada,alcol, tintura de iodo, violeta de metilo (Metilrosanilinio cloruro, Violetade Xenciana, Vixencial) e máis modernamente a mercromina. Sempre lavarprimeiro a ferida con auga ou auga oxixenada. Para pequenos cortes aplicaralgodón, papel de fumar ou o pano anudado.

Para pequenos golpes na cabeza –os chichós–. E bo poñer sobre eles cousasmoi frías que se poden amarrar na zona, se usou moito unha moeda (antesde cobre dunha mota ), a folla dun coitelo (non cortarse), unha culler, etc.

 

Gota

Axuda a mellorar tomar frecuentemente zume de limón, laranxa ou de outroscítricos. Tomar cada día un unha cullerada de bicarbonato sódico nun vaso deauga – Non ato para hipertensos. Comer uvas, plátano, fresas ou cereixas(cando as hai) habitualmente. Cocer en auga unha cebola e tomar o líquidotres veces o día. Beber abundantes líquidos e facer exercicio. Meter a zonaafectada en auga fría para aliviar a dor. Baixar o mínimo o consumo de carnes.Non beber viño nin comer mariscos.

 

Grans. A pel. Ecema

Para as enfermidades da pel pero sobre todo de Herpes e bo a auga da infusiónde follas de nogueira. (Veciña de Ferrol, Ánxela Platas. 1980)

Bótase "unto" dirritido e quente (morno) nos grans para que rebenten, pódesebotalo cubrindo cun papel de estraza. Poñer fomentos feitos con flores deviouteiro en auga quente para os grans, pus, etc.

Auga de granizo (sarabia), neve e choiva e boa para a pel. Para a dermatites(irritación da pel) e bo o auga do mar. Para protexerse das enfermidades da peldar os nove baños no mar nas "Lagarteiras". Tomar o aire iodado nas praias demar moi batido e bo para algunhas enfermidades da pel. Din de algún médicoque recomendaba ir a praia de Valdoviño ou outra de mar batido.

Para eliminar as espiniñas (acné) e bo pasarlles un pano mollado en mexosda propia persoa ou de recén nacido, unha vez pola mañá e outra polanoite. Para eccema na pel e bo cubrila con barro (arxila) disolta en auga morna.Tamén aplicar follas de verza machucadas cuberta cun pano. Para osgrans con pus (furúnculos) e bo dar fomentos de auga quente ou botar externamentealcol ou tintura de iodo.

Para cando saen vexigas nas mans e bo mexar por elas ou lavalas con mexosde burra. Pínchalas cunha agulla e botar tintura de iodo, alcol rebaixado oumercromina.

Para os callos nos dedos untalos co zume amarelo da celidonia ou o brancode figos varios días. Frotalos con allo ou cebola partidos varias veces. Meteros pes nunha tina con auga quente e despois se refrega con pedra pómez.Bañar os pes en auga quente con sal e vinagre.

Para as gretas nos beizos e bo botar nata do leite ou aceite de oliva virxe,crema de cacao ou vaselina. Para os picores ou rozaduras na pel botar pos detalco ou de Talquistina.

Actualmente para todo o relacionado coa pel utilízase moito o "Aloe Vera",que ten multitude de usos, pero ollo débese usar o aloe vera 100x100 (99 % )natural sen aditivos que é transparente como o auga; remedio que por aquínon estaba dispoñible antigamente e que seu uso é moito máis recente nas nosasparroquias.

Nota: o Aloe Vera de flor amarela, según datos do museo do Aloe Vera, Lanzarote.

 

Celidonia.– Para sacar un gran o facía coa celidonia, eu saquei con ela ungran que tiña aquí.

Chantá.– Cando tiñas un callo nun pé (ollo de pega), se collían follas dechantá se metían nun vaso con vinagre 24 horas e despois o untabas e vendabas,e así había que facelo (renovalo) varios días (xeralmente 9 días) ou ata que desaparecera.Tamén se lle aplicaba o líquido das leiterellas. (Veciña de Covas) (*1)

 

Hemorraxias

Antigamente si tiñas unha hemorraxia te ataban "en cruz" e dicir o brazo dereitoa perna esquerda éo brazo esquerdo a perna dereita ata que paraba. Colocara cabeza para atrás e poñer un pano untado con vinagre na noca ea vezmollar a fronte con vinagre ou auga fría. (Veciña de Ferrol, Encarna P. 1984).

Para cando se sangra polos fociños taponar cun algodón. Meter un algodóncon auga oxixenada ou vinagre. Meter polas fosas nasais papel de fumarun canoto ou follas de pirixel. Colocar a cabeza hacia abaixo.

Hemorroides

Para as almorranas se cocen unhas follas de Nogueira e con esta auga quentefanse uns baños de asento na zona afectada. ou tamén faise un baño con salvadode Trigo. (Trad. familiar.– Fina e Ramón.Valón 1973)

Darse baños de auga moi fría pero outros o recomendan quente. Dar baños en auga da cocedura de manzanilla ou cola de cabalo cando este fría.

Polo menos 10 ou 15 minutos varias veces o día. Facer o mesmo pero mesturando tres follas de loureiro tres dentes de allo de dous clavillos. Hai que di que vai moi ben ir a praia e bañarse en auga do mar.

 

Hipo

Cando a persoa este despistado, meterlle "un susto". Beber a modiño sete ou nove sorbiños de auga seguidos / sen respirar, ou simplemente beber auga. Tomar unha culleriña de azucre a secas. Aguantar a respiración contando ata dez soltar o aire e logo beber un vaso de auga; para outros facer o mesmo pero botando a cabeza hacia atrás. Ou simplemente aguantar a respiración un tempo. Beber un vaso de auga ao revés (polo borde contrario se vai levantando e bebendo).

 

Intoxicación

E bo tomar un vaso de leite quentado morno con dúas culleriñas de sal ou mesmo con auga. Tamén e bo ir tomando un dente de allo en pequenas rodaxas. Tomar zume de limón tres veces o día. Beber abundante auga. Tomar o carbón activado de venta na farmacia.

 

Insomnio e nerviosismo

Para este trastorno e bo tomar unha taza de leite quente con ou sen mel antes de deitarse.

Tomar habitualmente ensaladas de leituga con abundante cebola. Cocer media leituga co canoto, nun litro de auga e tomar unha taza da infusión tres veces o día a última antes de deitarse. Darse un baño de auga quente unha hora antes de deitase relaxa. Dar baños con auga morna nas pernas, pes e brazos e monecas das mans.

Para estados de nerviosismo, ou excitación, como tranquilizante ou relaxante tomar Infusións de: Herba abelleira (melisa), Tila, Reina Luísa, Manzanilla, flores ou follas de laranxeira. Se poden mesturar varias destas herbas. Non esquecerse da valeriana de venta na farmacia.

 

Insolación

Para quitar o sol da cabeza (insolación), ponse un pano na cabeza, encher un vaso de auga poñelo sobre o pano da cabeza boca abaixo, e se verá que pronto soben as burbullas dentro do vaso; esto quer dicir que se está sacando o sol.

Poñer panos de auga fría para baixar o calor corporal. Bañarse en auga fresca sen xabón deixar que seque a pel ao aire. E bo beber auga durante todo o día e tomar alimentos lixeiros con algo de sal.

Para queimaduras na pel panos de auga fría o de auga mesturada con bicarbonato ou fariña de avea. Aplicar na zona afectada rodaxas de pataca ou maicena (fariña de maínzo) ou de pepino. Descansar en sitios sombreados.

 

Lombrices

A os nenos para cortarlles as lombrices dáselles a ulir un dente de allo, pois co cheiro o mal que provoca a enfermidade sairá fora éo neno sanará. Unha crenza parecida tíñamos da solitaria. Tomar en xaxún varios dentes de allo cocidos. (Trad. oral familiar, Valón 1970, María e Fina)

Cando os nenos tiñan dor de barriga por lombrices dábaselles unha infusión de ruda e tamén dábaselles a ulir a ruda.

Cando eran resistentes chamabas a unha entendida que che facía un ensalmo que dicía así:

As lombrices de "nome da persoa" son 9 / de esas 9 se volvan 8 / de esas 8 se volvan 7 / de esas 7 se volvan 6 / de esas 6 se volvan 5 / de esas 5 se volvan 4 / de esas 4 se volvan 3 / de esas 3 se volvan 2 / e esas 2 que vivan e reinen na vida de "nome da persoa." Un padrenuestro e un avemaría. Descontar as lombrices. (Trad., Ánxela Platas, Ferrol 1980).

Tomar en xaxún, un ou dous dentes de allo machacado ou en rodaxas mesturado con zume de limón repetir ata a súa desaparición. Deixar macerar un día allos ou cebola e beber o líquido o día seguinte. Tomar durante o día dous litros de auga de cocedura de píxel ou con zume de limón convén empezar en xaxún; tamén se pode mesturar con follas de menta, romeu ou dous clavillos.

Para os nenos darlles antes de deitalos, dúas culleradas de aceite de rícino nun vaso de leite morna non apto para nenos menores de 5 anos.

 

Mal de ollo.– Ver o artigo na revista do ano 2016.

 

Mareo

Sentarse ou deitarse e poñer as pernas en alto e respirar lentamente. cando é de baixada de azucre tomar un caramelo ou unhas onzas de chocolate. Dar masaxes circulares na fronte entre as cellas. Mirar fixa e concentradamente hacia un punto. Refregar as sens con vinagre. Apretar con forza, no medio da palma da man esquerda. Si o mareo é de cansazo físico tomar un vaso de auga. Zume de limón con azucre ou mel.

Para o mareo dos medios de transporte, coche, lancha é un bo remedio ir chupando rodaxas de limón. Poñer unha poliña de pirixel por riba do embigo pegada cun esparadrapo.

Para a baixada de tensión: Comer alimentos salados: xamón, bacallau, anchoas, etc. Tomar una copiña de coñac, caña, ou de outro licor (contraproducente).

 

Memoria

Para mellorar a memoria, comer habitualmente pasas ou cirolas pasas, ou mellor aínda "rabos de pasas". Tamén améndoas, noces e figos. Tomar noces durante nove días o primeiro tomar 6 e logo ir aumentando unha cada día.

 

Ollos, tirizós, orzuelos

Para resolver os tirizós (orzuelo infección dos párpados); se quenta un pouco un anel ou moeda de ouro e unha vez quente co orillo dánselle fregas de diante atrás. Tamén esto pode facerse cunha manta de la da cama, ou frotar cun allo. (Nove veces). Colocar varias veces na zona, o ollo dunha chave de porta das antigas pechaduras.

O tirizó e producido cando se ve pasar unha preñada por eso ai que procurar non ser visto por ela e levantar dedo polgar cando pase preto de un. Tamén se produce un tirizó si se está comendo algo diante dunha preñada e non se lle da parte do que se está comendo, porque esta pode quedar co antollo e botarte un mal aire.

A flor do viouteiro e boa para as enfermidades dos ollos. Para os males nos ollos e bo lavalos con infusión de manzanilla. Para as olleiras e bo poñer en cada ollo unha rodaxa de pepino.

Para quitar un pelo de pestana do ollo, coller cos dedos o párpado de arriba e remontalo sobre o de abaixo un intre e soltar suavemente ea pestana quedará pegada por fora do párpado de abaixo e xa doada de quitar. Despois aínda se pode poñer a pestana na palma da man pedir un desexo darlle unha palmada coa outra man, e si desaparece o desexo se cumprirá.

No caso de que algún bichiño ou area entre na niña do ollo ou se produza algún tipo de picor, coller unha copiña das usadas para o licor de guinda, enchela de auga abrir ben o ollo deixándoo aberto e aplicar no ollo intentando que non saia o auga por fora da conca. Para ter boa vista, conservala ou mellorala tomar moita cenoria. tamén para poñerse morena a pel untarse con zume de cenoria.

 

Oídos

Para a acumulación de cera, botar dúas ou tres gotiñas de aceite de oliva antes de deitarse e deixalo un tempo coa cabeza inclinada para que actúe, repetir varios días. Para desfacer os tapóns nos oídos, botarlle gotas de auga oxixenada. Botar tres gotas de vinagre de viño branco mesturado con auga e alcol.

Irrigalos (xiringuilla) con auga morna non maior a temperatura corporal, ou mesturada con vinagre.

 

Pedras de riñón. Cálculos

Tomar unha culler de aceite de oliva en xaxún tódolos días. Beber tódolos días dous litros de auga con dous limóns espremidos. Tomar tisanas de cola de cabalo. Tomar infusión de "mexos" Beber abundante auga todo o día.

Dor de riles, poñer panos quentes secos na zona ou unha faixa Cola de Cabalo=equisetum arvense. mexos =mexacán= dente de león = Tarasacum oficinalis.

Fig. 2. Medicina tradicional popular
Fig. 2. Medicina tradicional popular

Picaduras de animais

Abellas. Se mestura barro (arxila) ou terra con vinagre e se pon encima da picadura, baixa a inchazón e calma a dor. (Veciña de Ferrol. Encarna. P. 1990).

Frotar cun dente de allo cortado. Botarlle vinagre e despois frotar con allo ou cebola recén cortados. Se non hai outra cousa aplicar "mexos" da propia persoa que tamén se poden mesturar con barro. Tamén se pode aplicar "bosta" fresca de vaca; refregar con pirixel machacado ou aplicar leite de ovella ou mel. Botar na zona unhas gotas de amoníaco.

 

Mosquitos. Para aliviar a inflamación da picadura, botarlle externamente vinagre ou zume de limón. Pataca recen cortada, saliva ou barro. Botar alcol. Refregar con follas de pirixel. Para repeler os mosquitos, moscas e insectos: deixar nun pratiño un pouco de vinagre, unha rodaxa de limón cun varios "cravillos de cociñar" cravados, un dente de allo cortado en rodaxas, herbas aromáticas: herba abelleira (melisa cidrón/ela), menta, lavanda, eucalipto, loureiro, romeu, pementa de Caiena, etc. Foron moi utilizados os produtos comerciais: tiras de papel que pega, azucre amarelo, tiras adhesivas, e outros. Ultimamente se usan bolsas de plástico transparentes cheas de auga e colgadas para que brillen; sen esquecerse dunha ampla variedade de aparatos comerciais eléctricos, ultravioletas e ultrasonidos.

 

Picadura de cobra (víbora) ou alacrán ir o máis rápido posible a un centro hospitalario, o mesmo para os alérxicos as picaduras de certos animais; nada de remedios caseiros. –Si che pica o alacrán chama cura e sacristán–. Para todo tipo de picaduras: chupar o veleno (con coidado e cuspilo), apretar, pinchar ou cortar para que saia o veleno o mais rápido posible.

 

O sapo. Non se debe un acercarse a el nin tocalo, pois pódete mexar e botar pezoña. Si un sapo che mexa nos ollos te podes quedar cego, e si che tocan os mexos na pel che saen grans, picores, eccemas, etc.

Cando se estaba cavando a terra nas leiras si os veciños encontraban un sapo, o collían o espetaban na punta dun pau éo o cravaban na terra, e cando pasaba unha persoa que ollaba coma ó sapo movía as pernas berrábanlle e petaban no raño abucheándolle ata que se alongaba. O sapo se deixaba espetado na terra ata que se secaba: por este motivo e polo que as persoas coidábanse moito de pasar preto dos que estaban cavando e si o fan van moi caladamente.

Outras veces emborráchano dándolle de fumar poñéndolle un pitillo na boca éo fan fumar ata que estoupe; oin dicir que tamén fan esto cos lagartos.

Agora se sabe que non se deben matar pois son moi bos para a terra eliminan moitas pragas. (Trad. oral familiar, Ramón G.V. Valón, 1973)

Pensan algúns etnólogos que os rituais que se fan co sapo cando aparece labrando na terra representa o espírito da vexetación que para outras rexións europeas varia de animal sendo o grilo noutros lugares.

O sapo é un dos animais preferidos das bruxas, xunto co moucho, Curuxa, Gato Negro, Galiña Negra, Corvo, e morcego. Forma parte das súas apócemas, con el elabóranse os feitizos, fanse conxuros i esconxuros, de todo tipo, filtros de amor, de mal querer, etc. Foi moi utilizada a súa pel (alucinóxena) coma tamén a pel da culebra. Xunto coa píntega, son dous dos nosos animais temidos, e crenza da nosa antiga tradición que o seu "veleno" pode queimarnos a pel ou deixarnos cegos se nos mexa nos ollos.

 

Píntega. A Píntega non se lle podía tocar porque era moi jafosa. (*1)

 

Piollos

Para quitar os piollos:Lavar a cabeza con vinagre. Lavar a cabeza con aceite de oliva, deixar durante media hora e logo peinar con peine de dentes finos e finalmente aclarar con auga e xabón. Lavar a cabeza con petróleo deixalo durante un tempo logo aclarar. Peinar cun peine de dentes moi finos (liendrera) mollando con vinagre. Refregar a cabeza botando o ZZ especial que para iso venden nas farmacias. Lavar a cabeza con auga da cocedura de follas de eucalipto (ou romeu, ruda, allos machacados) e logo peinar con peine fino. Despois para prevenir lavar con certa frecuencia a cabeza finalizando con vinagre e despois aclarar.

 

Queimaduras

Para unha queimadura aplícase clara do ovo ou aceite de oliva frío, evitará que se forme vexiga e alivia a dor. Poñer pasta de dentes. Para as queimaduras producidas polo aceite ao cociñar e bo botarlles vinagre. Cortar unha rodaxa de pataca e aplicar na zona e renovar cando esta se quente. Para as queimaduras producidas polo sol se lle bota nata do leite.

Actualmente se usa moito un pedazo cortado de aloe vera e aplicar na zona. Antes este remedio non se usaba porque non había o costume do seu cultivo que é moito máis moderno na nosa horta. Hoxe nas casas úsanse as pomadas de farmacia..

 

Rabia

Dicíase que cando che trababa un can rabioso, había que collelo e matalo e coa súa sangue untar a mordedura e así se podía quitar a pezoña. O mesmo era para as picaduras de víboras. (Trad. familiar, Ramón G. Valón 1973)

Cando a unha persoa lle trababa un can o levaban a unha ponte e desde alí se miraba para o río, si se vía no río a sombra dun can e que ía coller a rabia, e senón non pasaría nada. Para esto non había cura, se morrían. (Veciña de Ferrol, Ánxela P. 1980)

 

Reuma e dores musculares

Para o reuma, dor de cadeiras, espiña e dores musculares en xeral e un bo remedio dar fregas con aceite de miñocas.

Para dor de espalda e dores reumáticos nas extremidades dar vergallazos na zona afectada con ortigas recen collidas, tamén machacar ortigas e darse fricios na zona afectada.

Para a dor de espalda aplicar compresas ou panos quentes e fríos alternadando. Para dores reumáticos en xeral poñer na zona afectada unha bolsa de tea quente de "area de praia collida da zona mollada" (panos quentes) a area pódese quentar no forno, na tixola ou pota.

Para a dor de espalda se recomenda cama (colchón) máis ben dura e durmir sen almofada, hoxe están moi de moda as almofadas cervicais. Para a tortícolis poñer panos quentes secos no lado afectado (se quentan coa prancha).

Para mellorar a circulación nas pernas e bo metelas nas olas do mar (baños de mar batido). Para o reumatismo e bo comer allos crus.

 

Rosa da pel

Para a rosa e psoriasis en animais ou en persoas se colle unha pola de acibre (acevo) que esté nun camiño por onde pase moita xente ou moito mellor por onde pase a xente que vai a igrexa, se trae para casa e se colga na corte (das vacas, por exemplo) ou na parede da casa, despois faise un nó no arbusto que se vai secando ata que seca de todo e ao mesmo tempo tamén desaparece a rosa. (veciño de Covas, T. Setembro 1992)

Para a rosa, coloración rosada que sae na pel sobre todo na cara pódese botar o látex de Celidonia. Untar a zona dando masaxes suaves con aceite de oliva virxe. Aplicar emplasto de fariña de avea. Aplicar panos húmidos de infusión de manzanilla. Colocar sobre a zona rodaxasde pepino.

 

Sarampión

Para calmar e aliviar os picores do sarampión e bo dar un baño en auga morna disolvendo dúas tazas de fariña de avea durante aproximadamente vinte minutos. o mesmo con infusión de manzanilla ou de follas de romeu. Para axudar na curación se tiña a habitación protexida de correntes de aire, unha luz de cor vermella ea ventá se cubría cun trapo tamén vermello; a bombilla se cubría cun papel de seda vermello para evitar molestias na vista. Botar nos grans pos de talco. Tomar zumes de laranxa ou limón.

 

Sarna

A sarna a quitabamos con Zotal rebaixado con auga, nos queimaba a pel pero saír saía. (Veciña de Ferrol, Ánxela Platas. 1980)

Aplicar externamente unha mestura de dúas culleradas de manteiga de porco cunha de azufre durante dúas horas finalmente enxugar. Mesturar unha parte de lexía con catro de auga aplicar con algodón dúas veces o día repetir varios días ata a súa melloría. Non rascarse.

Si se tiña a Sarna, se vai ao campo no rocío da noite de San Xoán e se dan 9 voltas. (Non me especificaron se espido nin si se refregaban na herba rociada).

A sarna é unha enfermidade da pel moi contaxiosa está causada por un ácaro Sarcoptes scabiei tamén coñecida como Escabiosis.

 

Sabañóns

Para os sabañóns, se dan baños de auga quente con sal. Pasalos de auga quente a fría varias veces. Tamén e bo botarlle zume de mazá, granizo ou mexar por eles. Hai xente que lles botaba alcol. Durmir con calcetíns de lana. Para as gretas de talóns, nocellos (tobillos) i entre os dedos dos pes se botan unhas gotas de sebo quente para aliviar.

 

Solitaria ou tenia

A solitaria era unha enfermidade que comías e comías e non te dabas farto. Era un bicho moi longo e delgado como unha tripa e de color amarelo. Houbo un enfermo que llo quitaron e despois o tiña gardado nun frasco como recordo. (Trad. oral, veciño de Covas) (*1)

Par sacar a solitaria había que provocar que saíse pola boca. Se poñía diante da boca un vaso de leite, auga ou algo de comida para provocar que saíse. Pasar uns días sen comer e logo facer gárgaras con leite quente para que saíra á boca e poder sacala para fora. (Veciño do Vilar, José m. 1977)

Contra a solitaria deixar macerar toda a noite tres dentes de allo picados nunha cunca de auga quente, e logo pola mañá beber este líquido en xaxún. Comer durante un día ou dous varios dentes de allo con cebola, (ou con noces) condimentado con sal e vinagre. Pasar un día sen comer o día seguinte sentarse na bacinilla chea de leite quente o recibir os vapores o animal sae.

Este remedio sempre me impresionou moito cando de neno escoitaba falar del. Cando se vía un neno esbrancuxado ou delgaducho sempre se dicía: –!terá a solitaria!

A solitaria ou Tenia –Taenia solium– e un parásito, platelminto clase Cestoda, que pode vivir no intestino delgado dos seres humanos, e mide normalmente de 3 a 4 m. pero pode alcanzar máis. Xeralmente se contrae o comer carne de porco ou vaca pouco cocida, crúa ou pouco cociñada.

 

Verrugas

Hai moitos remedios tradicionais para esta incomodidade.

Tamén se aplica o látex (leite amarelo) da Celidonia (herba das andoriñas) durante varios días, tamén usábase moito para abrandar os callos de mans e pes. Pasar as mans polo fluxo da regra dunha muller. (Veciño do Vilar, sta mariña, José m. 1980).

Para quitar as verrugas se colle unha pola de xesta se retorce e se refrega ben forte pola zona afectada embadurnandose ben coa auga que solta, despois se fai un nó na pola ea ao tempo que se vai secando a pola tamén o fai a verruga. (Veciño de Covas, T. setembro 1992).

Ir por un camiño polo que nunca as de volver a pasar coller sete polas de xesta facer un nó en cada unha e volver para casa por distinto camiño do que se saíu e sen falar con ninguén, a medida que as xesta se secan tamén secará a verruga. (Veciño de Ferrol, oscar 1993)

Coller varios pelos de cabalo e amarrar con "un" a verruga e despois tirar o resto dos pelos no medio da fenda dunha rocha ou dunha parede. (Veciño de Ferrol, oscar, 1993)

Din que si miras de noite para as estrelas e as contas che saen verrugas. Para sacalas pínchanse no centro da verruga cun alfiler e coa flama dunha vela se quenta pola cabeza, separando a chama cando chega a queimar moito e xa non se resiste, esto faise durante varios días ata que se sequen. Se amarra un fío que se vai apretando un pouco cada día ata que secan e caen. Botar na zona leite de figos ou de brebas; ou tamén mexar pola zona afectada.

 

Outros

Sopas de cabalo cansado.Na nosa casa se facía quentando viño tinto e azucre (con ou sen canela) ao que se engadía unhas migas de pan de mestura ou broa con corteza. Xeralmente se tomaba no inverno cando facía moito frío, para catarros ou dar forzas. Usábanse moito en Ancares cando tiñan que saír ao monte con mal tempo. En Galicia e Portugal hai varias maneiras de facelas; o pan pode ser calquera: de trigo reseso, de mestura, centeo, maínzo, etc. se pode tostar en migas ou rebanadas como as torradas. o ilustre escritor Álvaro Qunqueiro falaba moito delas. Noutros lugares da Iberia chámanlle sopas de burro cansado. sopas de viño, sopas borrachas, existindo diferentes recetas.

 

Estimulante amoroso. se falaba moito de: tomar infusión de menta piperita ou poexo (menta póleo), tomar un par de copas de "pipermin" (licor de menta), canela, un ou dous ovos pasados por auga con viño doce (Sanson, Málaga, etc.). Algúns dicían que había que tomar unhas copas de calquer licor para poñerse "a tono". Actualmente para este vello problema, úsanse unha gran cantidade de remedios, herbas, fórmulas e póxemas nos cinco continentes que non é o motivo deste artigo.

Cando un enfermo ten falta de calcio se lle da a tomar cascaras de ovo machacadas nun morteiro mesturadas con calquer alimento.

Para evitar dores reumáticos e bo levar unha pulsera ou brazalete de cobre (xa o facían os exipcios)

Non gardar as patacas nun lugar que lles de a luz da lúa porque se alúan (póñense verdes – solanina–son tóxicas).

Dar os nenos que mexan na cama tódalas mañás durante 20 días o zume dunha laranxa do país (media amarga)" e din que deixan de mexarse". Por probar non se perde nada. A flor de Acibar da Laranxeira úsase no auga máxica de S. Xoán (ou na auga de rosas). (*1)

Si un neno se mexa na cama se pon por riba do colchón un "pelexo de ovella" para que durma sobre el – remedio infalible din.

Para abortar falábase moito do uso da ruda, cicuta, pirixel e outros métodos. Estas prácticas son moi Perigosas poden ser de gran gravidade. En tal caso sempre acudir a un centro médico autorizado.

Para desinfectar solos, paredes, mobles, retretes, etc. usábase moito lexía, auga forte, zotal ou ZZ.

Non se deben cortar as uñas das mans os días que teñen "R" nin as dos pes os meses que teñen "R" porque poden saír uñeiros, padrastos, medias lúas ou se pican os dentes.

Cortar o pelo en lúa crecente medrará mais rápido si e minguante tardará mais, o mesmo para as uñas. Mellor comer as sardiñas os meses que non levan "R" e os mariscos o contrario.

Os ramos de arbores, plantas e cornos de diferentes animais se usaron moito como proteción para preservar as casas de aollamentos, maleficios, bruxas e diaños e toda crase de malos espíritos.

O véspera de S. Xoán, poñíanse unhas polas de Acibre ou Codeso en ramos colgadas nas aberturas da casa, nas entradas das portas: da casa, curral ou corte, para protexer o fogar e os seus habitantes incluídos os animais, de meigallos e todo tipo de maleficios. As súas espiñas firen as meigas, bruxas, demos, etc. impedindo que entren no fogar.

Unha veciña a señora Mercedes dáballe tódolos anos o meu tío Ramón unha poliña de oliveira bendita do dia de ramos para que nos protexera de males e para que a terra dera boa colleita.

Para protexerse dos raios nas treboadas se queimaba na lareira unha pola de Loureiro, (ou de Mimosa /acacia dealbata) bendicidas o día de ramos ou o da Candelaria.

Un ramo feito con polas de Mimosa e unha vela se levaban a bendicir a igrexa de Doniños o día da Candelaria (2 de Febreiro), e logo se traen para a casa e se gardaban para cando era necesario usalas, como por exemplo: Cando había unha forte treboada se encendía a vela que se poñía na lareira ou na mesa da cociña como proteción. A súa vez se rezaba a oración a santa Bárbara. (Trad.oral familiar. Fina e Ramón, Valón 1973). o Tronante é o xenio que trae as treboadas.

Cando unha muller non quedaba empreñada ía ao san Andrés (Teixido) e había que levar un ramo de teixo posto nunha vara de abeleira e tamén outros romeiros levaban a herba empreñadeira (ou h. de namorar) amarrada da vara.

Para alongar as cobras e as toupas queimar na zona cousas que cheiren moito, gomas, zapatos, coiros con gasolina ou gasoil. Para quitar unha sanguijuela que se pegou a pel, queimala coa cinza ardente dun pitillo.

Cando se quería facer un pozo para ter auga preto da casa se chamaba a un "entendido" que traía unha galla de Abeleira ou un vimbio que se usaba para buscar os mananciais de auga. El ía andando por todo o terreo e cando notaba que a galla se movía alí paraba e poñía unha estaca para marcar onde había que cavar. Había varios métodos.

 

As cóxegas.– Para quitarlles as cóxegas as rapazas/ces. Se ía a coller unha "rá" e se lles botaba por dentro da roupa.

 

Das enfermidades que igualmente eran moi populares como: Aciática (Ciática), Belidas, Espinela, Carbunco (Bacillus anthracis), Fogo de san antón (Herpes zoster), Garrotillo (Crup– laringotraqueobronquitis ),

Hernia, Mal de san Vito (Párkinson– non ten cura), nacidas (Pústula maligna), Paperas, Tifus, Tiña, Tiricia (Ictericia), Tuberculoses, Varicela, Viruela e outras. Non recollín ningunha nota de campo pero oía falar delas aos maiores da familia e sei que sí se recordan. Quedaron na toponimia do antigo concello de serantes dous nomes da enfermidade da lepra = malatos, ou gafosos en: A Malata e Casa do Gafos, onde eran recluídos os enfermos para que non contaxiaran.

Nota 1: (*1) Tradición oral recollida en Covas por Juan López Hermida entre os anos 2002 e 2007.

Nota 2: Tradición oral recollida nas parroquias do antigo Concello de serantes polo autor deste texto, entre os anos 1970 e 2016. Debuxos orixinais do autor.

 

Xabier Monteiro Graña

 

Bibliografía consultada

Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares, Jesús Rodríguez López. Ed. Celta–Lugo, 1974.

La medicina popular en Galicia, Victor Lis Quibén, Akal Ed. 1980. Biblioteca dixital, varios autores.

 

Volver o principio do artigo: Medicina e sabiduría popular tradicional na antiga terra de Serantes (I)

<< Volver