No presente estudio trátase a comunidade de lepidópteros ou bolboretas diúrnas, presentes no ámbito zonal dos arredores da Praias de Ponzos e Sartaña. Esta zona debe os ventos que a sacoden constantemente, o feito de posuír unha serie de interesantes elementos migratorios e aerófilos (que gustan dos ventos). Deste modo os prados que rodean a costa se converten en apacibles posaderos onde repousan, despois de arduas viaxes. Para facilitar o estudo dividimos a área en catro zonas, en certas ocasións os límites entre un e outro hábitat seran rebasados polas bolboretas, de modo que non sería estraño (máis ben habitual) o feito de que unha “Colias croceus” revoloteara zigzagueante entre os prados e o humidal.
Material e Métodos
Os muestreos realizáronse directamente; para captura-las bolboretas empregáronse dúas mangas: a primeira de 30 cm de diámetro cun mango 75 cm e a segunda de 40 cm de diámetro e un mango de 75 cm. A maioría das bolboretas identificábanse directamente, observándoas nun bote aínda que algúns exemplares deberon ser levados ó estudio para a súa correcta identificación.
Os móstreos realizáronse dende Junio ate Setembro do Ano 2006. Debido o escueto do prazo é posible que algunha especie fora "pasada por alto", polo que os resultados poden non ser definitivos.
TOXAL
Fam. Lycenidae
Entre as cinco especies de licénidos que se presentan neste hábitat, cabe destacar a presenza de Strymonidia spini, bolboreta que poderíamos cualificar de localizada; parece asentarse en puntos nos que é incluso moi abondosa. Gusta as areas de monte baixo, alimentándose a eiruga de diversas plantas da familia das rosáceas. Temos razóns para
supoñer que existe en Ponzos unha colonia importante. Este licénidos diferenciase das súas conxenéricas por presentar unha mancha azul-grisacea no reverso alar posterior.
Tamén hai que destacar a Leptodes pirithous migarante moi abondosa, que chega á costa en grandes grupos que rebolotean durante algún tempo entre as plantas das que liban coma Daphne gnidium, acompañada tamén por Pseudophilotes baton, outra migarante. A Leptodes pirithous podémola confundir sen excesiva dificultad coa súa conxenerica Lampides boeticus (de maior tamaño e bandas transversais paralelas).
O outro licénido que se presenta e Polyommatus icarus moi abondoso e ben distribuído en Galicia.
Listado
Lampides boeticus
Polyomatus icarus
Leptodes pirithous
Strymonidia spini
Pseudophilotes baton
Total de Taxóns: 5
Fam. Nymphalidae
Esta familia encontrase aquí representada con elementos moi adaptables e abondosos noutros hábitats e mesmo noutros lugares. Son destacables pola súa grande abundancia as poboacións de Pyronia tithonus pardoi presentes sobre todo dende finais de Xullo ata mediados de Setembro.
Listado
Pyronia tithonus pardoi
Pararge ageria
Maniola jurtina
Coenonympha phamphilus
Inachis io
Vanessa atalanta
Cinthia cardui
Total de Taxóns: 7
Fam. Pieridae
Familia ben representada neste hábitat, con case a metade de especies que se encontran presentes en Galicia. Os elementos presentes son moi abondosos.
Listado
Pieris rapae
Pieris napi
Pieris brassicae
Leptidea sinapis
Colias croceus
Gonepteryx ramnhi
Pontia daplicide
Anthocharis cardamines
Total de Taxóns: 8
Fam. Hesperidae
Familia representada por cinco especies, das que catro non son excesivamente abondosas no resto de Galicia: Thymelicus acteon, Thymelicus lineola, Thymelicus silvestris e Carchadorus alceae. En canto a outra, Erynnis tages, é unha especie localizada, aínda que ben distribuída.
Listado
Pieris napi
Erynnis tages
Thymelicus acteon
Thymelicus lineola
Thymelicus silvestris
Carchadorus alceae
Total de Taxóns: 5
Fam. Danaidae
A única especie desta familia que citamos, non foi avistada durante os muestreos pero recurrimos a dúas citas de esta especie, ambas de Eliseo H. Fernandez Vidal:
—1ex. 29-9-1980 Praia de Santa Comba, 5msm, Cobas Ferrol, A Coruña (FERNÁNDEZ VIDAL, 1983)
—2ex. 14-9-1981, Praia de Santa Comba, 0msm, Cobas, Ferrol, A Coruña (FERNÁNDEZ VIDAL, 1983)
Débese destacar o carácter de migarante desta especie que só arriba nas nosas costas de forma ocasional.
Listado
Danaux plexippus
Total de Taxóns: 1
Fam. Papillionidae
A outra especie Iphiclides podalirius feisthamelii debería estar presente aínda que non se atopou nos móstreos. O adulto de Papillio machaon hispanicus liba de cotío no fiúncho ou anís, da que ademais se alimenta a eiruga.
Listado
Papillio machaon hispanicus
Total de Taxóns: 1
Postduna
Fam. Lycenidae
As tres especies que encontramos neste hábitat son moi comúns, xeralmente encóntranse de paso, libando de cando en cando nas poucas plantas con flor que se encontran nun medio tan hostil, cunha marcada aridez. Principalmente encontramos as maiores concentracións sobre os densos arbustos de Daphne gnidium. En ocasións (grandes entradas de bolboretas migrantes), podemos ver unha inaudita cantidade de exemplares de Leptodes pirithous libando nos devanditos arbustos.
Listado
Celastrina argiolus
Poliommatus icarus
Leptodes pirithous
Lampides boeticus
Total de Taxóns: 4
Fam. Nymphalidae
Familia representada por tres especies que se limitan a revolotear, sendo estraño que se alimenten nalgunha das plantas.
Listado
Parage aegeria
Maniola jurtina
Pironia tithonus pardoi
Vanessa atalanta
Total de Taxóns: 4
Fam. Pieridae
Das dúas especies deseñadas pódese dicir o mesmo que na anterior familia.
Listado
Pieris rapae
Colias croceus
Total de Taxóns: 2
Fam. Hesperidae
Listado
Thymelicus acteon
Thymelicus lineola
Thymelicus silvestris
Total de Taxóns: 3
Fam. Danaidae
Listado
Danaus plexippus
Total de Taxóns: 1
Fam. Papillionidae
Listado
Papillio machaon hispanicus
Total de Taxóns: 1
HUMIDAL
Fam. Lycenidae
Neste hábitat se dan as maiores concentracións de Celastrina argiolus, asi mesmo son moi abondosas Leptodes pirithous e Lampides boeticus, libando no Lithrum salicarium
Listado
Celastrina argiolus
Poliommatus icarus
Leptodes pirithous
Pseudophilotes baton
Lampides boeticus
Total de Taxóns: 5
Fam. Nymphalidae
Listado
Maniola jurtina
Parage aegeria
Pironia tithonus pardoi
Inachis io
Total de Taxóns: 4
Fam. Pieridae
Leptidea sinapis
Colias croceus
Pieris napi
Pieris rapae
Pieris brassicae
Gonepteryx ramnhy
Total de Taxóns: 6
Hesperidae
Listado
Ochlodes venatus faunus
Thymelicus acteon
Thymelicus lineola
Total de Taxóns: 3
Fam. Papillionidae
Listado
Papillio machaon hispanicus
Total de Taxóns: 1
PRADOS
Lycenidae
Listado
Celastrina argiolus
Leptodes pirithous
Lampides boeticus
Total de Taxóns: 3
Nymphalidae
Listado
Maniola jurtina
Pararge aegeria
Pironia tithonus pardoi
Total de Taxóns: 3
Pieridae
Listado
Pieris rapae
Pieris brassicae
Pieris napi
Leptidea sinapis
Total de Taxóns: 4
Hesperidae
Listado
Ochlodes venatus faunas
Thymelicus silvestres
Thymelicus lineola
Total de Taxóns: 3
Fam. Danaidae
Listado
Danaus plexippus
Total de Taxóns: 1
Fam. Papillionidae
Listado
Papillio machaon hispanicus
Total de Taxóns: 1
Conclusións
O conxunto da praia de Ponzos, Sartaña e arredores, presenta unha serie de elementos moi interesantes entre os que destaca a Danaux plexippus e a colonia de Strymonidia spini.Tamén debemos resaltar as colonias de Papillio machaon hispanicus, presumiblemente escasas nas costa de Ferrol e comarca. O hábitat con maior cantidade de especie e o Toxal (27 Especies), seguido polo Humidal (19 Especies) e A Postduna e Pados (15 Especies). Este hábitat debería de protexerse, ademais de estudiarse en maior profundidade noutros campos faunísticos.
Para calquera comentario:
andreslealvias@yahoo.es
Andrés Leal Viñas. Membro da Sociedade Galega de Historia Natural
BIBLIOGRAFÍA
IGLESIAS, JOSÉ LUIS Y ASTOR CAMINO, XULIO
Guía das Bolboretas de Galicia, Xerais, 326 páxs.
L. G. HIGGINS Y N. D. RILEY Guía de Campo de las Mariposas de España y de Europa, Omega, 452 páxs.
FERNÁNDEZ VIDAL, ELISEO. Dossier informativo. Operación Monarca. Ceida 23 páxs.
FERNÁNDEZ VIDAL, ELISEO. Guía de las Mariposas Diurnas de Galicia. Excma. Diputación de A Coruña Publicaciones 219 paxs.
FRANCIS ROSE, Clave de Plantas Silvestres, Omega, 491 páxs.
SOÑORA GÓMEZ, FRANCISCO JAVIER Estudio das Matagueiras do subsector Galaicoasturiano septentrional, Universidade de Santiago, 219 páxs.