Círculo Lítico de Covas. Cromlech. Monumento das Antas. Pedrouzo (Santa Comba)

18/11/2022, Xabier Monteiro Graña

​​
Coto do Pedrouzo
Coto do Pedrouzo

 

CÍRCULO LÍTICO DE PEDROUZO. Nº 1

Ao inspeccionar unha zona da costa seguindo vellos camiños con motivo do estudio de varios  topónimos indicadores de posibles xacementos arqueolóxicos como as medorras (cámaras/ arcas/dólmenes), asomaban  do chan unhas antas tombadas entre a vexetación (herba e felgos)  nunha pequena bagoada e nun espáceo lixeiramente elevado e chá, moi preto do Coto de Pedrouzo  e próximo ao mar entre as praias de Santa Comba e Sartaña.  Se trata dun conxunto de 9 (actualmente 8)  rochas (Antas/Menhires)  emprazadas ao longo de dous eixos E.-O. 15 mts. e N.-S. 15,50 mts.  O eixo N.-S. se aliña ao N. co pico do Coto de Pedrouzo éo S. coa pequena elevación do coto de Cardido. A disposición das Antas e poligonal tendendo  a ser circular (Crómlech). As chantas foron extraídas da canteira prehistórica existente no montículo (Coto de Pedrouzo) que está preto a unha distancia de 80 metros, e trasladadas ata este lugar e fincadas de pe (pedrafita), están  lixeiramente traballadas son rochas de "porfido granítico"  de grao fino e cor clara. A forma e variable  prismática  irregular e rematada no extremo superior en forma semicircular ou apuntada), 5 das cales teñen aprox. as mesmas dimensións 1,10x0.80x0,35 mts., outra a Pedra Principal é algo mais grande 1.50x 1,10x0,35   e outras 3 algo máis pequenas aprox. 0.5 metros.  Ver fig.1.

Figura 1 A. Fotografía aérea do xacemento Círculo Lítico (Crómlech), vuelo de Costas en 1989
Figura 1 A. Fotografía aérea do xacemento Círculo Lítico (Crómlech), vuelo de Costas en 1989
Figura 1 B. Aliñamento de cinco chantas cara a punta do Cabo Prior. Fotografía aérea con drone
Figura 1 B. Aliñamento de cinco chantas cara a punta do Cabo Prior. Fotografía aérea con drone
Figura 2 A. Anta nº 1 coa parte superior cortada (cincelada) para eliminar os petroglifos
Figura 2 A. Anta nº 1 coa parte superior cortada (cincelada) para eliminar os petroglifos
Figura 2 B. Anta nº 4 coa parte superior cortada (cincelada) para eliminar os petroglifos
Figura 2 B. Anta nº 4 coa parte superior cortada (cincelada) para eliminar os petroglifos
Figura 3 A. Anta nº 5 coa parte superior cortada (cincelada) para eliminar os petroglifos
Figura 3 A. Anta nº 5 coa parte superior cortada (cincelada) para eliminar os petroglifos
Figura 3 B. Anta nº 7 con remate en punta. Típico dos menhires europeos
Figura 3 B. Anta nº 7 con remate en punta. Típico dos menhires europeos

A 52 metros do círculo lítico cara a Insua de Santa Comba hai outra Anta (menhir) fincada en vertical de forma e dimensións similar as anteriores. Na cara sur e na este (Sartaña) existen mais restos Antas tombadas (menhires de diferentes tamaños) que probablemente formaban varios aliñamentos ou algún outro círculo dos que con toda seguridade actualmente faltan varias chantas. Estas Antas  marcarían e definirían un camiño ritual ou iniciático de acceso a este xacemento (santuario prehistórico)  e posiblemente a outro das mesmas características existente no terreo da praia das Fontes actualmente desaparecido pola erosión mariña cuxas pedras acabaron enterradas baixo a area; o que motivou o traslado deste lugar sacro (onde existía unha necrópoles) a onde está actualmente situada a ermida de Santa Comba (Santa Columba outra necrópoles) posteriormente cristianizado nos primeiros séculos do cristianismo. A liña de costa na prehistoria recente estaba mais alongada que actualmente.  No neolítico (3000 -5000 a.C.) o nivel do mar na costa galega estaba entre 4 e 5 metros mais abaixo que o actual o que fai que a liña de costa estivera máis alongada que na actualidade,  pero ía subindo progresivamente co paso dos séculos. 

 

CÍRCULO LÍTICO DA CROA DO COTO DE PEDROUZO. Nº 2

Na mesma croa do coto o terreo foi lixeiramente aplanado para situar outro Círculo Lítico de menores dimensións que o anterior  de un diámetro  aprox. de 6 mtrs.  formado  por 6 pedras chantadas de pe (actualmente tombadas) de 0,5 -0,7 mts. No centro do mesmo  da a impresión que houbo un ou varios  enterramentos  arrasados polos buscadores de tesouros e os cristianizadores.  Unha característica especial de éste Círculo é que catro das pedras que o forman teñen unha cruz (grega -cristiana) lixeiramente gravada nas mesmas (petroglifos); e ademáis tamén moi ben gravada as letras (acrónimo) "NP" co significado de "Novo Testamento",  sinal inequívoca de cristianización dunha necrópoles (espazo funerario sacro)  e de antigas crenzas e rituais prehistóricos indíxenas realizados nos outeiros aínda nos primeiros tempos da cristianización. Tamén aparecen nas mesmas unhas moi pequenas  cazoletas (2 cnts.), e unha das chantas  da a impresión que foi cincelada para borrar o petroglifo que posiblemente tiña.   A cruz grega (cruz Immisa)  (catro brazos iguais)  foi a utilizada desde os primeiros tempos do cristianismo ata o romanticismo (sec. XVIII). As siglas gravadas corresponden ao tipo de letra "capitalis monumentalis ou capiteles cuadrados romanos- romano trajano" utilizadas polos románs e na edade media. A divinidade indixena primordial indoeuropea Dyeu-dyu = luz diurna, /deyw= brillo, luz , deus/divus =ser de luz; Dyus pitar/piter Deus Pai do Ceo  da luz solar, do raio eo trono /deus dos fenómenos atmosféricos  habitante tamén dos outeiros (os montes sacros Zeus-Iupiter olímpico). A divindade solar e sustituida aqui pola nova divindade do "NT, Novo Testamento" o Deus cristiano ea Trindade "Deus Pai, Fillo e Espíritu Santo representado aqui polas 4 cruces, eas siglas "NT" e o simbolo do Espiritu Santo a Pomba Santa  e dicir a Santa Columba (Santa Comba). 

Figura 11. Esquema. Cículo Lítico Nº 2 da Croa do Pedrouzo (Covas)
Figura 11. Esquema. Cículo Lítico Nº 2 da Croa do Pedrouzo (Covas)
Figura 6 A. Círculo Lítico (Crómlech) Nº 2 da Croa do Pedrouzo. Imaxe satélite Sede Catastro
Figura 6 A. Círculo Lítico (Crómlech) Nº 2 da Croa do Pedrouzo. Imaxe satélite Sede Catastro
Figura 6 B. Fotografía do Círculo Lítico Nº 2 da Croa do Pedrouzo
Figura 6 B. Fotografía do Círculo Lítico Nº 2 da Croa do Pedrouzo
Figura 7 A. Cruz nº 1 gravada no Círculo Lítico Nº 2
Figura 7 A. Cruz nº 1 gravada no Círculo Lítico Nº 2
Figura 7 B. Cruz nº 2 gravada no Círculo Lítico Nº 2
Figura 7 B. Cruz nº 2 gravada no Círculo Lítico Nº 2
Figura 7 C. Cruz nº 3 gravada no Círculo Lítico Nº 2
Figura 7 C. Cruz nº 3 gravada no Círculo Lítico Nº 2

 

Arqueoastronomia

Toda esta área (cume/croa do coto)  ten unha gran visibilidade hacia os 4 puntos cardinais. A característica principal de este xacemento (Círculo Lit. Nº1) e o eixo E.-O. xa que  5 das antas (Nº 2, 5 ,7, 8  e 9)  forman un aliñamento (E-O.)  orientado "exactamente" hacia a Punta mais extrema do Cabo Prior (Os Cabalos) vista desde este lugar  e coincidente coa Posta do Sol no día do "Solsticio de Verán".(21/22 Xuño - día mais longo e luminoso do ano). O primer cálculo realizado foi comprobar o azimut  (ángulo -orto e ocaso) da  saída e posta do sol desde este lugar con respecto ao norte (euacións da posición dun astro,- triángulo esférico- neste caso do Sol) para o día do Solsticio de Verán (21 Xun. /S. Xoán). O Acimut  sae 56,8 (= 57º) Oeste.  Seguidamente apuntando coa busola (compás)  a sorpresa foi que o Astro Rei saía nese día "xusto" case no pico do Coto da Vela (Monte Campelo-Meirás) e a posta no extremo do Cabo Prior "xusto" na Pena dos Cabalos hacía ónde apuntaba este aliñamento; dous puntos moi extremos e moi doados de visualizar, identificar e recordar o que  daba a entender que  non podía ser casual senón que este lugar fora elixido  e moi estudiado para determinar con precisión este día. So quedaba facer a comprobación  visual o día do Solsticio de Verán desde este lugar. Ver Fig.2

Desde este punto (a  saída do Sol no Solsticio de Verán (21 Xun.) está (acimut) a 57ºNE. e a posta a 303º SO. Para o Solsticio de Inverno  (21 Dec.) a saída está a 123º SE., ea posta a 237º SO.  Os Equinoccios como e sabido a saída é  90ºE  ea posta a 270º O. Todos os acimuts das saídas e postas anteriores son simétricas respecto a liña meridiana N-S do lugar de observación. Os ortos e ocasos desde este lugar non están a nivel do mar polo que a súa visualización está desprazada do seu punto orixinal debido ás alturas dos montes que o rodean (Meirás, A Lagoa e Montes do Cabo Prior) , a excepción da "posta do Sol no Solsticio de Verán".

O aliñamento central está orientado a 303º (ou 57º O. do N.), marca unha posición ben intencionada a Posta a nivel do mar o día grande do Sol cando acada súa máxima altura e seus puntos máis extremos na saída (Monte Campelo Coto da Vela -Meirás/242mts) e posta extremo do cabo Prior (Os Cabalos/Cabalo Grande); a partir de este día o Sol retorna sobre seus pasos da a volta cara atrás (baila.- nas Bailadoras que son estes puntos extremos onde rebota e da a volta) logo pasa polo equinoccio ata chegar ou Solsticio de Inverno (Nadal) o outro extremo final, día mais escuro e curto do ano e a partir de aquí reinicia un "Novo Ciclo anual." Desde o cume (croa) do coto de Pedrouzo en liña ata a ermida de Santa Comba a visualización da saía e posta no solsticio é aproximadamente a mesma.

Estes dous puntos extremos dos Solsticio simbolizaban (e simbolizan) "As Portas do Ceo" coñecidas desde as primeiras civilizacións (sedentarias, agrícola/pastorís) que desde os tempos mais antigos desde Oriente chegaron a toda Europa. Por exemplo Göbekli Tepe santuario de culto solar relixioso máis antigo do mundo: IX milenio a. C . e todas as civilizacións que lle seguiron en aqueles milenios primeiros da sedentarización da humanidade que estudaron e coñecían estas posicións astronómicas esteladres, da Lúa e do Astro Rei para poder realizar o culto e medir o tempo (ciclo anual/calendario) e as estacións. Ver figuras.

Figura 9. Esquema Círculo lítico Nº1 no Pedrouzo. Posición do sol Orto e Ocaso no Solsticio de Verán
Figura 9. Esquema Círculo lítico Nº1 no Pedrouzo. Posición do sol Orto e Ocaso no Solsticio de Verán
Figura 10 A. Posición do Círculo lítico Nº 1 e do sol
Figura 10 A. Posición do Círculo lítico Nº 1 e do sol
Figura 10 B. Esquema Círculo lítico Nº1 no Coto do Pedrouzo
Figura 10 B. Esquema Círculo lítico Nº1 no Coto do Pedrouzo
Figura 1 C. Aliñamento de cinco chantas cara a punta do Cabo Prior
Figura 1 C. Aliñamento de cinco chantas cara a punta do Cabo Prior

A denominación popular de "A Bailadora" punto ónde o Sol " baila" (Ver bailar o Sol o día de S. Xoán) e debido a que o astro fai o mesmo que se fai no baile e dicir "dar volta" -da a volta cara atrás e volve por ónde veu. O sincretismo relixioso das culturas e mitoloxías antigas, ( Osiris, Horus, Mitra, Attis, Krishna, Sol Invictus romano, etc.) divinidades solares que resucitan o representaban ben, Deus é a Luz e "ao terceiro día Resucitou" concepto recollido tamén antigüamente no cristianismo. Tal e así en realidade porque "Solsticio" significa "parada" o Sol ese día para no mesmo punto do horizonte "dous días" o que nas antigas culturas significaba "a morte do astro" éo ao terceiro volve (Solst. de Inverno-Nadal) cara atrás e renace (crecendo a Luz, -as horas de luz) un novo ciclo do calendario Luni-Solar. Os dous solsticios (verán/inverno) na antigüidade eran considerados como "As Portas do Ceo ea As Portas dos Deuses" Igual que os puntos de comezo e final da Vía Láctea cristianizados como "Camiño de San Iacobus e Camiño de Santo Andé de Teixido."

Figura 4 A. Saída do Sol no solsticio de verán o 23 de xuño do 2021 en monte Campelo. Cota da Vela (Meirás)
Figura 4 A. Saída do Sol no solsticio de verán o 23 de xuño do 2021 en monte Campelo. Cota da Vela (Meirás)
Figura 4 B. Saída do Sol no solsticio de verán o 23 de xuño do 2021 en monte Campelo. Cota da Vela (Meirás)
Figura 4 B. Saída do Sol no solsticio de verán o 23 de xuño do 2021 en monte Campelo. Cota da Vela (Meirás)
Figura 4 C. Saída do Sol no solsticio de verán en xuño do 2022 visto dende Santa Comba, As Fontes
Figura 4 C. Saída do Sol no solsticio de verán en xuño do 2022 visto dende Santa Comba, As Fontes
Figura 5 A. Posta do Sol no extremo de Cabo Prior (Os Cabalos - Cabalo Grande). Solsticio de verán o 22 de xuño do 2021 (Covas)
Figura 5 A. Posta do Sol no extremo de Cabo Prior (Os Cabalos - Cabalo Grande). Solsticio de verán o 22 de xuño do 2021 (Covas)
Figura 5 B. Posta do Sol no extremo de Cabo Prior (Os Cabalos - Cabalo Grande). Solsticio de verán o 22 de xuño do 2021 (Covas)
Figura 5 B. Posta do Sol no extremo de Cabo Prior (Os Cabalos - Cabalo Grande). Solsticio de verán o 22 de xuño do 2021 (Covas)

Como é sabido o ritual de celebración do culto solar desde o inicio dos tempos é con lume (luminarias, cacharelas, fogatas, facheiros, rodas de lume, etc. -luz e calor) por ser este o símbolo da roda solar. Se acompaña con baile rodeando a luminaria dando 7 voltas primeiro en sentido das agullas do reloxo e outras 7 en sentido contrario imitando o sentido crecente do día e decrecente do viaxe do astro e da luz solar,

Pedrouzo, Lat.=43° 33' 27.69" N. Lonx.= 8° 16' 43.68" W. Para o ano 2021, o día do Solsticio de Verán foi o 21 de Xuño as 05:32 Horas.

 

Función

Esta disposición das antas con simetría intencionada parece a primeira vista un santuario (calcolítico) ao aire libre tipo Crómlech. No primer momento parecía que as pedras estaban tumbadas no chan debido ao paso do tempo ou a interacións climáticas, pero unha observación mais detida me dou a entender que foron derribadas intencionadamente xa que dúas (Nº1 e Nº. 5) foron cinceladas na parte superior nos primeiros tempos da cristianización para borrar os gravados que representaban as divindades os "numen locci" das antigas crenzas e prácticas máxico-relixiosas profanas e facelas desaparecer e esquecer.

A unha distancia de 350 metros cara o sur no lugar de Coto de Cardido apareceu na cuneta da pista da parcelaria unha acha votiva de pedra (esquistosa) con liñas gravadas e tres ocos a modo de idoliño vixiante e protector, probablemente unha das ofrendas dun túmulo prehistórico da mesma data do círculo lítico. Ademais no mesmo cume (coto de Cardido) existen unhas 20 pedras de medianas dimensións que con toda probabilidade formaban parte dunha necrópoles (prehistórica ou de outro crómlech) que foi destruída polas labores agrícolas ea pa mecánica que abriu a nova pista da parcelaria. Ver figura.

O aliñamento central do Círculo marca unha posición (topografia/orografía) sacra de antigas crenzas prehistóricas dos Finisterrais Atlánticos do Final da Terra entrando no mar (hierofanía) éo mesmo tempo astronómica tamén sacra do Astro Rei (Sol -antiga divindade) penetrando baixo a Terra éo Mar, crenzas que determinaron a construción de este santuario de culto Solar e telúrico da Deusa Nai (Xea/Terra)..

Figura 8 A. Acha de pedra neolítica (votiva). Presenta na cara anterior dúas raias inclinadas en na parte posterior tres ocos simulando unha cabeza (idoliño-antropomorfo). Aparecida a 350 m. ó sur do xacemento. Ofrenda de amortización dunha medorra (necrópole)
Figura 8 A. Acha de pedra neolítica (votiva). Presenta na cara anterior dúas raias inclinadas en na parte posterior tres ocos simulando unha cabeza (idoliño-antropomorfo). Aparecida a 350 m. ó sur do xacemento. Ofrenda de amortización dunha medorra (necrópole)
Figura 8 B. Acha de pedra neolítica (votiva). Presenta na cara anterior dúas raias inclinadas en na parte posterior tres ocos simulando unha cabeza (idoliño-antropomorfo). Aparecida a 350 m. ó sur do xacemento. Ofrenda de amortización dunha medorra (necrópole)
Figura 8 B. Acha de pedra neolítica (votiva). Presenta na cara anterior dúas raias inclinadas en na parte posterior tres ocos simulando unha cabeza (idoliño-antropomorfo). Aparecida a 350 m. ó sur do xacemento. Ofrenda de amortización dunha medorra (necrópole)

Os Crómlechs, derivado do bretón: kroum (croa) lech (pedra), como todos os monumentos megalíticos/calcolíticos, eran esencialmente de carácter funerario e dicir necrópoles, moitos rodeaban a túmulos (dolmens) outros carecían deles; pero algúns dada a súa complexidade disposición e monumentalidade fan pensar nun uso que vai mais alá, como lugares sociais de reunión das comunidades, santuarios/templos de culto a divinidades e aos antepasados, polo que se consideran "lugares sagrados". Existen en tódolos continentes pero non coas mesmas funcións nin simbolismo, das que os estudios mencionan as seguintes: necrópoles, santuarios, templos, (relacionados con rituais), rodas medicina para curación de enfermidades, observatorios astronómicos para marcar as estacións éo calendario, reloxos de sol, marcos de territorio, control de zonas de pasto, ou outras funcións descoñecidas.

Todo o cume do coto (croa) estaba constituído por varias arcas (cámara-dolmen) que foron brutalmente "derribadas e desfeitas" por un grupo ben organizado e con certo poder como pudo ser unha congregación relixiosa de frades que requiría o esforzo de varios homes dado o peso e as dimensións das chantas de pedra. Se percibe un ensañamento e certa agresividade (mazas, mandarrias, palancas, punteiros e cinceis) contra o xacemento (profano) e hai varias rochas recortadas (cinceladas) na cara superior e lateral posiblemente para eliminar petroglifos. Non semella ser obra de canteiros/pedreiros nin de buscadores de tesouros aínda que estes últimos tamén actuaron. A croa do coto cristianizado coas catro cruces foi lugar de enterramentos prehistóricos o que o converteu nun Pico Sacro ou Montaña Sacra (orografía sagrada) un tema universal con simbolismo moi coñecido en todas as culturas, fogar das antigas divindades ónde estas se manifestan por estar mais próximas ao ceo.

 

SILLA DA MOURA. PENA DA MOURA

Uns poucos metros abaixo da croa do coto cara ao nordés hai unha pena que semella estar toscamente traballada na rocha nai rebaixada coa forma de silla ou leito en lixeira pendente con repousabrazos (ou repousa cabeza) tamén tallado, algo similar aos altares rupestres tipo "trono ou leito" que se reparten en varias localidades da Peninsula Iberica, (Pena da Silla, Silla do Mouro/a/ Silla del Moro/a/ Silla do Rei/ Pena do Mouro/Moura, Peña del Moro/Mora), como comunmente se coñecen e parecida a algunhas das "Sacra Saxa" pedras figurativas sacras ou santas coñecidas na Península e Portugal catalogadas como Altares de Santuarios Rupestres ubicados en pequenos outeiros (altarium= altares) , moitos deles cristianizados con ermidas con nome de santos ou da Virxe. Tal vez elexida pola súa forma, dimensión e situación "xusto" de cara ao pico do Coto da Vela - Monte Campelo (Nordés) - pico por onde sae o Sol no seu día de culto e veneración o Solsticio de Verán 21 de Xuño -San Xoán, cando os primeiros raios do sol ao sair iluminan dito leito (Hierogamia Sol-Terra Nai). A rocha ten forma abarquillada vista de norte a sur (Barca Solar?) na arista norte ten unha fenda acanalada e un rebaixe que remata nunha pequena repisa como para pousar unha cunca onde recoller algún líquido ritual. Baixo esta mesma repisa (40 cmt.) se situan a nivel do chan catro pequenos escalóns toscamente tallados (¿con achas de pedra?) que semellan tamén ser rituais; si de un altar tipo trono ou leito rupestre se tratara faltaría un elemento mais como unha laxe con pía natural ou artificial para realizar rituais, Esta pena puido sufrir retoques de destrucción. A construción militar dunha garita para albergar os proxectores de vixianza da costa destruiu a parte frontal onde puidera haber mais elementos arqueolóxicos. A 140 metros na praia de Sartaña desemboca un pequeno regueiro de auga. Todo o referido anteriormente pode ser o motivo da brutal agresión que sufriu todo o xacemento para eliminar o culto indíxena ritual -non cristiano- e de ofrendas que probablemente se realizaba en este lugar sagrado de culto aos antepasados e a divindade solar. Medidas da silla-leito; (terreo inclinado) altura norte 1,50 mts. sur 2,40 mts. - longo int 1,70 mts. ext 1,80 mts. ; ancho int 0,70 mts. Respaldo, ancho max, 2,80 mts.Ver imaxes.

Figura 14. Silla da Moura. Posible altar rupestre
Figura 14. Silla da Moura. Posible altar rupestre
Figura 15. Silla da Moura. Posible altar rupestre
Figura 15. Silla da Moura. Posible altar rupestre
Figura 13. Escalóns rituais. Silla da moura
Figura 13. Escalóns rituais. Silla da moura
Figura 16 Praia das Fontes e Coto da Vela (Monte Campelo)
Figura 16 Praia das Fontes e Coto da Vela (Monte Campelo)

 

En Galicia existen abundantes exemplos de crstianización de montañas con xacementos prehistóricos algunhas delas ben coñecidas como: Pico Sacro, Monte Pindo, Ara Solis e Pedras Santas (Cabo Fisterra -ermida de San Guillerme), Monte Larouco, Monte do Corpiño (Virxe do Corpiño), Monte do santuario das Ermidas (Nosa Señora), Santuario da Virxe dos Milagres no Monte Medo, Monte de Nosa Señora do Faro, Santuario da Virxe da Franqueira, Monte de Santa Tecla, Alto do Cebreiro, Monte de Chamorro/Virxe do Nordés, Santo André de Teixido e outras de menos sona. Outros Outeiros tamén tiveron esta sacralidade aínda que non foran cristianizados.

En Galicia os crómlechs son escasos os primeiros son citados por Villa-Amil y Castro no ano 1873: Círculo lítico do Monte das Fachas (San Xusto de Cabarcos) algo despois D. Santiago de la Iglesia ( coñecido médico intelectual e político/Ferrol) descubriu 3 na Mourela (As Pontes) no verán de 1893, e actualmente van aparecendo cada vez mais (se cre que 32), entre os mais coñecidos e documentados son: A Mourela, O Freixo, Prao das Chantas, Círculo lítico de Castrotión, Crómlech de Monte Lobeira, Eira das Meigas, A Roda de Barreiros, Círculo da Chousa de Rodeiro, Círculo lítico de Lavandeiras, e outros dos que apenas quedan restos.

 

Datación.- A construción dos círculos líticos (Crómlech) en toda Europa (Península Ibérica /Galicia) están relacionados coas necrópoles megalíticas e calcolíticas da prehistoria recente entre o 1000 e 3500 anos a.C. pero a maioría se sitúa entre o 1000 e 2500 a.C. Algúns seguiron en uso na idade do Ferro.

Folklore.- Para este lugar non hai recollido folklore, (- !Aí abaixo había unha casa Vella¡ ) pero si é abundante en toda a parroquia e no santuario cristianizado de Santa Comba (ritos, lendas e contos populares) algúns xa publicados na presente revista. "Todos os medos e espíritos (seres míticos) van (se dirixen) hacia a Ermida de Santa Comba. A Santa (Comba) chegou por mar na Barca de Pedra con seu fillo Silvestr e por eso lle fixeron na illa a ermita." A Santa Compaña andaba por todo Covas e tamén por Sartaña, etc. E Tema moi coñecido nas antigas culturas o viaxe do Sol en carro i en barca (A Barca Solar -A Barca de Santa Comba do Cabo Prioiro - A Barca de Nosa Señora en Muxía do Cabo Fisterra.

A Cova da Serpe de Covarradeiras. "Na mina de Covarradeiras hai un túnel que comunica a mina co mar. Dis que alí na cova se aparecía unha serpe." O Valado da Culebra. Se di que a ese lugar chámanlle o Valado da Culebra porque aí aparecíase a culebra e que criaban moito alí.

Pena da Vella (A Vella Moura) "A Pedra da Vella tróuxoa unha vella na cabeza. Unha Vella trouxo unha pedra na cabeza e as outras dúas baixo os brazos." O Tesouro, "A ese lugar que está aí adiante lle chaman O Tesouro." Na tradición oral recollida se atopan varios elementos da antiga "mitoloxía Solar" indíxena moi coñecida desde a edade media; A vella Moura (ea serpe) que custodia os tesouros e que se convirte en serpe e viceversa o dourado Tesouro todos eles son son simbolos solares a súa aparición é no Solsticio de Verán cristianizado como día de San Xoán. Faltaría aquí na mitoloxia Solar a aparición da "Galiña cos Pitos dourados ou a Moura coa Tenda, as tesouras e as xoias douradas" (outro tesouro) que se aparece nas medorras (Arcas/necrópolis) situadas nos montes e nas Fontes de auga considerada sacra tamén o día do Solsticio de Verán, probablemente por ser esquecida ao non ser recollida a tradición oral desde antigo por escrito, pero que si aparece en outras parroquias do antigo Concello de Serantes.

 

Toponimia

Desde este lugar (Pedrouzo) o Castro da Insua de Santa Comba está a 300 mts. o lugar das Medorras a 1 kmt. e as mámoas do Monte da Lagoa a 3 kmts. non moi lonxe tamén están o Castro de Papoi éo Castro de Tralocastro de Esmelle. todo hábitat prehistórico.

A toponimia (microtoponimia) da zona e a seguinte: Insua/illa do Medio, do Toxo e de Fora, As Fontes (Praia das Fontes), Monte do Castro (Cardido, Coto de Cardido), Coto de Pedrouzo, Crevadoiro, O Gaivoteiro, As Coxas, Sartaña, Pena de Sartaña, O Medote, Telleiros, Ponzos, Insua de Cardido, Os Batufales, Furna dos Cans, e Aranjuez. Ademais no entorno e relativamente próximos existen varios topónimos que poden indicar antigos xacementos prehistóricos como; Leira da Mesa, Medorras, Cruz das Medorras, Medote, Medotes, Medeiro, Mideiro, Manota, Chepudo ou Chipudo (próximos ao lugar das Medorras), Campotes (topónimo similar as mámoas de Campaíñas en Valón), Ucheira, A Pedreira, Covas, Fornos, Furada , Coto dos Mouros, Pena da Vella, Cemiterio dos Mouros, Muro dos Mouros, Cemiterio de nenos sen bautizar e de afogados (no lugar de Cruz das Medorras).

E sabido a existencia en Galicia das medorras/modias en lugares chas desaparecidos por estar en sitios habitados ou destinados a agricultura, como en Valón (A Lagoa, A Modia e Os Coutos) en Esmelle (A Modia) ou en Covas (As Medorras) e posiblemente Chepudo, Os Cotos e a Pedreira (hai varias) e outros por toda Galicia.

Figura 12. Resumen dos cálculos do Azimut da  saída e posta do sol con respecto ao norte
Figura 12. Resumen dos cálculos do Azimut da saída e posta do sol con respecto ao norte
Figura 3 C. Anta (Menhir) exterior ao Circulo Litico. Ao fondo o Cabo Prior
Figura 3 C. Anta (Menhir) exterior ao Circulo Litico. Ao fondo o Cabo Prior

 

Notas

Nota 1: A) anta ,- (latín antae, -arum,) =pilar, columna, pilastras das portas, contrafortes. Palabras relacionadas: antar, encapeladura, trílito, dolmen, gibanete, mamola, orca (arca). En Dicionario da Lingua Portuguesa. B) En, Dic da Real Acad. Galega.; Pedra grande chantada no chan, en particular as usadas para cerrar un terreo ou para soster un muro. Os prados estaban separados por antas. Sinónimos chanta, chanteiro, chanto, chantón. C) Arqueoloxía Laxe dun monumento megalítico. O monumento conservaba todas as súas antas. Confróntese, menhir, dolmen, mámoa. D) En, Eligio Rivas Quintas (1978): Frampas, Contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca, Anta = Losa de dolmen y más propiamente la del menhir. En dicc. Antas (Beariz, Orense).

Nota 2 .- Fisterra.- Este xacemento de Covas ten varios elementos comúns co cabo Fisterra, Monte do Faro ónde se ubicaba o Ara Solis mencionada polos autores clásicos, as Penas Santas a cristianización de ritos prehistóricos coa ermida de San Guillerme e arca de Orca Vella (dolmen). Se sabe que en varios lugares do monte do cabo existían arcas (dolmens) aliñamentos de chantas e círculos líticos:

- "Piedras,- Quede aquí constancia que las piedras piramidales que suben hasta las Pedras Santas siguen formando círculos a diversas alturas alrededor de la ermita. - La Voz de Galicia crónicas de fisterra La ermita de san Guillermo José Ramón Insua Trava " 18 ago 2005 .

- Duio (San Martiño) NW Fisterra/Finisterre. En la vertiente oriental del monte (probablemente el Veladoiro, 243 m de altitud, 3 km NW Fisterra) cita Carré (Geogr. Gal., Coruña II 249) varias hileras de piedra, que arriba forman semicírculo, y en la occidental como un menhir de 8 m de alto, que creemos haber identificado, al NE del Cabo da Nave, en 1981, ... Este conjunto de piedras fue usado como divisoria en la donación de Alfonso VII al monasterio de Sobrado en 1135. Menhires y marcos de Portugal y Galicia Luis Monteagudo García. Anuario Brigantino 2003, nº 26
- Trillo identificó el Ara Solis en una alineación de rocas en el monte, que podría verse desde las Piedras Santas. Fernando Alonso Romero le menciona en sus estudios: «Hace unos veinte años se conservaba todavía un alineamiento megalítico construido en dirección este oeste y a muy pocos metros de la estructura de la capilla. Lamentablemente fue derribado con la apertura de un cortafuegos durante los trabajos forestales de ICONA. Trillo habla en su libro de otro alineamiento que desde el lado occidental de ese monte iba en dirección a la capilla de San Guillermo. Posiblemente en sus orígenes era un único alineamiento que marcaba la dirección este-oeste». ​ Como parte de su exploración en la zona, Trillo también afirmó haber encontrado la silla de piedra en la que, según la leyenda cristiana, el Apóstol Santiago se sentó a observar el mar, dejó sus huellas e hizo manar agua de la roca. Benjamín Trillo Trillo, Wikipedia.

Posta do Sol en Finisterre/Promontorio Sacro de Culto ao Sol/Ara Solis ,- Artemidoro xeografo grego do século II a. C., “en las regiones que limitan con el Océano el Sol es cien veces más grande en el momento de ponerse y la noche comienza enseguida… y se hunde con un silbido semejante al que haría el mar al apagarlo por el hecho de que se hunde en las aguas”. Existía unha prohibición nocturna no Promontorio Sacro; "nadie podía subir al monte a contemplar el ocaso al caer la noche".

Nota 3.- O circulo lítico (crómlech- monumento megalítico) de Stonehenge está construído para que o Sol no día do Solsticio de Verán "saia" xusto atravesando o eixo central da construción. En Covas o aliñamento do eixo central está xusto na dirección da "posta" do mesmo día solsticial. As dúas construcións marcan o mesmo día.

 

 

 

CÍRCULO LÍTICO DO OUTEIRO DE DONIÑOS. CRÓMLECH

 

Figura 17. Círculo lítico do Outeiro de Doniños
Figura 17. Círculo lítico do Outeiro de Doniños

 

CÍRCULO LÍTICO (CRÓMLECH) DO OUTEIRO DE DONIÑOS.

O xacemento está situado no extremo oeste da praia (Doniños) moi próximo a ribeira do mar na Punta do Coído a unha cota baixa (uns poucos mts. sobre o nivel do mar) nun pequeno espazo de campo chá moi pisoteado debido ao transito dos usuarios da praia e pescadores; estaba formado por 6 chantas das que actualmente so se conservan 5. A disposición das chantas e xeométrica (poligonal) forman un círculo cunha pequena pedra moi enterrada case no centro, ten un diámetro de 11 metros, as chantas son de pedra de granito local varían entre 0,70 e 1,35 mts. de lonxitude extraídas das inmediaciós e lixeiramente labradas, xa que o cantil e todo de rocha de este tipo (Rochas graníticas hercínicas / Granitos Postectónicos. Granito de dúas micas). Actualmente a chanta nº2 non existe no seu orixe o círculo podería haber estado formado por mais chantas todas fincadas de pe (antas/pedrafitas /menhires). e actualmente están tumbadas, a excepción dunha (Nº1). A forma das mesmas é irregular están rematadas no extremo superior en semicírculo ou apuntadas. Para o estudio se numeraron de 1 a 6 de Norte-E-S-O. A Anta Nº1 é un menhir de 1 mt. de altura se conserva no seu estado orixinal está fincada no chan algo máis elevado que o resto parece a principal que se tomou como referencia para a construción do círculo lítico, está orientada de cara xusto ao cume de Monte Ventoso.

Figura 18. Esquema Círculo lítico  do Outeiro de Doniños
Figura 18. Esquema Círculo lítico do Outeiro de Doniños
Figura 19. Esquema Círculo lítico  do Outeiro de Doniños. Posición do sol. Ocaso nas Illas Gabeiras no solsticio de verán
Figura 19. Esquema Círculo lítico do Outeiro de Doniños. Posición do sol. Ocaso nas Illas Gabeiras no solsticio de verán

O Círculo Lítico estaba/está acompañado por unha ducia de pequenos túmulos (arcas) dos que actualmente se poden apreciar algúns restos (chantas de pedra), todos moi espoliados desde antigo como xa e sabido polos buscadores de tesouros e do ouro na crenza de que nestes xacementos estaban agochados. Tamén e ben coñecida a cristianización dos mesmos de culto antigo, "derribando e cincelando" as pedras (ídolos), colocando cruceiros, ermidas, petos de ánimas, cruces, etc., no seu lugar ou por enriba, así como a prohibición desde os primeiros séculos da cristianización por orden dos altos cargos da Igrexa nos Concilios e outras disposicións eclesiásticas, dos variados ritos (fertilidade, proteción, salutíferos, etc.) que se seguiron realizando nestes xacimentos ata tempos recentes.

Figura 20 A. Imaxe de satélite do catastro. Círculo Lítico da Punta do Coido, Doniños
Figura 20 A. Imaxe de satélite do catastro. Círculo Lítico da Punta do Coido, Doniños
Figura 20 B. Anta nº1 (menhir, pedra principal), orientada cara o Coto do Monte Ventoso
Figura 20 B. Anta nº1 (menhir, pedra principal), orientada cara o Coto do Monte Ventoso
Figura 21 A. Pedra piramidal e talla en forma de pico de ave
Figura 21 A. Pedra piramidal e talla en forma de pico de ave
Figura 21 B. Menhir tumbado e portela ao horizonte. Posta de sol no mar liña de equinoccios
Figura 21 B. Menhir tumbado e portela ao horizonte. Posta de sol no mar liña de equinoccios

Función.- Todo o dito para o Círculo lítico de Pedrouzo en Covas vale para o de Doniños..

Datación.- A construción dos círculos líticos (Crómlech) en toda Europa (Peninsula ibérica /Galicia) están relacionados coas necrópoles megalíticas e calcolíticas da prehistoria recente entre o 1000 e 3500 anos a.C. pero a maioría se sitúa entre o 1000 e 2500 a.C. Algúns seguiron en uso na idade do Ferro.

 

Arqueoastronomia

Desde este lugar (Punta do Coido) se visualiza a punta do cabo Prioriño, Punta Penencia, Punta de Lobadiz, illas Gabeiras, Croa do Outeiro ea Croa de Fontá. As postas do Sol están a nivel do mar pero non as saídas.  A saída do Sol no Solsticio de verán está a 57ºNE. e a posta a 303º Oeste.  Os Equinoccios loxicamente a saída a  90ºE  ea posta 270º O. Estes ángulos son a nivel do mar pero a visualización dos ortos na cara este non corresponden cos teóricos debido as  alturas dos montes de S.Xurxo, Campaíñas e Doniños que fan que estén algo desprazados hacía o sur.

Figura 22 A. Posta de sol no solsticio de verán en 22 de xuño de 2021
Figura 22 A. Posta de sol no solsticio de verán en 22 de xuño de 2021 "xusto" no extremo da punta de Lobadiz nas Illas Gabeiras
Figura 22 B. Posta de sol no solsticio de verán en 22 de xuño de 2021
Figura 22 B. Posta de sol no solsticio de verán en 22 de xuño de 2021 "xusto" no extremo da punta de Lobadiz nas Illas Gabeiras

     1º)  A construción do Círculo lítico en este lugar foi ben elixida para a observación da punta (cabos-finisterres) de terra que entra no mar e para a determinación da posta do Sol nos Solsticios e Equinoccios. No  Solsticio de Verán  (57ºO-20/21 Xuño) o disco solar co seu radiante esplendor ponse  "exactamente"  xusto na (Punta de Lobadiz/castro) illa Gabeira  -visto desde unha Pena Encabalgada de forma Piramidal moi próxima ao Crómlech- o que claramente non é casual. No Solsticio de Inverno (237ºO-21/22 Dec- Nadal) o Sol visto desde a Pedrafita/Menhir  principal Nº1 ponse  no mar "exactamente"  no vértice superior da Pedra Encabalgada de forma piramidal moi chamativa  que sobresae na ribeira do cantil o que tampouco pode ser casual.

     2º)  Desde o Círculo a Posta do Sol a nivel do mar nos Equinoccios de Primavera e Outono vista desde unha Pedrafita/Menhir actualmente tumbado moi próxima ao (sur) do Crómlech coincide xusto no centro dunha "portela" formada por dúas penas que sobresaen do chan na beiramar hacia o Oeste unha das mesmas  ea Pedra Encabalgada piramidal anterior. A saída do Sol no Solsticio de Inverno está no lugar de Outeiro (altarium= altar) topónimo que denomina claramente estos antigos sacros lugares de celebración de rituales e culto as divindades indíxenas.

     3º) A chanta  Nº1  menhir  principal  está orientada e ten uns surcos  apuntando  xusto ao pico de Monte Ventoso  moi próximo ao Sur xeográfico  cando o Sol alcanza a altura máxima no ceo (Liña Meridiana ou Liña Rosa - Mediodía), sobre o que se sitúa o Sol dividindo o día en dúas partes iguais. (A cota do  monte de máxima altura é de 242 mts.).

     4º)  Moi próxima ao Círculo  (12 mts.) na beiramar e algo elevada do chan rochoso hai unha pedra de forma piramidal de cor roxizo encabalgada baixo a cal a rocha nai foi cortada formando un pico de ave (Cabeza da curuxa/moucho deusa nocturna protectora dos mortos?) utilizada como referencia nas postas de Sol e preto cara o sur outro corte ra rocha nai tamén triangular coa mesma forma.

 Moi próximo ao Círculo lítico a unha distancia de 60 mts. cara ao norte desemboca un pequeno regato que nace mais arriba no Coto dos Salgueiros e a carón del existe unha cubeta artificial de pedra recabada no cantil que probablemente fora usada en antigos rituais prehistóricos indíxenas que se realizaban con auga.  Situación de crómlech, Lat.43 30 12N e Lonx.8 19 18W,

Tendo en conta o exposto anteriormente estaríamos entonces ante un espazo ritual necrópolis e (santuario de observación da divindade solar);  unha  das Ara Solis de culto solar das antigas crenzas (prehistóricas)  relixiosas e mitolóxicas dos Finisterrais atlánticos que se celebraban nos dous solsticios cristianizados como o día de S. Xoán e Nadal. No Solsticio de Verán  o día de máximo esplendor da luz Solar -(día mais grande do ano e de máxima altura no ceo ao mediodía)- e de chegada ao punto máis extremo cara o norte "Porta do Ceo"  onde para "dous días"  e a partir de aquí "ao tercer día" dar a volta (bailar) cara ao sur pasando polo Equinoccio ata o Solsticio de Inverno e comezar un novo ciclo anual.

 

Toponimia da zona: Outeiro, O Coído, Punta da Parede, As Gabeiras, Punta do Castro, Lobadiz,  Coto dos Salgueiros (Monte de San Xurxo), As Barranqueiras, Punta Lavadoiro, Pena Leboreira, Praia de Doniños, Vila da Area e Telleiros. A  distancia ao Castro de Lobadiz son 700 mts. e ao Castro da Croa de Fontá  1800 mts.

Estes lugares prehistóricos ónde se sitúan as Antas, Pedrafitas (menhires), Arcas (dolmen), Círculos líticos (Crómlech), Sacra Saxa (pedras sacras figurativas), altares rupestres, etc. (da cultura e sabiduría arcaica de crenzas máxico-relixosas e pensamento mitolóxico) foron sagrados e respetados durante milenios teñen un encanto especial e están cargados de espiritualidade, de enerxía telúrica da antiga Deusa Nai Xea (Terra) para moitas persoas no mundo. O xacemento está en aceptable estado de conservación. Na actualidade a falta de formación, sensibilidade e ignorancia fai que cada ano que pasa se sigan destruíndo estes xacementos sen dar tempo tan sequera a estudalos. Nin que dicir ten a necesidade da súa protección e conservación dado seu "alto valor patrimonial" e histórico por ser as mais antigas testemuñas das raíces da nosa cultura e dos antepasados que habitaban o noso territorio.

 

Agradecementos. A D. José L. Hermida, pola súa colaboración, apoio éo descubrimento das cruces do Círculo Lítico situado na croa de Pedrouzo. A D. Javier Montero Manso igualmente pola súa colaboración, fotografías do Solsticio de Verán, ea revisión dos cálculos matemáticos. A D.Ignacio Manso polas fotografías con drone.

 

 

Bibliografía consultada:

-La percepción del “paisaje sacro”: peñas sagradas y santuarios en Alconétar (Cáceres) del Bronce Final a la cristianización. Martín Almagro-Gorbea y Ana Mª Martín Bravo.

-El rito de las piedras volteadas (Promontorio Sagrado). Mirella Romero Recio Universidad Complutense de Madrid.

-Prehistoria reciente de la península ibérica. Mario Menéndez Fernández (Coordinador.UNED)

-Don Santiago de la Iglesia y el descubrimiento del yacimiento arqueológico de As Pontes. César Candelas-Colodrón. biblioteca universitaria Casa do Patín (Universidade da Coruña). ORCID iD: https://orcid.org/0000-0001-9953-6320

-El megalitismo gallego a inicios del siglo XX. Ramón Fábregas Valcarce, Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez. Universidad de Santiago de Compostela. Mainake, XXVI/2004
-Los orígenes del Camino de Santiago II:Los ligures y cultos solares Juan Gabriel Satti Bouzas // Pax web.

-Círculos líticos e pedrafitas de Galiza/Galicia. https://onosopatrimonio.blogspot.com

 

Xabier Monteiro Graña, 26 de Abril do 2021

 

<< Volver