A principios do mes de decembro do 2014, o Ateneo Ferrolán organiza un congreso sobre Hildegart Rodríguez Carballeira, ó cumprirse o primeiro centenario do seu nacemento, en 2014. Filla da ferrolá Aurora Rodríguez Carballeira, a súa figura foi obxecto durante estes anos de películas, novelas, obras de teatro e numerosos traballos de investigación; interese ao que non é alleo o seu tráxico fin, Hildegart morre a mans da súa nai, de varios disparos mentres durmía, cando só tiña 19 anos.
Imagen 1. Montaje fotográfico en el que aparecen las dos mujeres
A historia de Hildegart como “nena prodixio”, está intimamente vinculada a súa nai, Aurora. Dunha maneira breve, diremos que Aurora nace o 23 de abril de 1879 en Ferrol. Os seus avós maternos e paternos proceden das comarcas rurais da provincia de Lugo e chegan a Ferrol no primeiro decenio do século xix, en busca de mellores condicións de vida. Ferrol meses anos, é unha das tres cidades galegas con Coruña e Santiago que sobrepasan os 10.000 habitantes.
O seu avó materno foi mestre tallista e escultor do gremio de carpintería do branco no arsenal ferrolán. No ano de 1865 é nomeado escultor do museo naval de Madrid, onde reside ata o ano da súa morte en 1873. O pai de Aurora Francisco Rodríguez Arriola, nace en Ferrol en 1833.
Os 26 anos é nomeado procurador dos xulgados de mariña na xurisdicción militar e procurador do xulgado de primeira instancia de Ferrol en 1872. Foi concelleiro nos anos de 1881-1885 e 1887, no concello de Ferrol, responsable da comisión de obras. Todo elo, lle proporcionou unha posición privilexiada, económica e socialmente. Francisco casou con Aurora Carballeira en 1872, cando el tiña 39 años e ela 21, diferencia de idade que manifestará tamén noutras desacordos matrimoniais. Ela era mestra titulada, aínda que nunca exerceu. Tras uns anos de matrimonio, marcha a Madrid, onde morre soa ós 51 anos. Aurora aínda que compartía o nome da súa nai, a rexeitaba totalmente, en cambio sentía unha gran predilección polo seu pai (de ideas liberais e masón) e dos seus amigos, señores de idade avanzada, militares, políticos, mariños, avogados, que se reunían no despacho-biblioteca do seu pai. Aquí Aurora le de maneira autodidacta os fondos da biblioteca do seu pai, onde abunda a temas de avogacía, filosofía, reforma social e relixión. A súa irmá maior, Josefa (familia “curiosa” no Ferrol decimonónico), tivo un fillo de solteira, Pepito Arriola, en 1895, que foi coidado por Aurora, ao que lle inculca unha educación musical que ela recibira da súa propia nai. Cando Josefa descubre esta formación e a boa predisposición de Pepito, decide marchar a Madrid có seu fillo e promove-lo como o “mozart español” (etapa que so dura ata o inicio da i guerra mundial). É o ano de 1899, e Aurora sen nada que facer, se refuxia novamente nos libros e nos personaxes reformadores do momento e nas ideas rexeneracionistas e eugenésicas, que tras o desastre de 1898, teñen unha gran sona na presa ferrolá e nacional. Dende os 22 anos leva a administración das fincas do seu pai, saneándoas o que lle proporcionará o resto da súa vida importantes rendas mensuais. Era un patrimonio inmobiliario que consistía en varios pisos no centro da cidade, casas no barrio de Esteiro e ó redor da cidade, ó longo da carreteira de Castela, vivendas con as súas hortas. Durante estes años Aurora pensa en organizar unha colonia ou comunidade baseado en ideas anarquistas e nos socialistas utópicos, cun réxime de convivencia experimental nunha das fincas que ten na carreteira de Castela. O seu proxecto de colonia, consistía en xuntar criados escollidos, de boas condicións morais e físicas e despois casalos. Tras a súa formación, escollería os de mellor comportamento e os distribuiría por toda España, obtendo así homes e mulleres modelos que formarían familias modelos (mestura de socialismo utópico e do superhome de Nietzche). Se negaba la procreación a todos os que non tivesen unhas determinadas condicións de idade, saúde e formación espiritual. As familias debían ir estendéndose e formando unha liñaxe especial distinta do resto dos españois. Pero non o leva a cabo, dirá, polo clima galego e o caracter dos seus habitantes, a quen consideraba egoístas e falaban un dialecto raro.
Aurora, trala morte do seu pai en febreiro de 1914, decide levar a cabo o seu proxecto-estrela: ter unha filla, que seria a encargada de realizar a obra de reforma da civilización. A súa filla modelo seguiría estrictamente o seu plan: reforma e mellora da civilización a través da eugenésia. O varón ideal, fisicamente perfecto e intelixente, o pai “colaborador necesario”, debía estar en condicións de non reclamala nunca. O elixido foi o cura castrense Alberto Pallas. xa preñada, Aurora se instala en Madrid, coida o seu plan de alimentación, o exercicio a realizar, eludía lecturas que a podían preocupar e coidada en exceso a súa hixiene persoal. A súa filla nacera o 9 de decembro de 1914, cunhas excelentes condicións físicas. A súa nai lle impón o nome de Hildegart, nome alemán que significaría “xardín da sabedoría”. A nena os 3 anos sabía ler e escribir, ós 10 falaba inglés, francés e alemán, ós 13 termina o bacharelato e os 14 ingresa na universidade, na facultade de dereito e nas xuventudes socialistas. Os 17 anos é licenciada en dereito, inicia a carreira de medicina. A todo esto hai que sumar a actividade de Hildegart como publicista, tanto en presa como en monografías e en política, militará no partido socialista e despois no partido federal, ao que se suman a multitude de conferencias e mitins nos que participa. E dicir, Hildegart non tivo infancia, nin xogaba, nin tiña amigos, nin por suposto flirteaba cós estudiantes.
O seu mundo era a súa nai e os libros que ela coidadosamente lle seleccionou. Aurora xamais deixou a súa filla soa, lle acompañaba as clases no instituto, as da universidade e as reunións políticas, sostendo conversacións cos seus profesores e camaradas, respectivamente; sobre os progresos da súa filla e igualmente a acompaña as reunións políticas as que ambas asistían. Non abandona a súa filla nin nas súas intimas necesidades fisiolóxicas. Aurora, con a súa amplía formación cultural e a súa liberdade de pensamento, participa de forma privilexiada nas terturlias masculinas nas que introduce a Hildegart. Ambas criticarán as reformas do bienio progresista da Segunda República, e en concreto a concesión do voto feminino, pois dirán que tería resultados deplorables pola superstición das mulleres. Aurora sempre amparada pola súa solvencia económica, os seus contemporáneos dicían dela, “que tenia la firmeza de la persona que nunca ha pedido nada”, que era verdade ó ser unha rendista moi solvente. En cambio a situación da súa filla Hildegart no ano de 1933 era cada vez mais angustiosa, pois vixiada constantemente e en todo momento pola súa nai, sen contacto có mundo exterior, atopouse nun conflicto que non sabe superar por si mesma. E unha escritora de gran éxito nestes anos republicanos e os lideres dos partidos políticos lle demandan mais protagonismo na vida política diaria. O seu ensaio, La educación sexual, publicado polas gráficas do partido socialistas no ano de 1931, tivo un gran éxito e nel postula a creación dun instituto de sanidade e pedagoxía dedicado á divulgación da doutrina eugénica, a través da publicación de folletos, a organización de conferencias impartidas en talleres, fábricas, excursións, etc.
Ansias de liberdade as que aspira a propia Hildegart, pero que a súa nai, Aurora, non esta disposta a negociar nin conceder.
Imagen 2. Hildegart Rodríguez
Hildegart é a obra da súa nai, e que políticos alleos a ela queren transformar en “carne de prostitución”, dirá Aurora, é un motivo mais que suficiente de preocupación central e obsesiva. O día do tráxico suceso (9 de xuño do 1933), o asasinato de Hildegart, chegou por correo a súa casa un artigo titulado “ La virgen roja”, do sexólogo inglés Haveloch-Ellis, onde exalta a figura de Hildegart, indicando que se trata dunha moza pura, aínda non emancipada do seu fogar e do control da súa nai. Un motivo mais, para que Aurora, tras o arresto domiciliario o que tiña sometida a súa filla nas últimas semanas, decida matar a súa filla cando durme, dispáralle catro tiros. Horas despois se entrega a policía, e segundo consta no sumario, cando mata a súa filla, dixo: “¿No queríais su cuerpo? Pues ahí lo teneis; el alma es mía y no hai quien la toque”. Cando ingresa en prisión, comenta os seus vixiantes, que: “ tres cosas hay en la tierra que significan triunfar en la vida: crear, luchar y matar”. Tras o seu xuízo e condena a 26 anos e oito meses de prisión, aprobase o seu traslado ó hospital psiquiátrico de mulleres de Ciempozuelos, en Madrid, onde morrerá no ano de 1955. Aurora leva as súas ideas reformistas ó hospital psiquiátrico no que esta vivindo e solicita para as monxas que a atenden, dous meses de descanso anual. igualmente na cárcere solicita para os penados con curación, a súa saída inmediata. Para os que non a tiveran, o seu destino serían as colonias penais á fronte das que estarían psiquiatras formados en escolas especiais ás que ela dedicaría todo o seu capital e rendas. Aurora, unha reformadora delirante, paranoica e megalómana, que nunca se arrepentiu de matar a súa filla.
Bibliografía
Cal, Rosa, 2009. A mi no me doblega nadie. Aurora Rodríguez. Su vida y su obra (Hildegart).A Coruña: Edicións O Castro. Santalla López, Manuela
—1995. Concepción Arenal y el feminismo católico español.A Coruña: Edicións O Castro.
—2014. Hildegart: ¿una mujer-proyecto ferrolana? En Congreso centenario. Hildegart Rodríguez Carballeira, Ferrol.