A Cobas
Alí, onde o Nordés,
mais o grande mar, miden
as suas forzas.
serán una aldea.
sin moitas grandezas,
mais moito orgullo.
Ten o mar diante
tanto a esquerda e dereita,
con forte ruxir
a o son do vento;
diariamente as gaivotas
vixian as praias
prestas a xantar
voando co azul do ceo
e o gris das ondas.
Campeiros verdes,
con Capela na rocha
pra nosa Santa,
a Santa Comba,
coidando xunto o faro
a xente do mar.
Mentres, o gando
vay a sua maneira
pacendo a modo
fresquiña herva
chea da liberdade
con cheiros do mar.
Os neboeiros
mais a choiva miuda
danlle verniz
verde mollado,
ardente, cos raios do sol
entre as néboas.
Nas faíscas do mar
viaxan pingas fresquiñas
de algas e peixe.
Xente mariñeira
e mestres das patacas,
sempre amodiño.
Cobas ou Covas
que mais ten que dar
eiquí no cabo Prior
Onde son nados
aqueles Druidas magos,
mestres e monxes.
Meu mar, meu vento
as praias onde nadei
con fillos e amor.
Quen cambiaría
una noite estrelada
chea de bicos
con arrumacos
ás agachadas nas praias
e a lúa no mar.
Cobas, namora
Covas, fai lento o tempo…
¡Ayyy miña meiga!