Conto con ... churros
02/04/2011
Sábado 2 de abril, as 18:00, a Sociedade Cultural Columba organiza unha actividade de animación á lectura na Biblioteca Columba, na que contamos coa colaboración de Ler Librerías.
Unha actividade dedicada o público infantil na que Flor comentará o libro "El libro negro de los colores", de Menena Cottin, con ilustracións de Rosana Faría, publicado por Libros del Zorro Rojo, Barcelona, 2009. É unha obra singular sobre a percepción do color.
“… Tomás non pode ver as cores. Estas son para el, miles de sabores, cheiros, sons e emocións. Desde a escuridade dos seus ollos, Tomás invítanos a descubrir as cores sen velas. A través o tacto e das palabras.…”
O remate convidámoste a unha cunca de chocolate.
