Conto ... con churros
Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil
06/04/2013
Sábado 6 de abril, ás 18:00, na Biblioteca Columba de Covas, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e para o que contamos coa colaboración do escritor ferrolá Antón Cortizas Amado.
Antón é un dos grandes e dos máis premiados autores galegos de Literatura Infantil e Xuvenil. Gañou o Premio O Barco de Vapor en tres ocasións, no ano 1988 con “Memorias dun río”, no 1991 con “O conto dos sete medos” e no 1995 con “Os gritos das illas Lobeiras” . Tamén gañou o Premio Merlín en 2001 por “ A merla de trapo” . E é profeta na súa terra pois seu primeiro galardón foi o premio Curuxa de Humor do Museo de Fene co relato "A medio muller".
Naceu en Ferrol en 1954, é mestre no IES de Canido. A biblioteca do centro Isaac Peral leva o seu nome.
Agora, Antón Cortizas Amado está a piques de publicar un enorme traballo que recolle outra das súas paixóns: os enredos tradicionais sobre os que xa publicou un libro. Este terá máis de mil páxinas é o froito de anos de investigación. Leva por título Tastarabás (Xerais).
Vide e disfrutade da experiencia e o bo saber de Antón
O remate invitarémosvos a chocolate con churros
Ler mais sobre Antón:
Wikipedia
Biblioteca Virtual Galega
Darabuc.com
Facebook