Novidades

Conto con... churros

21/05/2016
Sábado 21 de maio, ás 18:00, a Sociedade Cultural Columba organiza unha actividade de animación á lectura na Biblioteca Columba de Covas

Unha actividade dedicada o público infantil para o que contamos coa colaboración do escritor ferrolano Antón Cortizas Amado.

Antón Cortizas Amado
(Ferrol, 1954) é un mestre e escritor de literatura infantil en lingua galega. Foi galardoado co premio Curuxa de humor de Fene en 1986, co premio Merlín en 2001, e co premio O barco de vapor en tres ocasión (1988, 1991 e 1995).

 

O remate convidámoste a unha cunca de chocolate.

Ler máis...

Presentación Revista Columba Nº 14

29/03/2014

O sábado día 29 de marzo, as 20:00 terá lugar na Biblioteca Columba a presentación da revista Columba Nº 14, coa presencia do Concelleiro da Zona Rural José Polo Veiga.

Sumario:

  • Lendas e mitolxía de tradición oral
  • Enredando co nome do Prioiro
  • O naufraxio da fragata Speed
  • Introducción al contrabajo
  • Los valores de Galicia Rural y en su tradicional condición
  • Deseos satisfechos. A chegada do tren a Ferrol
  • As sociedades de instrucción galegas
  • Promesas eternas
  • O GolfAo Ártabro
  • La camariña, camariñeira o herba da fame
  • El horno de cocer el pan
  • Coral Airiños da Capela. Lembranza

 



 

Presentación del número 14 de la revista Columba (lavozdegalicia.es)

Columba rescata del olvido el naufragio de la fragata «Speed» en Covas (lavozdegalicia.es)

 

Ler máis...

III Volta a pé ao Cabo Prioiro

20/08/2016

A Sociedade Cultural Columba xunto coa Asociación Mestura organizan a III Volta a pé ao Cabo Prioiro
Distancia aproximada de 13,5 Km con unha dificultade media-baixa
Saída sábado 20/08/2016 ás 10:30 do aparcadoiro de Santa Comba, pasando polo Porto, 2ª Batería, Faro, 3ª Batería, 6ª Batería e volta pola estrada da Cova para rematar no aparcadoiro da Praia de Santa Comba

Asistencia libre

Hora aproximada de chegada as 14:30 horas

No restaurante Beceiro poderá comerse un churrasco o prezo de 12 euros (Churrasco, cachelos, ensalada, criollo, xeado, bebida e café)

Para apuntarse á comida:
      616393125 - 653526167
      correo@sociedadecolumba.com

 

Mais detalles en: III Volta a pé ao Cabo Prioiro

 

 

 

 

 

Ler máis...