Visita ao Museo de la Construcción Naval e ao Museo Naval de Ferrol

14/05/2016

O vindeiro sábado, 14 de maio, ás 9:00 horas, comezará a cuarta actividade cultural organizada pola asociación Naufraxios Galegos en colaboración coa S.C. Columba.

Tratase dunha visita a Ferrol onde visitaremos o Museo de la Construcción Naval, o Museo Naval e o patio existente entre ambos, onde se exhibe unha colección de maquinaria naval e áncoras, impresionantes.

As visitas serán guiadas a razón 1€/persoa. O atracón museístico que durará unhas 3 horas, finalizará cun xantar.

Pola tarde podemos achegarmos até os espectaculares cantís do Cabo Prior, ver o seu faro e admirar a fermosa e brava costa ferrolá ata a mesma Cobas.

Para o transporte, os que sexades de fora de Ferrol, ídevos anotando na nosa web.

Apertas oceánicas a todos e a todas.