Sociedade Cultural Columba. Ferrol, Covas

Os Tesouros de Santa Comba. Exposición das escavacións arqueolóxicas realizadas na Illa de Santa Comba (Covas)

21/04/2008

​​Día 21 de Abril

Apertura da esposición a cargo de D. José López Alonso (Arqueólogo e director das escavacións de ano 2006).
Lugar: Sala de Grados da Facultade de Humanidades do Campus de Ferrol (Esteiro).

Día 21 a 25 de Abril

A esposición permanecerá aberta ao público de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
Lugar: Sala de Grados da Facultade de Humanidades do Campus de Ferrol (Esteiro).

Día 25 de Abril

19:00 h. Mesa redonda sobre Historia Antiga e Lendas.
Clausura da esposición.
Lugar: Sala de Grados da Facultade de Humanidades do Campus de Ferrol (Esteiro).

O xacemento

A praia e Illa de Santa Comba pertence a parroquia de San Martiñó de Covas, que está ubicada na parte septentrional do Concello de Ferrol.

O xacemento de Santa Comba atópase situado sobre o espazo desunido dunha antiga península que dividía as praias de Santa Comba e Ponzos. Espazo dividido pola acción erosiva do mar e onde se distinguen tres pequenas illas.

Santa Comba se cataloga como xacemento arqueolóxico no ano 1995, asignandolle unha adcripción cultural de xacemento castrexo e medieval.

Os achados

Restos de osos de animais, cunchas, espiñas de peixe, cerámica e osos humáns.

E de destacar o achado do primeiro forno para a obtenciónde ferro de Galicia.

A restauración

Outra das actuacións, que se ven realizando na illa dende 1998, é a restauración da capela de Santa Comba.

 

 

Descargar cartel

Descargar díptico

Ver Paneis exposición