Tradición oral popular en Covas. Os seres míticos

15/04/2011, Xabier Monteiro Graña

No ano 2005 presentouse na sede da Unesco en París unha candidatura conxunta, da tradición oral galaico-portuguesa co obxectivo da proclamación de Patrimonio Inmaterial como Obra Mestra da Humanidade, que non acadamos parece ser que por defecto de formulación e de definición na proposta. Hai que dicir que houbo moitos apoios por parte das institucións de ambos países. Pero o que si están da acordo tódolos organismos incluído a Unesco é en darlle un gran recoñecemento e un alto valor. Outra vez será…Esto xa da unha idea do que temos e sabemos que este patrimonio inmaterial, intanxible, está en perigo de extinción, e o recoñecemento da Unesco axudaría a súa conservación, pero de tódalas maneiras somos nos (os do pobo) os que temos esa responsabilidade da pervivencia, reactualizando a nosa mitoloxía, retransmitindoa, respectando as costumes antigas celebrando os rituais festivos do xeito tradicional (a candelaria, carnavais, os maios, magostos, as cabazas, as luminarias de S. Xoán, Santa Lucía, Nadal, as romaxes, etc.). Este ciclo vital que cada ano queima o vello, os males e deixa atrás as angustias e inicia outro novo, de revitalización e renovación que nos caracteriza e asegura a identidade galega. Unamos esforzos para conservar a nosa herdanza tradicional.

As inquietudes dos intelectuais ingleses e seu gusto por conservar o patrimonio e as antigas tradicións fan que un grupo de científicos encabezados por Willian Thoms creen en Londres a Folkclore Society, en 1870. As bases de traballo tíñanas moi claras recoller e publicar todo o relacionado cas lendas e as tradicións inglesas, estudiar os usos, costumes, crenzas, rituais cerimoniais, cantigas, romances, refráns, etcétera, dos tempos antigos. A Folklore Society foi o modelo e guía de tódalas posteriores Sociedades do folklore no resto de Europa e de todo o mundo. Algún tempo despois na Península Ibérica se crea a primeira sociedade deste tipo, fundada por D. Antonio Machado Álvarez (Demófilo) en Sevilla, en 1881, Folklore Español, “Sociedad para la recopilación y estudio del saber y de las tradiciones del pueblo” creada a imaxe e semellanza da Folklore Society. De gran calidade e prestixio que acadou gran sona en países coma Francia, Italia, Inglaterra e Alemania, e modelo a súa vez tamén dos países do continente americano de fala hispana. D. Antonio ea súa paixón pola tradición ea sabedoría popular fixo que estimulara os intelectuais do que hoxe chamamos as autonomías para que en cada unha houbera unha destas sociedades e cubrir así todo o territorio (para que nada se perdera). En Galicia esta labor por mediación de D. Antonio recae en Dña. Emilia Pardo Bazán que no ano 1884, crea “el Folklore Gallego” baixo a súa presidencia. Algo máis dun século se leva investigando, recollendo e estudiando a tradición popular en toda Europa e por suposto en Galicia. No país galego se interesaron desde os máis antigos, Murguía (1833-1923), Saco e Arce (1835-1881), Jesús Rodríguez López (1859-1917), Nicolás Tenorio (Cádiz 1914), e posteriormente Bouza Brey, V. Risco, Xaquín Lourenzo; Taboada Chivite Leandro Carré Alvarellos, F. Ramón Pérez Ballesteros, ata os máis actuais X.M. González Reboredo, os membros do «Equipo Chaira» de Lugo, os integrantes da Escola Etnográfica Mindoniense, etc. Son moitos os que habería que nomear, que a brevidade do espacio que dispoñemos non o permite, e simplemente para dar unha idea o lector do valor da tradición oral. Hai que ter en conta que en todo o século XIX, a tradición oral no mundo rural se conservaba de cheo e pode dicirse que estaba no seu maior esplendor, pero xa a partir do primeiro cuarto do século vinte comeza pouco a pouco a esmorecer. Os nacidos neste primeiro período do século XX, aínda recibiron a tradición oral dos pais e avós que a súa vez as herdaron dos seus. Neste punto os relatos que miña avoa me contaba (Trad.oral-María Vidal 1891-1977) cando neno, segundo ela, llos oíra a súa nai, ea súa avoa, o que indica que a herdanza oral ven da bisavoa (Avelina, século XIX-1800). Na miña parroquia (Valón-Doniños) nesa época, o trasno (o Año do demo) se aparecera titiritando de frío no muíño do Valán a dúas rapazas de Valón, O Cabalo do demo se lle aparecera a Avelina no Porto do Río, O ánima que arrastraba cadeas se aparecía no Souto de Vilaboide, O ánima en pena que viña a que a liberaran no camiño antigo que vai para o cemiterio de Doniños (do viático), A Raposa que avisaba de morte aos de Valón, , A Cadela o mesmo, o cabalo que miña avoa me dicía que había e andaba polos montes e soutos e “que tiña un corno solo”, Os tres petos na porta, A Señora que se presentaba para levarte, as luciñas, A Galiña cos Pitos da Fonte do Pereiro e das dúas fontes da Galiña, A Compaña que se aparecía polo camiño do Cal en pola corredoira do Roxo en Valón, A Moura de Pena da Moura (Campaíñas), Os Cotobelos, etc. que eu me acorde e tampouco se me esquece o medo que as veces teño pasado mirando denoite para as veiras do camiño e para atrás cando subía polo Regueiro ou volvía do Porto do Río. Como a min mo contaron así eu volo conto.

Son moitos e variados os puntos de vista, de investigadores, científicos, e estudiosos en xeral e houbo varias escolas de interpretación da tradición oral popular. O que a eleva a unha posición moi relevante, que quero poñer de manifesto. En Europa a escola finlandesa encabezada por Julius Krohn, creou o método histórico-xeográfico, método científico para o estudio do folclore. Labor continuada polo seu fillo Kaarle Krohn e posteriormente polo seu discípulo Antti Aarne. O resultado dos seus estudios foi a creación do sistema internacional Aarne-Thompson, unha clasificación sobre os índices que ten en conta tipos, subtipos, versións e motivos dos contos populares de tradición oral - The Types of The Folktale (AT)- Posteriormente revisado e ampliado por Jörg Uther no ano 2004, The Types of International Folktales (ATU). Hoxe ese catalogo (universal) xa ten recollidos os contos cataláns e portuxeses. Na Península esta labor de gran calidade a realizaron Julio Camarena eo profesor francés Maxime Chevalier que publican entre 1995 e 2003 o Catálogo tipológico del cuento folklórico español. En Galicia temos abundante tradición oral, tódalas provincias teñen persoas que individualmente ou agrupadas en sociedades culturais traballan neste campo. A labor de recompilación a realizou un equipo encabezado por Camiño Noia Campos que fai un traballo digno de eloxio que sigue os criterios do sistema internacional Aarne-Thompson e tamén do Catálogo tipológico del cuento folklórico español. O resultado é a publicación no ano 2010 do Catálogo tipolóxico do conto galego de tradición oral : clasificación, antoloxía e bibliografía / Camiño Noia Campos- Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.

Para entrar con paso seguro no coñecimento do conto ou a lenda de tradición oral en Galicia é necesario estudiar como mínimo nestes catálogos anteriormente mencionados porque senón pode suceder que a visualización duns cantos arbores nonos deixe ver este extensísimo bosque. Neles leremos sorprendentemente os mesmos contos que recibimos das nosas bisavoas que eu xa levo constatado.

Para que un traballo destas características teña validez científica e poda ser utilizado polos investigadores de todo o mundo hai que seguir estrictamente os criterios científicos na recolección, e transcrición, respectar a lingua na que se conta, os localismos, os castelanismos, as repeticións e non alterar o relato con intelectualismos nin aportacións banais; indicar o lugar, a data, o nome do informante e a ser posible quen llo contou. Desexamos que nun futuro os nosos contos que espresan a nosa memoria colectiva adecuadamente recollidos, tamén podan ser rexistrados neses catálogos tan extraordinarios que xa son universais. Escoitemos algúns deles:

TRADICION ORAL EN COVAS – OS SERES MÍTICOS

O TRASNO DO MUIÑO DA CHOCHERA - (O Demo do Muíño)

Eu tiña medo de ir o muíño de Cocheras. Dis que varias persoas íban moer. E alí había unha chimenea e tiñan unha lareira que no inverno facíase lume alí para quentarse mentres moías. Resulta que sentiron na porta un año (cordeiriño pequeno). -Bee..e, bee..e, bee..e. E outra vez volveron a sentir. -Bee..e, bee..e, bee.. e. –!Ah pero isto.! Saíron a porta e viron un año e foron por el, estaba molladiño temblaba coma un xunco. Metéreno dentro, quentárono todo, alí ao lume (da lareira). E cando estuvo quentiño, escapou pola chimenea e lles dixo: -chu curru chu quentástelle o demo o cu. –Esto oíallo eu a tía Amparo de Casal, e nombrou aos que lles pasara o caso.

Eu digho que era a fame e o medo, e sabes unha cousa, parece ser que estas cousas de medo, as visións, que foi cando saíu a novena e mailo acto de ánimas. Se celebraba denoite, non era coma agora. Ibas de noite, que eu tamén iba, eran nove días, era unha misa distinta, era un novenario. Ibas a rezar, íbamos todas xuntas, era unha festa. E a partir de aí cobraban os curas e xa non volveu haber máis nada. E dis que do demo había contos así…(moitísimos): en forma de can, de año, de paxaro…. Antes vían visións, aparecía o demo en fighura de can. (Lugar:Covas. Veciñas de Covas, Maruja e Teresa)

O TRASNO DO MUÍÑO DO SOUTO - (O Demo do Muíño)

Outro veciño contou que eles tiñan no Souto da Fraga o muíño. Un día que estaban dentro do muíño sentiron que estaban petando na porta, e que abriron para mirar o que era, viron o "Año" e pecháronlle a porta, e que sentiron un ruído moi grande que metía medo. -O meu veciño dicía que volvía a aparecerse. . (Lugar:Covas. Veciños de Covas)

O TRASNO

O trasno dis que era o demo e que viña do inferno, e que andaba polos camiños e que metía medo. Que era unha "cousa" que era o diablo e que tiña cornos e metía medo. Pero máis ben iba polas encruceladas porque por alí era por onde pasaba máis xente. Nas encruceladas iba moita xente a facer "filigranas" botar bendicións e facer cousas.

Dicía o tío Ramón, que iban arreneghar o demo e que se disfrazaban cun vestuario malo e poñían os cornos dunha vaca e que iban as encruceladas eo arreneghaban. Hai quen di que se disfrazaban para meter medo e que se diran moitas misas. -Ibas a pedir algo e rezabas unhas oracións para que Dios te bendicira e che dera o indulto. (Lugar:Covas. Veciña de Covas, Cristina)

Figura 1.- O Trasno do Muíño

O TRASNO DO CAMIÑO - (O Demo do Año do camiño)

Un día polo camiño que vai hacia santa Comba uns veciños foran mirar haber si había gholfo e encontraron un "Año" todo molladiño e titiritando de frío, collérono, fixeron unha rala de lume e quentaron o Año. Resulta que o Año así que estuvo quentiño votou a volar e lles dixo: -Chu churru chu, quentaches o demo o cu. -E que foi verdá. O que o contou dixo que el fora un de tantos que amañaran o Año. ¡Vías o Año e estabas capado, había que escapar.! -Dicían que andaba o demo por aí no camiño hacia santa Comba. (año=cordeiro pequeno). (Lugar:Covas. Veciños de Covas)

O TRASNO DO CABALO - (O Trasno do camiño)

Un veciño de Covas un día que se dirixía a súa casa, atopou no medio do camiño un “cabalo” entón aproveitou a oportunidade para ir con máis comodidade e menos esforzo. Así que sen pensalo dúas veces, montou nel. Trotando o camiño cando chegaron a un cruce o cabalo virou camiño a santa Comba, o home non quería seguir ese camiño porque non era a dirección que o levaba a súa casa, pero non houbo maneira o cabalo tirou, e tirou, e tirou, para abaixo. Cal foi a súa sorpresa cando o chegaren a santa Comba o cabalo tirouno no chan e desapareceu. E el quedou alí tirado. - E foi verdá. (Lugar: Covas. Veciña de Covas, Maruja de Jerónimo.Ano 2002)

Figura 2.- O Trasno do Camiño

O TRASNO DO BURRO - (O Trasno do camiño)

Un home de Covas despois de rematar os traballos na leira a tardiña e volvía para a súa casa, atopou no medio do camiño un “burro” que el recoñecera como o dun veciño. Decidiu levalo con el a vez que lle serviría de transporte e empregou a faixa vermella que levaba el posta para cinguilo. Montou ás súas costas e dirixiuse cara á casa, pero o chegar a unha encrucelada o animal tomou o camiño do acantilado hacia o mar. O home berraba e tiraba e tiraba da faixa pero o burro seguía o seu camiño. Non houbo maneira de gobernalo, xa chegando mesmo á ribeira e véndose o home no mar, comezou a rezar pregándolle a Deus a súa salvación. Entón o animal ó oír os rezos esvaeceuse no aire, seguido dun grande ruído como se fora un estoupido. -ra o demo. - E foi verdá. (Lugar:Covas. Veciños de Covas)

O DEMO LAVANDEIRO

Un de tantos días nos que unha veciña de Covas, iba levar o leite a Ferrol para vender. Saíu da súa casa e colleu camiño adiante e cando levaba andado un tramo o pasar a altura do río da Fonte da Pedreira quedouse moi sorprendida do que veu. Estaba o demo no lavadoiro lavando unhas pezas de roupa cunha pastilla de xabón das grandes e zoupaba e zoupaba na roupa con moita forza, sen parar. Ela dicía que era verdá e que o demo lavaba. (Lugar: Covas. Veciña de Covas, Maruja de Jerónimo.Ano 2002)

A RAPOSA EN COVAS

Un día iba eu para a peluquería eran as cinco ou seis da mañá aínda era denoite e cando baixaba por aí por abaixo pasando o taller do mecánico sintin un: -bruuhh, bruuh, bruuh....Era unha persoa chorando, totalmente coma si chorara, e cando saltou eu xa me din conta porque xa o teño oído de que era "A Raposa" que iba botando fume pola boca. - ¡Levas un susto de morte.! Os vellos dicían que cando andaba "A Raposa" polos camiños chorando como unha persoa, é que traía anuncio de desgracia ou de morte. (Lugar:Covas. Veciños de Covas)

O RAPOSO

Un día un veciño volvía da festa de santa Comba e cando chegou a casa veu o raposo alí tirado (no galiñeiro). O raposo entrou por un furado no galiñeiro que tiña fora e matoulle as galiñas, case todas apareceran mortas nunha pila. -¡Hai máis carallo as jodiches pero te jodiches que te reventaches comendoas, cabrón. Agora morriches.! E colleuno polas pernas e tirouno fora e o raposo caeu de pe e largouse como si nada. Escapou e papoulle as galiñas. - Dicían os vellos que o raposo cando estaba acorralado facíase o morto. (Lugar: Covas veciña de Covas Josefa Díaz. 2007)

O CAN – VER E NON VER - (O Orco)

Eu do que me acordo e dun día as catro da mañá que varias veciñas me viñeron a chamar para levar os percebes a vender a Ferrol, meu pai collera os percebes. Pola carreteira que vai a Covarradeiras era todo lama, non era como agora antes vías todo, vías a mina, a carreteira, porque estaba todo máis claro de coller na estralla. Chamáronme pero elas seguían andando diante. Eu iba con elas detrás pero xa as collía. Eu cando saín a porta, tal tropel sentín: - tan tarán tan, tarán tan…, eu non sei o que era, e miro e “ cousa máis bonita nunca na miña vida a vin, blanca e castaña,” coma se fora un animal, non sei se era un can, un becerro ou un cabalo pequeno, e levaba como cadeas arrastro “brillaba como el propio oro.” Pero foi visto e non visto. Eu vino desde aquí (desde a porta) e desapareceu.

-¡ Aí dios mío.! -E si era un can doente que levaba cadeas arrastro e dicían que os había, e habíaos. Eu son unha persoa que teño medo pero si o teño, quero saber a que lle teño medo. Levaba unha vara ea cesta na cabeza cos percebes e si vexo que tal doulle coa vara e mentres roe nela escapo e tírolle a cesta, e tírolle todo. Non chamei a miña nai nin a meu pai, nin chamei a nadie. Pero eu despois fun e cheghei xunto delas, cando as collín preghunteilles: - pero vosoutras non vistes nada.? -E dixo a Chinta: mira eu ver non vin, pero oímos un ruído máis ghrande que pensei que caía o ceo. Nunca o oín na miña vida que meu Ramón como home, quedouse coa cesta na cabeza e mirando haber porque lado aparecía ese ruído. -Dixo, o ruído apareceuse no Picheiro. Bueno, pois ao cheghar alí máis abaixo e polo medio dos eucolitos o ruído desapareceu e aquela cousa tamén. Nunca máis na miña vida volvín a saber del. O bicho ese iba cara abaixo polo camiño. Había cas doentes. (Lugar: Covas. Veciña de Covas: Amelia de Eleuterio)

(Cando eu era neno en Valón tamén os maiores nos dicían que tiveramos moito coidado porque había cas bravos asilvestrados no monte, cas rabiosos e cas doentes – o autor)

O CAN (Das cadeas) - (O Orco)

Eso o contaba a nosa tía e máis mamá, que foran leiteiras sendo chavaliñas. Miña tía fora polo leite ao Prioiro e cando viña de volta, xa alá na fonte da Pedreira presentóuselle un can enorme disque neghro todo brillante. -Ela lle dixo: -marcha can, marcha can. E o can foise. Pero o chegar xunto o portal da casa de Saavedra, aparecéselle alí outra vez; o can foina seghindo con aqueles ollos que a comía viva. E ela cun medo, cun medo espeso, veu indo para a casa e pechou as portas. E dixo que aínda sentía respirar o can fora. O can andaba cunha cadea arrastro. E (os veciños) dicían que ese era o demo que andaba polos camiños.

Outra vez que se a aparecera pola carretera, cuspíronlle e dixéronlle, -Vai de aí que se eres o demo reneghote. Eo can disque escapou facendo ruído. Cando o renegharon, porque a primeira vez que se lles aparecera non sabían reneghalo. E despois presentóuselle unha seghunda vez. Nas encruceladas, dicían que aparecía o demo en forma de can. Eso foi certo. (Lugar: Covas. Veciñas de Covas, Maruja e Teresa)

O CAN DO DEMO NA PEDREIRA - (O Orco)

Contábame Josefa a de Ghalegho, ela casou cun de Cabanas da Pedreira, dis que na Pedreira se celebraban moito o Antroido nos carnavais. E o día de carnaval foron ela e máis seu home a comer a casa da súa nai. E pola noite que era cando se celebraba o Antroido indo camiño abaixo por alá nas Calabrexas, (na Pedreira) encontrou a Josefa unha veciña que vivía o lado da casa de Finola, éo lado dela “un can” que dis que era enorme. E ela que viña cansadiña lles dixo: -anda o demo por aquí. E o can non a deixaba vir para a casa. E cando chegharon eles non sei o que falaron, e o can desapareceu. Pero ela xa fora rondando polas Condomiñas coa cesta debaixo do brazo porque aquel can non a deixaba vir para a casa, e traía os pes cheos de lama. Entonces eles a acompañaron hasta a súa casa. E aquel can que debía ser o demo non a deixaba vir para a casa. E contáronllo aos veciños e que todo o mundo se quedaba varado. E que foi verdá. (Lugar: Covas. Veciña de Covas, Maruja de Jerónimo- Ano 2002.)

O CAN DA CADEA - (O Orco)

Un día a uns veciños cando pasaban de noite polos arredores de santa Comba se lles apareceu no camiño un "can neghro" moi ghrande cunha cadea arrastro facendo ruído e que o vían e nono vían (aparecía e desaparecía). Se sabe que este can andaba polos arredores de santa Comba. -E que era verdá. (Lugar:Covas. Veciños de Covas)

A CULEBRA E A VACA

Nosoutros traíamos a estralla de Cardido. Na nosa casa había unha culebra que mamaba na vaca. Cando se iba muxir a vaca ou se lle botaba o becerro, a vaca non tiña leite. E non sabiamos porque. E por máis que se vixiaba a vaca nada. Trouxemos o mecindeiro Rei que creo que era do Val ou de por aí. E hasta que a vigilaron e viron que enroscábase no pe da vaca e subía (polo pata) e mamaba, e a vaca caladiña non se movía. E matárona. Miña nai matáraa. Pero a máis fijo porque a vimos. Non era unha víbora era unha culebra. Esto si foi verdá non foi conto.

Antes os mecindeiros eran os veterinarios que había, non sei se estudiaban ou non. Había dous ou tres que viñan. Dábanche tanto para ubres que se enfermaban, ou se tiñan” librado” que era que tiñan a panza parada porque o mellor comían moi frío no inverno ou a herba requente que tamén e mala. Os mecindeiros daban medicamentos, daban cervexa para botarlles. (Lugar:Covas. Veciñas de Covas, Maruja e Teresa)

Quero só engadir que as vivencias mostradas foron absolutamente verdá e que aquí non hai conto de ningún tipo. Damos as grazas as veciñas/os polo seu trato agarimoso e por facernos ver a luz e amosarnos o mundo dos devanceiros.

Nota: Tradición oral recollida en Covas-Ferrol por Juan C. López Hermida entre o ano 2002 e 2007.

Bibliografía consultada:

Catálogo tipológico del cuento folklórico español. Julio Camarena , Máxime Chevalier, 1995-2003

Catálogo tipolóxico do conto galego de tradición oral. Clasificación, antoloxía e bibliografía / Camiño Noia Campos- Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo, 2010.

Revista de Folklore - Fundación Joaquín Díaz. Caja España

Varios artigos da Voz de Galicia.-Textos de VV.AA.

En Covas (Ferrol) ano 2010 - Xabier Monteiro Graña

<< Voltar