Os segredos da mina

01/08/2000, Tino Santiago. Dolores González

​​

A redacción do presente artigo foi posible gracias a axuda prestada durante a investigación por don Aquilino González

 

Unha mina de ouro nunca pecha

No mundo da minería do ouro hai unha verdade non escrita pero que todos coñecen e respectan: "unha mina de ouro nunca pecha para sempre". Coma nos chistes que nos colgan por aí fóra ós galegos, a resposta á pregunta de se unha explotación está esgotada, sompre é "depende". Depende do precio do mineral nese momento, depende das técnicas que se poidan usar para retira-lo mineral, das catas que se fagan e sempre, sempre, da sorte.

As chamadas "Casas dos enxeñeiros", a carón do cemiterio.
Foto: Dolores González

A nosa Mina -pois para os do Cobas só hai unha mina, así con maiúsculas- non escapa a esa dura lei. Supoñemos, e se cadra poderémolo probar axiña, que hai uns dous mil anos xa se extraía ouro na nosa parroquia, moi probablemente nos mesmos sitios nos que están as galerías abertas a principios de século.

Plano no que se poden ver as tres fases previstas para a mina de Ponzos

Non hai probas materiais e só o sentido común nos leva a pensar que se noutros lugares semellantos ó noso, os celtas -ou o que fosen aqueles que vivían en castros coma os de Santa Comba, Papoi ou Tralocastro- explotaban os xacementos de ouro, aquí farían algo somellante.

Os contos dos maiores, desoídos tantas veces, tamén contaban grandes verdades a quen os soubera escoitar, como o da "Cova da Serpe" da que din que comunicaba a mina de Cobarradeiras con Tralocastro en Esmelle. Este e outros contos son a maxia da mina. A realidade é que unha mina de ouro nunca está pechada... para sempre. Por iso os que saben nunca falan con claridade -pois a "febre do ouro" pode espertar en calquera momento-, e por iso tamén, esta é unha historia feita de retais, de anacos tirados daquí e dacolá. Por aí vai un recorte de prensa, por alí un anaco dunha carta comercial, polo outro o recordo do que se falaba na casa dun vello cando era mozo...

Se cadra, algo do noso carácter, dese xeito algo retranqueiro que temos os de Cobas, nace nunha vella mina que comenzou a explotarse hai milleiros de anos e que apenas hai oitenta voltou a ser noticia.

 

Chegan os ingleses

O penúltimo en chegar foi John Maitlan Kienel, decímo-lo penúltimo porque xa saben que non se pode falar do último nesto do ouro. Un inglés do Londres, licenciado en Xeoloxía pola vella e sapientísima universidade de Oxford, que chega a España nos anos 50 a traballar en Toledo. Mister Kienel casa cunha española e unha estadía temporal convertiuse en permanente ata a súa morte hai apenas tres anos.

Mister Kienel debeu ser un personaxe apaixonado e apaixonante, "entusiasta", "centrado no seu", "encantador, un cabaleiro", dín algunhas testemuñas que o coñeceron. "El tiña fe en que de Cobas se tirarían resultados satisfactorios nas prospeccións que se fixeron en 1991" dínos un informante roferíndose ás catas que realizou hai uns dez anos a súa compañia, "Exploraciones mineras del Cantábrico S.A." con sede en Bergondo, en sociedade co titular dos dereitos da explotación nesas datas, Domingo Arzúa Vázquez, antigo propietario de cerámicas Arzúa.

¿E qué atoparon? Non sabemos. Este tipo de datos entran dentro da confidencialidade, da extrema cautela, da lei do silencio, podiamos dicir, que rexe para os que desde fora nos achegamos ó mundo do Ouro.

De "Exploracións..." nos remiten a Domingo Arzúa, de Domingo Arzúa a "Exploracións..." O certo é que, atoparan o que atoparan, a mina seguiu como estaba, os eucaliptos gañándolle terreo ó souto, e nada parece que pasou, ou ¿é que non é o momento?

Mister Kienel foi o penúltimo, e o primeiro deste século tamén foi outro inglés, Mister Ellys Henry Thomas, coñocido coma don Eliseo, o auténtico descubridor para os tempos modernos da minería na Terra de Trasancos, como lle gustaría ó noso amigo Andrés Pena Graña que dixeramos.

Eliseo Henry era inglés e cando aterrou pola zona de Ferrol parece que xa visitara algunha parte do norte de Africa o do sur de España. Fixo múltiples prospeccións pola zona, desde Cobas ata As Pontes de García Rodríguez, rexistrou dereitos, vendeu, comprou, escavou... asentouse en Narahío, na casa coñecida como a "do inglés", e alí morreu. Se non fose pola fotografía, as reseñas de prensa e as cartas, parecería que estamos a falar dun personaxe semellante a aqueles celtas milenarios.

 

1911: Noticia: Ouro en Cobas

Pedra para moer o mineral que aida se conserva na casa dun veciño de Cobas
Foto:Dolores González

Pero hai foto e hai noticia. O 28 de xullo de 1911 El Correo Gallego, que daquela era un dos xornais de Ferrol, anuncia que o enxeñeiro francés Vizconde de Barou compra os dereitos de explotación da mina de Cobarradeiras ó tempo que se comezan os traballos na mina do Prioiro baixo a dirección de Eliseo Henry, o descubridor dos filóns. No mina do Prioiro, localizada en Penarroiba, pouco se traballou, e a galería principal que comezaron a abrir está hoxe tapada por dúas casetas de pescadores. O plan é comunicalas minas cunha praia próxima, para alí embarcalo material, o lavadoiro de Ponzos, e ó igual que hoxe o xornal destaca os moitos postos de traballo que se van crear.

O Vizconde negociará con este dereito, buscará accionistas, e uns meses despois pasará a formar parte dunha sociedade chamada “Mines de Cuivre du Ferrol”, con sede social na Rue Rochambeau de París. Esta será a sociedade que explote a mina de Cobarradeiras.

É difícil sabe-lo que atopou Eliseo Henry nas súas prospeccións. Parece que, ó igual ca agora, había piritas de ferro, de cobre e de arsénico, que resultaron ser auríferas, pero ¿canto ouro había? Unha noticia da época fala de 200 e 300 gramos por tonelada. Non parece que esta noticia sexa corta, pois faría rendiblo a explotación e non se abandonaría como así sucedou tres anos despois.

 

O Inglés

Este home con faciana de bo é Mr Ellys Henry Thomas, ou sexa Don Eliseo. Din que naceu no País de Gales entre 1860-1880 e que chegou ó grao de tenente coronel do exército inglés.

Mr. Ellys Henry
Mr. Ellys Henry​

Como enxeñeiro e bon coñecedor da xeoloxía adicou os seus maiores esforzos á minería.

Parece que viaxou as colonias africanas, quizáis coa finalidade de investigar a riqueza mineira da zona e as súas posibilidades de explotación. Debeu chegar a España a principios de século, pois xa temos noticias del no 1911, ainda que non coñecemos a razón de que viñera a parar tan lonxe dos seus anteriores destinos.

Instalouse finalmente en Narahío ata a súa morte o 15 de Xullo de 1941. Alí descansan os seus osos, no cemiterio parroquial.

Don Eliseo, que cando viña a Cobas se hospedaba no Hotel Alfonso (calle Galiano), foi un auténtico investigador e coñecedor da riqueza mineira da nosa rexión, pois ademáis da mina de Cobas (Cobarradeiras), traballou outras como a de A Barquera, a de Lousada, a da Cruz do Pouso e a mina de carbón de As Pontes de García Rodríguez. Foi un dos propietarios de esta última, que posteriormente pasou a ser a Empresa Nacional Calvo Sotelo.

Daquela, a maior parte do mineral extraído en As Pontes transportábao un tal "Caramelo" en carros de cabalo para surtir ós barcos da Armada. E é que denantes o carbón ía de As Pontes cara a Ferrol e na actualidade é o revés.

 
Carta orixinal de Mr. Ellys Henry Thomas (Don Eliseo)
Traducción da carta orixinal de Mr. Ellys Henry Thomas (Don Eliseo)
Traducción doutra das cartas de Don Eliseo

 

O "bolsón" Marieta

No Picheiro, e con dirección ás forxas, foi ondo so centraron os traballos. Estaban previstas tres fases de explotación -Marieta 1, Marieta 2 e Marieta 3- pero só se traballou na primeira. Fixéronse tres galerías converxentes na galería que saía no Picheiro. Alí amoreábanse centos de toneladas do mineral para ser trasladados en vagonetas que se desprazaban por unha vía que chegaba ata a praia de Ponzos. Alí estaba a "Fábrica, cos muiños nos que se trituraba o mineral. O proceso necesitaba moita auga para o lavado do minoral, polo que se fixo a casa de bombas e unha traída a base de tuberías de gres inglés de altísima calidade.

A maquinaria empregada espertaba a admiración da prensa da época. Dous enxenios chamaron especialmente a atención: unha serra mecánica que "su movimiento lo produce un gran motor de gasolina" e unha caldeira que se instalou na fábrica de Ponzos. A caldeira veu de Francia e houbo que superar moitos problemas para levala ata Ponzos polo estroito dos camiños.

O persoal directivo, os coñecidos coma enxeñeiros e que incluia dende os capataces e maestros ata os xerentes e directores da mina, residiría nunhas casas que lles construiron nesa época e que identificamos coas que están en fronte da igrexa vella. Os mineiros e resto de persoal vivían en barracóns de madeira preto do Picheiro.

 

Obreiros e capataces

A explotación da mina foi todo o dura que poidamos imaxinar. Nada extraordinario para a época: dez horas de traballo ó día, seis días á semana, ás veces sete.

Os mineiros procedían maioritariamente de provincia de Lugo, e non houbo moitos veciños de Cobas que traballasen directamente na extracción do mineral, pero si nas labores de transporte ou na construcción de camiños.

Os puntos de reunión social eran o “Dous de Maio”, “A Cochera” ou “A Vailadora”. Tamén trouxeron as festas propias da minería, en especial a da súa patroa Santa Bárbara, o catro de decembro, que acadou sona en toda a comarca. Os accidentes eran habituais na mina e temos rexistrada a morte de alomenos tres traballadores por derrubes. Serían estas duras condicións de traballo as que motivarían, en novembro de 1913, o comezo dunha loita dura.

Nesas datas incorporase á mina Augusto Buisson, enviado polo Vizconde de Barou, quen llo describe así a Eliseo Henry nunha carta que lle envía: “.... es un amigo del señor Galizot y ha estado con él en Bolivia, trabajando algunas minas allá. Se dedicará especialmente a la organización y construcción de la fábrica y el trabajo de la mina cuando la fábrica esté construida. Habla muy bien el español y vivirá en Cobas.”

A chegada de Monsieur Buisson dous anos e medio despois do comezo das obras coincide cunha fase de problemas financeiros para as “Minas de Cuivre du Ferrol”. As obras en Cobas, pero tamén en Espiñareod e na Barqueira, marchan con problemas e os análises de mineral son pouco esperanzadores. Buisson é a man dura que manda a patronal, pero iso no se fai sen problemas.

O propio don Eliseo Henry está preocupado polo tipo de traballo que impón segundo podemos deducir por unha carta que lle envía o Vizconde de Borou na que este aclara as funcións de Buisson:“.... este caballero no pretende ser un ingeniero de minas y en realidad no viene a Cobas como ingeniero sino como director de la parte comercial e industrial de los trabajos relacionados con la fábrica ... su deber es especialmente la organización de la fábrica, lo cual es bastante delicado y por eso se necesita un hombre inteligente y especial .....”

 

A folga

O certo é que algo cambia coa chegada de Buisson. A tensión na mina ía en aumento ata que o dous de marzo de 1914 os mineiros declaran a folga. No se traballa na mina, nin na escombreira e tampouco na fábrica. Piden a reducción da xornada laboral a nove horas diarias, un aumento de 25 céntimos no salario dos peóns da escombreira e a dimisión do “director Augusto Buisson y del capataz-facultativo Monsieur Finyn de Montet por no estar conformes los obreros con la conducta que con ellos observan dichos empleados insultando al personal, asignándoles jornales muy mezquinos e imponiéndoles multas casi siempre indebidamente”, e sobre todo, os folguistas piden a intervención do “Ingeniero de Minas del Estado para que reconozca la forma en que se llevan a cabo los trabajos en las galerías de las minas por creer que no ofrecen la debida seguridad para los obreros.”

A empresa non cede. A intervención do representante comercial en Ferrol das “Mines de Cuivre du Ferrol” é inútil. Buisson solicitou o auxilio da Garda Civil e a parroquia quedou tomada por varias parellas da sección de cabalería. Antelo chama o vizconde, quen rapidamente sae de París cara a Cobas.

O 4 de marzo, terceiro día de folga, un piquete retén ó auto-camión da mina que se dirixe a Ferrol a recoller provisións. A Garda Civil carga contra o piquete e dous mineiros son detidos.

O 6 de marzo, quinto día de folga, o Enxeñeiro Xefe de Minas da Provincia inspecciona as galerías e ordea a paralización das obras ata nova orden. Os mineiro obteñen a súa primeira victoria.

O día 8 o xulgado de Ferrol, pon en liberdade a Daniel Piteiro Romeo e a Isídro Expósito, os mineiros detidos, por “no encontrar mérito suficiente dejo sin efecto la detención quedando en libertad plena.”

O 10 de marzo chega o agardado Vizconde de Barou. Multiplícanse os contactos e as negociacións. Intervén o Gobernador Civil e o día 16 reanúdanse os traballos.

¿Qué pasou con Buisson?. De momento non se sabe. A prensa da época limitase a dar conta do final da folga, das visitas do vizconde a Cobas e pouco mais. Outro misterio que nos apuntamos a resolver.

A presencia de Barou na zona parece que imprime outro ritmo ó traballo na mina. Asínase un convenio co Ministerio da Guerra para abrir vías e facer edificios coa condición de que pidan servir para usos militares en caso de necesidade. As obras na fábrica de Ponzos están practicamente rematadas .... pero na mina empezan os despidos dos traballadores. Dise que serán readmitidos cando se inaugure a fábrica.

 

Un afogado en Ponzos

O 29 de xullo, tres anos despois de que Barou mecase os dereitos de explotación da mina de Cobarradeiras, un maestro carpinteiro francés, Arturo Augusto Marzaud, baixou a bañarse á praia de Ponzos. Era o seu último día na mina. Rematara o contrato e ese mesmo día sairía cara a súa doce Francia coa súa muller Margarita e a súa filla Agustinne Ivonne. Ese día debía facer calor. Pero, como conta El Correo “... cuando mas descuidado se encontraba lo arrebató una gran ola, haciéndolo desaparecer. Minutos después, otra lo volvió hasta cerca de tierra.

Presenciaban la escena desde la playa su esposa y su hija de seis años quienes a grandes voces pedían auxilio, acudiendo algunos campesinos que al darse cuenta de lo ocurrido, algunos de ellos se arrojaron al mar consiguiendo extraerlo.

Este al llegar a tierra aún conservaba alguna vida, falleciendo poco después.”

 

Francia acababa de entra en guerra con Alemania. Comezaba a Iª Guerra Mundial.

 

 

O crime do Val

A morte accidental do mestre carpinteiro non foi a única traxedia relacionada coa mina. Xa en novembro de 1913 un dos mineiros, Xosé Marques Fernández, aparece degolado na mina de Espiñaredo. A investigación levada pola xustiza para esclarecer esta morte foi longa. Foron presos algúns mineiros que nada tiveron que ver na traxedia. Deixáronos libres. Houbo longas declaracións.

“... en señal de duelo por su desgraciado compañero ostentan al cuello pañuelos negros ... tienen el propósito de nombrar un acusador privado cuando esto sea oportuno ...” Tamén como tributo á memoria de José Marques “... la fiesta de su patrona Santa Bárbara, que el año anterior celebraron con gran lucidez en lo referente a la parte profana, se concrete en el presente, o sea el día 4 del mes próximo, a la función religiosa ...”

 

Este crime debeu espertar desconfianza entre os mesmos traballadores da mina e contribuiría a aumentala tensión xa existente. O resultado final desta historia, que pertence á crónica negra da mina, foi que a José Marques Fernández matarao o seu irmán, tamén traballador da mina, e o motivo non fora outro que o amor dunha muller.




 

A xeito de epílogo

A partir deste momento a aventura de Barou e Eliseo Henry deixa de ser noticia. A Gran Guerra, como se lle chamaba, ocupaba os grandes titulares e das minas de Cobas só imos sabendo pequenas cousas como a detención en 1915 dun veciño de Mandiá acusado de roubar "un yunque de hierro de una fragua, un ventilador de fragua portátil, un taladro de mano, 18 barrenos o limas para el mismo y otros objetos, todos pertenecientes a la sociedad minera de Cobas."

Nesta época só quedan algúns homes como encargados de vixia-los restos das obras, teñen nomes coma os de Pangaio, Claudio, O "Guardés"...

E pasa o tempo ....

No ano 1952 o Estado de Franco anuncia novas prospeccións. Chegou un xeólogo, Pedro, e marchou.

E pasa o tempo ....

Ven mister Kienel.

E pasa o tempo ....

Pero xa dixomos, Kienel foi o penúltimo, na actualidade as minas teñen dono. Os dereitos están cedidos a "Río Narcea Gold Mines S.A.", unha empresa que explota unha mina de ouro en Salas, Asturias, e está facendo prospeccións en Corcuerto, preto de Buño.

Preguntámoslles se eso quero dicir que quizáis se acheguen a Cobas, pero non fomos capaces de sacarlles nada.

A lei do silencio da minería, pois xa se sabe: unha mina de ouro nunca está pechada... para sempre.

 

Elaces relacionados

http://www.falamedesansadurnino.org/imaxe/ellis-henry-thomas-o-ingles-e-a-mineiria-en-san-sadurnino/

<< Voltar