O que foi dun San Martiño a un San Xosé

08/02/2004, Mario Valdivieso Mateo

A corrente eléctrica constitúe un imprescindible medio de transmisión de enerxía, cunha enorme aplicación para o alumeado de exteriores (rúas, prazas, mesmo estadios deportivos ... etcétera) e interiores de edificios públicos e privados. Sen dubida,no primeiro cuarto do século recientemente pasado, a máis salientable aplicación da electricidade foi xustamente a do alumeado: a luz. Tan era así, que as primeiras centrais eléctricas eran coñecidas precisamente como “fábricas de luz”.

Naquel tempo supuxo un enorme impacto sustituir pola bombilla os primitivos medios de alumeado, tales como o petroleo (o "gas", que así lle chamában), o carburo de calcio, o gas de alumeado e o tradicional aceite. A lampara eléctrica podía ser prendida de inmediato e non cheiraba como o devandito petroleo lampante, chegando a callar de inmediato a súa utilización nas xentes da cidade e do campo.

O feito de que a distribución do fluído eléctrico nunca chegara a ser considerada como un servicio público, deu lugar a un desigual espallamento do sistema de alumeado eléctrico, de tal xeito que, namentres nas urbes pronto se fora adoptando, nas bisbarras e nos pobos do rural non chegaron a servirse del coa mesma prontitude. Acontecía, sinxelamente, que as empresas productoras e distribuidoras, non percibían un beneficio que lles compensara o custo do transporte da electricidade.

Na liña de contrarrestar aquela carencia, tivo lugar unha simultánea instalación de pequenos “saltos de luz ”, axeitados para suministrar alumeado a pequenos poboamentos. En Galicia, nos seus mil ríos e nos milleiros de aproveitamentos hidráulicos instalados para a moenda, dábanse unhas condicións óptimas para instalar tamén a propia "fábrica de luz". Así, xurdiron innumerables micro-centrais; unhas específicamente construídas para xerar electricidade e conducila ata un reducido núcleo poboacional. Outras, moito máis modestas, instaladas como un complemento dun muíño, facendo derivar un conducto que podía proxectar un reducido chorro de auga contra as cazoletas dunha turbina Pelton, acoplada a un pequeno alternador. Eran como xoguetes que enchían de máxica ledicia a algún veciño emprendedor, cando rachaban un anaco da escuridade nocturna coa refulxente lámpara eléctrica.

Aquelas micro-industrias foron levadas a cabo por homes emprendedores, posuidores dos necesarios coñecementos técnicos ou mesmo asesorados por terceiros. Eran unha élite de xentes de apariencia sinxela, pero cún afán de progreso envexable, que se informaban e loitaban por loitar o seu xerador doméstico, proporcionando un bo servicio a eles mesmos e ós seus veciños.

Un personaxe de tales cualidades, veciño de Covas, comezou unha andaina meritoria para construir un muíño fariñeiro, que logo sería tamén unha pequena fábrica de luz, como veremos. Referímonos a Ramón Dopico Lorenzo, home emprendedor e legal, moi apreciado polas xentes de todo o antigo concello de Serantes. Rematando aqueles anos vinte, quixo Dopico reconstruir un muíño no lugar e regato chamado do Xuncal, da parroquia de San Xoan de Esmelle. A tal efecto, seguiu os pasos esixidos pola administración, personificada daquela no Goberno Civil da Coruña e na División Hidráulica do Miño, asentada esta última en Oviedo.

Previamente, adquirira algunhas porcións de terreo no sitio nomeado de Alboriz, segundo dous documentos privados datados en decembro de 19181. Ó ano seguinte, xustamente o 5 de maio de 1919, concédeselle autorización municipal para efectuar un saneamento no leito do río Xuncal. En 1926 recibe Dopico unha notificación do Concello, atendendo unha denuncia de Manuel Lorenzo Cereijo, pola que se lle fai saber que ten que demoler unha presa construída sen autorización2. Pero Dopico insistiu na súa teima, levando a cabo unha petición oficial de aproveitamento de augas3, tendo a partires daquela unha chocante oposición por parte de certos veciños e a mesma Alcaldía de Serantes, sinaladamente protagonizada pola persoa do propio alcalde, Abelardo Santalla.

A reclamación do Concello de Serantes fundamentábase nos perxuicios que se ocasionarían a parte do vecindario da parroquia de Esmelle, por carecer durante a época do veran da auga necesaria para abrevar o gando, amáis de dificultar o tránsito, por atravesar o canle a vía pública. As outras reclamacións consistían en sinalar o dano por quitarlles a auga que viñan usando para o rego das súas fincas.

Resultou, ó fin, que as protestas non tiñan base legal e, para maior abundamento da súa improcedencia, foron calificadas como malintencionadas, tal como reproducen algúns dos Considerandos4 da resolución dictaminada polo Goberno Civil na data do 26 de xuño de 1930, dous anos despois de que Dopico formalizara a primeira solicitude de aproveitamento das augas do río Xuncal5.

Ó ano seguinte remataron e foron aprobadas as obras da presa e canle do muíño, segundo testifica a acta levantada e firmada polo enxeñeiro da División Hidráulica do Miño6. Ata decembro non foi notificado o Goberno Civil, desde onde remitiron a súa preceptiva aprobación novamente á División Hidráulica do Miño, na data do 27 de febreiro de 1932. Unha vez máis se demostra que, ás veces, os papeis bulen menos que as obras; tal lle pasou o sufrido Ramón Dopico Lorenzo, quen recibiu de mans da Alcaldía, a primeiros de xuño de 1932, a tan agardada notificación que lle autorizaba por fin a poñerse a traballar no seu muíño do Xuncal.

Nembargantes, a máis salientable utilización das augas do Xuncal, no muíño de Dopico, foi sen dúbida a producción de luz, de corrente eléctrica. Segundo nos fan saber os fillos de Ramón Dopico, Ramón, Alfonso e Pancho -que tiveron a amabilidade de relatarnos algunhas lembranzas- parece ser que no ano de 1934 o seu pai conseguira artellar unha pequena fábrica de luz por medio dunha pequena turbina e un alternador duns 40 kilovatios. Para complementar a escasa potencia hidráulica -nun reducido caudal, non chegaba a presión os 0,4 kgs/cm2- instalou Dopico un motor de gas pobre de 50 cabalos de vapor, mantido con antracita. Era un primitivo motor monocilíndrico que posuía un enorme volante de 5 toneladas, para asegurar a regularidade da marcha, segundo se amosa na imaxe. A tensión da corrente xerada naquela senlleira micro central era elevada, para o seu transporte, ata 5.000 voltios, sendo transformada logo a 150 voltios, para axeitala ó alumeado doméstico.

Segundo os vellos do lugar, a primeira vez que se veu a luz eléctrica en Covas, foi o día de San Martiño daquel ano; pouco despois comezáronse a servir as primeiras casas de Esmelle. Encetaba a guerra do 36 cando se estaban a tender as liñas para abastecer tamén a San Xurxo, quedando temporalmente detida a súa instalación, ata rematada a contenda civil.

Aquela pequena industria complementábase facéndo funcionar o muiño polo día e a fábrica da luz pola noite. Nas épocas de estiaxe severo, cando o regato se amosaba seco, o Dopico posuía un depósito elevado coa auga necesaria para refrixerar o motor, que era bombeada desde un pozo cercano.

Coas dificultades e averías propias dunha instalación artesanal, feita coa máxima vontade, pero limitada polos medios, mantívose o primeiro servicio de luz eléctrica que abasteceu a Covas, Esmelle e San Xurxo, deixando de funcionar arredor do ano 45. Pouco despois, a Sociedad General Gallega de Electricidad, que xa viña servindo de corrente eléctrica a Ferrol desde facía medio século, leva o fluído a Covas, inaugurándose agora o día de San Xosé, do ano 1951.

________________________

   1 O 5 de decembro de 1918, en dúas escrituras privadas consta, na primeira, que Eduardo e Ramón Rodríguez Montero venden a Ramón Dopico Lorenzo "[...] un pedazo por su fondal del largo de 3 metros con todo el ancho de sus demarcaciones que lleva la cabida aproximadamente de un octavo de un ferrado [...]" E xa na segunda escritura, Jesusa García Pedreiro véndelle o mesmo "[...] un pedazo en cada uno de los montes por su fondal que hacen la cabidad de la quinta parte de un ferrado [...]"

   2 Segundo a copia do documento de denuncia, datada en 10 de febreiro de 1926 "[...] habiendo construido un muro de piedra y cemento en el cauce del arroyo público que atraviesa el sitio llamado Juncal con objeto de represar las aguas como fuerza motriz para un molino harinero, con perjuicio para los terrenos colindantes [...], y considerando que al hacerlo sin autorización alguna por carecer de la concesión necesaria para el aprovechamiento de aguas, ni la de los propietarios colindantes del cauce [...] obligan al Ramón Dopico Lorenzo a demoler en el término de 8 días el referido muro, hasta dejar el alveo del arroyo completamente expedito [...]"

   3Boletín Oficial. Provincia de La Coruña. Año 1928. Número 53, pp.212

   4Boletín Oficial. Provincia de La Coruña. Año 1930. Número 150, pp.619 y 620:
"Gobierno de provincia. Aguas. Conclusiones relativas al Expediente instruido a instancia de D. Ramón Dopico Lorenzo, vecino del término municipal de Serantes, que había solicitado la concesión de un aprovechamiento de 400 litros de agua por segundo del arroyo Juncal, en la parroquia de San Juan de Esmelle, para fuerza motriz de un molino harinero de uso público, según publicara el Bolitín Oficial de la provincia de La Coruña, de 3 de mayo de 1928:
[...] Considerando -Que en el acto de reconocimiento manifestaron los opositores una porción de cosas que no hicieron constar en el acta, porque alguno de la partida de reclamantes se dio cunenta de que dichas manifestaciones favorecian al peticionario, destacándose la referente a la inundación de dichos terrenos, que se dijo por varios reclamantes que se producía algunas veces en época de avenidas, sin que en ello hubiese influido la presa que en tiempos artrás construyera el peticionario y que el Ayuntamiento le hizo derribar; bastando esto para demostrar la mala fé de todos los reclamantes, que estuvieron insistiendo en ese extremo, hasta que en el momento de levantarse el acta, alguno de ellos hizo notar que "estaban tirando piedras a su propio tejado", rectificandose entonces y haciendo que constase una cosa fundamentalmente distinta."

E máis abaixo continúa: Considerando, que en cuanto a las concesiones otorgadas por el Ayuntamiento, parece inverosímil que una corporación municipal presidida por quien tan enterado parecía de todas las disposiciones legales, no sepa que no está autorizado para otorgar aguas de ninguna clase; debiendo hacerse constar, sin embargo, la buena disposición que demuestra el peticionario [...]

   5Resumimos unha nota aparecida no Boletín Oficial da Provincia de 28 de abril de 1928:
División Hidraúlica del Miño. Aguas. Concesiones
D. Ramón Dopico Lorenzo, en consecuencia de su petición publicada en el número 53 del Bolectín Oficial de La Coruña, del 3 de marzo último, acerca del aprovechamiento de agua del arroyo Juncal, para producir fuerza motriz.
Las obras consisten en una presa a construir unos 400 metros agua arriba del puente del camino de Cobas a San Jorge y el correspondiente canal de derivación.
La altura de la presa será de 70 centimetros sobre el fondo del arroyo y enrasará su coronación 40 centimetros por encima de la solera de la actual casa de máquinas, que no se modifica, así como el desagüe situado 45 metros aguas abajo del puente citado.
"[...] lo que se hace público para que los que se crean perjudicados puedan hacer sus reclamacines [...]


   6Obra Públicas. División Hidraúlica del Miño. Acta de reconocimiento de las obras "del arroyo Juncal, en el sitio denominado Juncal, [...] con destino a producir fuerza motriz [...] el caudal derivado es de 400 litros por segundo y el salto bruto a partir de la coronación de la presa es de 3,63 metros [...] Los materiales fueron adquiridos, el cemento en la fábrica de Lemona, la cerrajería y piedras del molino de la casa Torres y Sáez, la piedra del pais."
Certificou a acta o enxeñéiro ce camiños Don Vicente Luaces

<< Voltar