O Carro do país

12/04/2008, José López Hermida

O carro do país era un apeo de labranza dos mais importantes da nosa Galicia rural, desde os tempos mais antigos ata que foi relevado da paisaxe galega, polo carretón e este por los transpórtes de tracción mecánica, desde entón só nos quedan os recordos. Era arrastrado por unha parella de vacas ou bois, sendo o principal medio de transporte dos produtos da terra no medio rural, aínda que o seu principal emprego era nos labores agrícolas e gandeiras.

 

A musica do carro do país animaba os camiños galegos, rivalizando entre os carreteiros por cal soaba mellor, pois se podía variar apretando mais ou menos as treitoiras ou mollando o eixo, unha das maiores utilidades deste son era ademais de animar ós bois no seu camiñar, nos estreitos e tortuosos camiños con pouca visivilidade por onde non pasaban dous carros á vez, abrigo cando a carga era voluminosa como toxos, palla, etc, avisar de que se achegaba outro carro en dirección contraria e había que apartar axiña, para deixar paso ao que tivese preferencia, este era o momento dunha pequena parada para botar un conto entre os carreteiros, despois do obrigado bos días e San Antonio.

 

Moitas persoas da miña idade, recordamos ese son indeleble, e abrigo recordamos a música do carro do tío Manuel de Picos, pois foi dos últimos carros do país que circularon polos camiños da nosa parroquia. Tamén recordo ao meu avó (o tio Pepe) que dicía un Kilómetro antes de aparecer Manolo co seu carro, xa ven Manuel de picos do monte, cando baixaba co carro cargado de toxos do Monte Grande, pois ao baixar con carga era cando mais cantaban.

 
Figura Nº 1: carro do país en Cobas (Santa Comba). Sacada de:
http://www.forestales.net/archivos/forestal/pdfs%2028/carro_cantarin.html

Os materiais usados na súa fabricación eran o ferro e a madeira, esta última era de varias clases segundo a resistencia necesaria para cada peza, por exemplo a cabezalla, rodas e as chedas eran de carballo; o eixo e as chumaceras de ameneiro ou freixo; A chavella de carballo ou salgueiro, ainda que eran moi boas as de buxo; o sollo de piñeiro ou carballo, as corripas de piñeiro ou trenzadas con varas de salgueiro. O ferro principalmente se empregaba nas lamias das rodas e distintos sunchos.

 

Os nomes das súas pezas varían en Galicia, ata entre aldeas limítrofes. A figura Nº 2 pertence ao libro “Os Transportes” de Adela Leiro Lois e Mon Daporta Padín. Nos que varían con respecto á nosa zona poño os nosos entre paténtese.

 
Figura Nº 2: Despece do carro do país

Nas súas feiturías empréganse madeiras de árbores ben distintas e para o seu estudio e aclaración dividímolo en dúas partes, o chedeiro que estaría formado pola cabezalla e a mesa e o rodado ou pé no que se inclúe o eixe e as rodas.

 

Consta a primeira dun chedeiro, dúas chedas, unha cabezalla con dúas furas que atalla todo o carro, seis tesós (travesos) que enlazan o chedeiro; cinco fueiros de salgueiro a cada lado, unha chavella de carballo ou de salgueiro que se emprega coma retén do carro ou para o seu tiro, dous coucillós de bidueira, catro treitoiras de cerna de carballo.

 

Todas as súas pezas reciben estes nomes:

O CHEDEIRO: Feito todo el de carballo e formado por unha cabezalla e unha mesa.

A CABEZALLA: Vai todo ó longo do carro é de carballo e conta con dúas FURAS para A CHAVELLA; cando o carro pilla algo ás vacas pónselle esta na fura de diante.

A CHAVELLA, é de carballo ou de salgueiro, fai de pasador entre o carro e o gando.

O (TENTEMOZO) CHAVELLON da mesma madeira que a chavella, e serve para termar do mesmo.

A MESA: Leva duas chavellas (pechos) diante e tres TESOIROS (travesos) detrás, que cruzan AS CHEDAS atravesando tamén a cabezalla.

AS CHEDAS que son de carballo e van unidas entre elas facendo unha curva na dianteira que é a que fai o seu cerre.

AS CHAVELLAS son dous pechos de carballo. Un vai facendo a xunta das chedas onde a cabezalla e a outra un chisco máis atrás.

OS TESOIROS que son tres travesos de carballo que van cruzando dende unha cheda ata outra, atravesando a cabezalla e formando así a estructura do que é o carro.

AS FURAS, cada cheda leva ata unhas cinco nas que se meten os fueiros e logo tamén levan outras polas que entran as treitoiras e os arrefuadoiros.

OS FUEIROS feitos de carballo ou de toxo leva cinco en cada cheda.

A TRANCA formada polos dous fueiros de diante e un traveso colocado sobre deles.

A CRUCETA artéllana dous travesos en forma de cruz.

AS TABOAS da mesa do carro son de carballo ou pino.

OS ARREFUADOIROS leva catro, dous adiante e dous atrás e son de carballo.

OS COUCILLOS van un en cada cheda, reforzándoas moito, e están feitos de amieiro ou de bidueiro.

AS TREITOIRAS leva catro, sendo as dianteiras de carballo e as traseiras de salgueiro. Entran pola fura do coucillón e máis da cheda deixándose veren sobre da mesa do carro. Van agarradas nas chedas e terman do eixe.

AS LADRAIRAS poden seren de castiñeiro aínda que rompen moito, de amieiro, de bidueiro e tamén de varas tecidas, fórmana tres travesos por dentro e dous por fóra; estas cando se usan para irmos ás patacas levan unha comporta cunha trapela exterior para baldeiralas e tamén recibe o nome de canizo.

 

Consta a segunda parte, dun eixe de freixo con dúas pebidas e catro gorriós e roda de carballo coas ferraxes de baldón con espitas e serrado cun oucos porque se a madeira incha, dilátase o ferro e pode romper, vincallos amarrados con cravos de cabeza de brocha e xa logo as cambas, os miós e o ollo da roda consta dun corpo barquiforme feito de madeiros e táboas apuntalado nunha cabezalla e que anda sobre dúas rodas. As madeiras que na súa feituría se usan son o carballo, o amieiro e a dureza do freixo para o eixe.

 
Figura Nº 3: Maqueta do carro do país. Foto del autor
Autor de la maqueta: José Antonio Díaz Porca

O eixo era fixo coas rodas, así viraba todo ou conxunto, era unha característica singular do carro galego.

 

O eixo se encastraba entre as troiteiras por dúas molduras, os luidoiros, as rodas estaban formadas por dous elementos, unha peza central e dúas laterais unidas entre se por dúas rilleras ou sunchos metálicos, no seu interior formaba un oco en forma de media lúa, o seu parte de rodaxe ía ferrada cunha lamia metálica que a defendía do desgaste contra o chan.

 

Todas as suas pezas reciben estos nomes:

O EIXO, que pode ser feito de amieiro pero apodrece antes, de bidueiro ou tamén pode ser de cerdeira e de freixo que é máis duro e resistente. Leva un aillado a cada lado das rodas e un rasgado para e treitoira. Ten conta do chedeiro e das rodas e pode ter forma cilíndrica, rectángular con rebaixes nos bordes, hexagonal e octogonal.

A PEBIDA é o extremo do que sobresae do eixo. Ten sección cadrada cuns oito centímetros de grosor, e sae fora da roda uns once centímetros. Vai unha en cada roda.

 

GORRION leva dous a cada lado e son de salgueiro ou de freixo, que cruzan o eixe e suxeitan á roda.

AS RODAS están feitas de cerna de carballo. As forman madeiras de carballo coma O MION que é o traveso que atalla trasversalmente á roda de arriba a baixo cunha fura pola que entra a pebida do eixe.

 

AS CAMBAS consistentes en dous arcos semicirculares de carballo.

OS OLLOS DA RODA.

AS RELLAS que son uns travesos de carballo que unen as cambas co mión. A roda conta tamén con ferraxes coma O BALDON (llanta) que recobre a roda todo o arredor e vaise dobrando en frío sobre da roda valéndose dun palanco para cinguilo á roda. Vai serrado ou partido, porque a madeira incha e fai dilata-lo ferro e este pode estalar; para o cravar á mesma empréganse ESPITAS

OS VINCALLOS son unhas cintas de ferro que van amarradas ó mión (con cravos de cabeza de brocha). A súa misión é que o mión non refenda e entre ambos atopanse uns pasadores de fura.

AS SOBRERRELLAS que son uns ferros fortes curvados que van sobre a cara da camba apreixándoa a esta e ó mión.

 
Figura Nº 4: carro do Museo Etnográfico da Capela. Foto del autor

COMPLEMENTOS

O emprego de certos accesorios do carro depende do tipo de carga que se vaia a transportar. Así para toxos, golfo, herba, palla, etc. pode levar estadillos; para patacas ou gran levaba corripas, que podían ser de táboas ou de varas.

 

O resto como: Xugo, apear , campanilla, chavella, espeque, correa, adibal (meiro), tentemozo, cangalla, barandas, etc, non varían.

 

As pezas de que consta o carro pasan de oitenta, e os seus nomes galegos, coas variantes que algunhas teñen, son os que se citan a continuación por orde alfabética:

Abetoallas, abetollas, acicarro, adibal, adrales, afungadoiro, aixeda, amoradoiro, amoriadoiro, apeadeiras, apeadoiras, apearas, apeares, apeladoiras, apeladoiros, argola, arilla, barbillas, bestellida, betoques, bitoques, boeira, borrós, botoalla, botoallo, brazós, brigueira, bueira, buras, cabezalla, cabezallo, cabrita, cáceres, cadeas, cadecho, cádigas, caínzas, caínzos, camallón, cambas, cambón, cambrión, cambrón, camella, cancillós, canga, cangallas, cangalleiras, cangón, canizas, canizo, cansiles, canstrós, cantadeiras, cantadoiras, capio, cazoleta, cello, cepo, cibelas, contrarrelleiras, corre, costelas, couce, coucellón, coucón, cousellas, croucoeiras, croucós, crucetas, cueira, cuñas, cuños, chadeiro, chambaril, chamberil, chancil, chantós, chavellas, chavelluco, chaveta, chedas, chedeiro, chedes, chercas, chideiro, dentoiras, dianteiras, eixe, eixo, empatias, entortas, espigo, espitas, estadullos, estreitoiras, estrepias, ferro das rodeiras, frenos, fungueiros, furas, gallos, gatos, ladrairos, ladrales, ladrizos, lamias, loro, mil, milde, minle, mión, ollás, oucicarro, paínzas, peallas, pendaño, penle, piocas, piogas, pivida, pontes, pugas, ranqueiro, recadén, refungadoiro, rellas, ripa, rodas, rodeiras, rodeiro, rosca, sobrerrellas, soliño, tamoeiro, tamoncela, tesar, tesoiro, tesos, tillas, timoa, timoeiro, traitoiras, traseira, travesas, traveseira, treitoiras, trenla, víos, xabesugueiro, xangos, xugo, xuntoiras, zapatas y zunchos.

<< Volver