Limiar

01/04/2002, Bonifacio Borreiros Fernández

Sabían os da sociedade Columba e presentiamos moitos que as terras de Cobas atesouraban -e gardan- algo importante. Tan esencial para os que vivimos como o aire que respiramos: as sinais de identidade, a nosa historia, a memoria daqueles antergos que dalgunha maneira constitúen a nosa razón de ser.

A actual illa de santa Comba demostra unha maneira singular de ocupación do territorio moito antes da era cristiá. Era sabido da importancia que tivo Prioiro, por exemplo, na época medieval. Tamén da riqueza mineira e agropecuaria secular.., pero hai que agradecer a un grupo de veciños preocupados pola pregunta grega ¿de ónde vimos? o seu tesón e enerxía para amosarnos a todos que ternos unha historia concreta, única e singular, que se estende o longo da noite dos tempos.

É unha historia que debemos coñecer para estimarmos máis, para ter perspectiva da vida futura, para reconciliarnos coa Terra e, porque non, para estar orgullosos do que somos neste noroeste do noroeste das españas.

O que hoxe é Concello de Ferrol debe sentirse orgulloso de ter no seu seo algo máis do patrimonio da Ilustración e a modernidade, achádegos da época dos castros, dos romanos, do baixo e alto medievo... como é o caso da illa de Cobas.

Estamos de noraboa. Pero hai que continuar, seguir a traballar para coñecer quen somos, para respetarnos máis e conciliarnos con esta Terra que a moitos veu nacer e nos verá morrer, percorrida por tódolos ventos e os aromas inconfundibles das brisas atlánticas.

Animemos, por todo esto, a que a xente de Columba siga laborando.

 

 

Bonifacio Borreiros Fernández
Concelleiro de Cultura e Campus
Concello de Ferrol

<< Volver