Galería de imaxes. Foron tempos

01/08/2000, Sociedade Cultural Columba

​​
O Párroco preside a procesión de San Martiño, polos arredores da Igrexa Vella, hoxe ocupados polo camposanto.
Atoparon un canón no mar, na zona de Sartaña. Disque foi para o Arsenal ... Disque o fundiron para colle-lo bronce. Disque ....
1906. Os nosos maiores aínda mallaban ó brazo (ó pértego).
Facíalles falla moito ritmo para non se dar uns ós outros no pescozo con eses pértegos tan axeitados.
Este era o ledo grupo das leiteiras que levaban a súa mercancía no alto do vello autobús para vendela en Ferrol. Hoxe non hai leiteiras. Case que non hai vacas.
Estes son agunhos dos nosos paisanos que formaban a Xunta Directiva da Sociedade Gandeira, hoxe desaparecida.
Non temos idea do ano. Á romería de Santa Comba viña xente ata de Lugo e de máis lonxe. A xente facía promesas, e os santos tiñan máis traballo que agora.
O Párroco preside a procesión de San Martiño, polos arredores da Igrexa Vella, hoxe ocupados polo camposanto.
.
<< Volver