Caixón "desastre"

01/08/2000, Varios autores

1911. Lunes, 2 de enero. Accidente en Cobas

Un vecino del lugar de Prior, Pedro Bernardino López Martínez, de 51 años de edad, sufrió el pasado 31 de diciembre de 1910 un accidente mientras se celebraba la fiesta en honor de la patrona Santa Comba.

Como es costumbre en esta parroquia, después de la misa mayor salió la procesión por el atrio y se tiraron bombas de palenque. Una de las bombas cayo sin explotar y Pedro Bernardino López Martínez la cogió para arrojarla hacia otro lugar, pero la bomba explotó hiriéndole en ambos brazos y cara. El herido fue trasladado a la casa de Socorro de Ferrol donde le fue practicada una  cura de urgencia, siendo necesaria la desarticulación de la mano izquierda. Debido a la gravedad de las heridas, Pedro Bernardino permaneció ingresado en la casa de Socorro hasta que a las tres de la tarde de ayer fue trasladado al hospital de Caridad.

También en la tarde de ayer la familia del herido trasladó la mano al cementerio de Cobas para proceder a su inhumación.



A Pena da Vella e o Coto dos Mouros

Estábame a preguntar de que vella será esa pena que alá no cabo Prioiro parece garda-la entrado o Porto da Cova.

Benito contoume unha lenda que di que foi unha vella a que, sen esforzo ningún, trouxo as tres penas, unha na cabeza e as outras debaixo dos brazos, ata o pe do "Coto do Moros" e deixounas alí, cara o mar.

Esta lenda explica dun xeito máxico o que parece inexplicable. Pero digo eu, ¿para que querería esa vella trae-las penas ata aquí? Parece que as lendas non contan o porqué senón o como.

Tamén andei a preguntar de que mouros será ese coto sementado de pedras, do que Fernando e María só oíron dicir que alí viviron os "moros" ... e nada mais. Parece que os mouros do coto non quixeron deixar nin sequera unha lenda paro nos entreter nos días de choiva.

Nin as lendas xorden da nada, nin a tradición oral transmite sempre contos.

Quizais a Pena da Vella non sexa un monumento megalítico ... ou quizais si; e quizais no "Coto dos Mouros" non viviran mouros en tempo ningún ... ¿Quen sabe?

O final, isto é coma o das meigas: eu non creo nelas pero ... habelas, hainas.



¿Que hai no fondo da Lagoa de Doniños?.

No fondo da Lagoa de Doniños está asolagada unha cidade chamada Valverde, por unha desconsideración que tivo con Xesús Cristo cando andaba de esmoleiro polo mundo. Niguén o quixo atender agás unha muller pobre con dous filliños pequenos. Deulle do seu pan, el comeu e logo avisouna: - Vou castigar esta xente. Colle os teus nenos e vaite, e oias o que oias, non mires atrás. Un remuiño de treboada, raios e auga alagou todo o que había. A muller esqueceuse do rogo e mirou para atrás. Ó instante quedou petrificada cos dous nenos no colo.

Así aparece a lenda da Lagoa de Doniños no Diccionario dos Seres Míticos Galegos da editorial Xerais, ainda que tamén conta outra versión ¿ Ti cal coñeces?. Se sabes outra escríbenos a Columba.



As Dunas de Ponzos: o reino das Volvoretas.

As dunas de Ponzos son unhas das principais reservas de Volvoretas de Galicia. O maior experto galego, Eliseo Hixinio Fernández Vidal, aconsella que se faga unha protección especial de 22 zonas en todo o pais entre as que debería estar Ponzos.

O valor das dunas ben o sabiamos pero, que ademáis, poden ser de importancia para os naturalistas de todo Galicia e España non. Seguiremos investigando.



Lembrar a Xosé Fontenla Leal.

Coa homenaxe do Concello de Ferrol, a inauguración dun monumento á súa lembranza e a creación dunha Fundación que leva o seu nome, Xosé Fontenla Leal, ferrolán morto en Cuba despois dunha vida adicada á memoria o ó engrandecemento de Galicia onde a emigración, comeza a ter do seu pobo o recoñecemento que non tivo en vida.

A xustiza histórica preséntao hoxe como un dos máis importantes impulsores do galeguismo, promotor. entre outras iniciativas, da Real Academia e do Himno Galego ó por en contacto a Eduardo Pondal e Pascual Veiga con esta fin.

Naceu o 12 de febreiro de 1864, na rúa da Estrela, en Ferrol, e foi bautizado na igrexa concatedral de San Xulián.

Pero polo que ven a conto falar del nestas páxinas é porque Xosé Fontenla Leal, home modesto, litógrafo, foi fillo e neto de cobanos. A súan nai, María Avelina López Leal Fernández, foi natural de Aldea, parroquia de San Martín de Cobas, Concello de Serantes, e os seus avós maternos chamáronse Juan e Josefa Fernández, tamén de Cobas.

Fontenla tivo, ademais, dúas irmás, Valentina, nada o 16 de agosto de 1865, e Elisa, nada o 26 de novembro de 1866, bautizadas as dúas en San Martín de Cobas, o que fai pensar que a nai volveu á casa materna á hora de ter as súas fillas.

Eso quere dicir que Xosé Fontenla e os seus andiveron, de nenos, polos nosos camiños antes de marchar para Cuba. Que aprendeu a amar a Galicia entre xente coma nos. Anos despois en certa ocasión insistiu moito en levar a Eduardo Pondal ó cine, e, ó aparecer unha escena na que so vían de fondo unhas montañas e uns pinares, berroulle a Pondal:

!Ves! !Ves! ¿Non son así as paisaxes de Galicia?

Paisaxes como as de Cobas, que soubo gardar na súa retina.




¡Sorte rapaces!

Aí os tedes. A nova directiva da Asociación de Veciños de Cobas.
Manuel Santiago Pérez é o presidente. A secretaria é Natividad González Laso. A Abelardo Docampo Díaz (Lucho) tocoulle selo tesoureiro. Ana Belén Cereijo López, Rogelio Guerrero Cabanas, Francisco Leal González, Alberto Dacosta Sanmartín e Juan Pablo Pita Lago son vocais e levan o referido a ocio e cultura. José Lorenzo López tamén é vocal e leva o referido a obras.
Dende que hai un ano que foron elixidos embarcáronse no proxecto e adquisición da finca para o local social ó mesmo tempo que lle dan voltas á organización das festas de verán. Entre outra labores teñen o de solicitalas axudas e subvencións pertinentes para facelos desbroces, melloralos accesos e sinalizacións, continuar co alumeado público ( que aínda hai moitas zonas por cubrir) e comezala rehabilitación das fontes e lavadoiros públicos.
Pois ben, desexémoslles moita sorte para levar adiante estes proxectos. Non o teñen fácil, así que non estará demais que lles botemos unha man que todos sairemos gañando.



¿Cantos cobanos había no 1752?.

Segundo o censo do Marqués da Ensenada de 1752, en Cobas había:

1 alcalde ordinario 1 fidalgo
1 tratante do viño 1 ferreiro
1 carpinteiro 2 xastres
1 mestre de facer tella 51 labradores
2 xornaleiros 4 milicianos
27 mulleros solteiras ou viudas        

Poboación total segundo o censo do Marqués da Ensenada para Cobas e lugares próximos

Ferrol         Serantes         Doniños         Esmelle         Cobas         San Mateo      
 1208    526    375    352    309      274




Beirarrúas en Cobas

Nos último meses todos podemos observalos traballos da construcción das beirarrúas. Algúns de nos estabamos a preguntarnos si neste proxecto tan necesario ninguén contemplou a necesidade de incorporar a esta paisaxe algún elemento vexetal. Sabemos que non sería posible disfrutar dun paseo baixo a sombra dos ameneiros, aligustres, tilos, carballos, castiñeiros ou calquera outra especie de árbore o longo de toda a beirarrúa, pero seguro que nalgunha zona en particular se podería incorporar un pequeno xardín con algunha que outra árbore que nos lembre que vivimos na zona rural.

<< Voltar