A restauración da Ermida de Santa Comba (II)

08/02/2004, Juan Carlos López Hermida / Javier Montero Graña

Como xa habíamos comentado noutros artigos publicados anteriormente pola sociedade cultural "Columba" era a nosa intención de facer a reparación da ermida de Santa Comba xa que é un dos símbolos do patrimonio da nosa parroquia, sendo sempre conscientes de que temos aquí no noso chan un patrimonio de primeira calidade cultural da costa atlántica europea e que non debemos de deixalo perder nin derrubar, xa que é comparable a calquera outro santuario da denominada "área céltica" como son os da Bretaña francesa, Gran Bretaña ou Irlanda, o que é a ermida coa súa antigüidade (documentada no sec.XII ), a súa localización nun castro costeiro, toda a illa e seu entorno.

Dado o estado de abandono e semiruinoso en que se atopaba a ermida sobre todo o tellado, realizouse a xestión burocrática para facer un proxecto de restauración, face-lo presuposto e acadar fondos.

A primeira fase realizouse en setembro de 1998 na que se cambiou a cuberta do presbiterio e na actualidade, unha segunda fase na que o proxecto contempla o saneamento exterior e consolidación das paredes, cambiar o cargadeiro (lintel) da ventá lateral, rematar o cambio da cuberta da ermida substituíndo a uralita por lousa e realizar unha limpeza e adecentamento dos arredores da ermida.

A sociedade cultural Columba convocou os veciños por diferentes conductos (carteis en lugares públicos, prensa e comunicación persoal). Polo que acudiron un grupo de voluntarios que traballaron arreo tódolos fins de semana (sábado e domingo) e algúns días por semana para levar os diversos materiais a pe de obra, aproveitando a marea baixa de mañá ou ben de tarde.

Os traballos de reparación dan comezo o día 21 de xullo de 2003 co traslado do material desde terra a illa (area, cemento, cal, madeira, etc ).

A obra de albanelería consistiu no picado de algunhas partes das paredes que tiñan cemento, froito doutras obras anteriores, e cintado das mesmas e tamén refixéronse parte dos muros da sancristía. Ademais fíxose o zuncho perimetral na parte superior das paredes para darlle consistencia a estructura, e remplazouse o lintel da ventá lateral por estar agretado.

No tellado substituíuse a uralita por lousa sobre unha nova estructura de madeira de castaño.

Para todo isto contratouse unha empresa de construcción e contouse con David Sanesteban, carpinteiro especializado neste tipo de obras.

Tamén tivemos a axuda dos bombeiros de Ferrol, que nos trouxeron por dúas veces a auga necesaria ata pe de obra.

Os albaneis permaneceron na illa as 24 horas do día, durmindo e comendo na ermida para aproveitar as máximas horas de traballo e evitar así os horarios das mareas que soamente permitirían traballar unhas poucas horas o día.

O 28 de agosto rematáronse as obras, cumprindo o obxectivo proposto pola sociedade Columba nesta fase, conseguindo afastar o perigo de derrube, quedando pendente a reforma interior e as ventás, polo que continuaremos traballando.

Queremos deixar constancia por parte da sociedade Columba do agradecemento a tódolos veciños participantes e colaboradores ocasionais, e en especial os profesionais, polo seu esforzo realizado que foi moito máis alá do que se require en condicións de traballo normais.

O grupo de traballo estivo formado polas seguintes persoas:
O persoal técnico:
 - Arquitecto: Antonio Bouza.
 - Xefe de obra: David Sanesteban.
 - Albaneis: Baldomero López Freire (Carballo) e José María Sanesteban Souto (Covas).
 - Louseiros: Construccións Díaz (Cospeito, Lugo)

Veciños voluntarios:
Juan López Hermida, José López Hermida, Dolores Pazos García, Benito López Díaz, Javier Montero Graña, Javier López Blanco, Pedro Cotovad López, Anxo López Hermida, Nicolás Fraga-Agras López, Tino Santiago López, José Lorenzo Caneiro, Manuel Santiago Pérez, Pedro Cotovad López, Ricardo Dacosta López, Alvaro Caneiro Lorenzo, José Ramón Iglesias Castro, José García Rodríguez, José María Sanesteban Souto, Serafín Lorenzo Caneiro, Abelardo Docampo Díaz, Manuel Rey Díaz, José Lorenzo López, Manuel Fortuna Seijido, Alberto Pardo Díaz, Nicolás  Meis Díaz, Juan López, Agustín Alonso, Moncho Rodrígue Vargas, Juan Pablo Pita Lago, José Ramón Díaz Canto, José Miragaya, Javier Castelo Dopico, José Manuel Pazos Rey, Carlos, Fernando Porta, Julio Díaz Vargas, Quique Núñez Barreiro, Guillermo López, Marta Díaz Solano, Pepa Solano Rodríguez, Carlos Santiago Díaz, Lucía Santiago Díaz, Carlos Solano, Abel Romero Díaz,Pablo Montero Manso

Agora temos pendente, entre outras cousas, a restauración interior da ermida, continuar estudiando o enclave arqueolóxico, etc. Pero pensamos dar un paso máis: vencellar a ermida, o seu entorno e en definitiva, a nosa parroquia co Camiño de San Andrés.

Tendo en conta que un dos ramais do camiño nace en Covas, querémonos adherir ó Programa PRODER (subvencións europeas para o desenvolvemento da zona rural) que pode ser unha ferramenta fundamental para a conservación e modernización de Covas e comarca.

<< Voltar