Novidades

Conto ... con churros

28/04/2018
Sábado 28 de abril, ás 18:00, a Sociedade Cultural Columba organiza unha actividade de animación á lectura na Biblioteca Columba de Covas

Unha actividade dedicada o público infantil para o que contamos coa colaboración do escritor ferrolano Antón Cortizas Amado.

Antón Cortizas Amado
(Ferrol, 1954) é un mestre e escritor de literatura infantil en lingua galega. Foi galardoado co premio Curuxa de humor de Fene en 1986, co premio Merlín en 2001, e co premio O barco de vapor en tres ocasión (1988, 1991 e 1995).

 

O remate convidámoste a unha cunca de chocolate.

Ler máis...

Convocatoria xeral ordinaria 2018

17/03/2018

Convocamos a xuntanza xeral ordinaria que se vai celebrar o próximo día 17 de marzo ás 17:30 na primeira convocatoria e ás 18:00 horas na segunda, no local da biblioteca da asociación,  no recinto da cooperativa. A orde do día é a seguinte:

  1. Lectura e aprobación do acta da asamblea anterior
  2. Lectura da memoria do ano 2017
  3. Estado das contas
  4. Renovación de cargos da xunta directiva
  5. Rogos e preguntas

Axuntase documento da convocatoria

 

Ler máis...

Conto ... con churros

18/11/2017

Sábado 18 de novembro, ás 18:00, a Sociedade Cultural Columba organiza unha actividade de animación á lectura na Biblioteca ColumbaUnha actividade dedicada o público infantil na que como sempre, Flor comentará un libro.

 

O remate convidámoste a unha cunca de chocolate.

Ler máis...

IV Volta ó Cabo Prioiro de Cobas

19/08/2017

A Sociedade Cultural Columba xunto coa Asociación Mestura organizan a IV Volta a pé ao Cabo Prioiro

Distancia aproximada de 13,5 Km con unha dificultade media-baixa
Saída sábado 19/08/2017 ás 10:30 do aparcadoiro de Santa Comba, pasando polo Porto, 2ª Batería, Faro, 3ª Batería, 6ª Batería e volta pola estrada da Cova para rematar no aparcadoiro da Praia de Santa Comba

Asistencia libre

Hora aproximada de chegada as 14:30 horas

Opcionalmente, no restaurante Beceiro poderá comerse un churrasco o prezo de 12,5 euros (Churrasco, cachelos, ensalada, criollo, xeado, bebida e café)

Para apuntarse á comida:
      616393125 - 653526167
      correo@sociedadecolumba.com

 

Máis detalles en: IV Volta ó Cabo Prioiro de Cobas

 

Ler máis...